Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 10 de maio de 2016 Páx. 17940

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO da convocatoria de oposición para seleccionar a persoa que desempeñará o posto de traballo de educador familiar.

Conforme o acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 12 de abril de 2016, convócase oposición para poder seleccionar a persoa que desempeñará o posto de traballo de educador familiar, dentro do Departamento de Servizos Sociais, na modalidade de funcionario interino, para realizar as funcións previstas na base 2ª das que rexen o dito proceso de selección, que resultaron aprobadas nesa mesma sesión.

E isto ata o remate do programa para cuxa execución se aprobou esta convocatoria, que é de carácter anual e que remata o día 31 de decembro de 2016, pero poderase prorrogar o nomeamento mentres dure o programa, dentro dos límites establecidos legalmente.

A retribución consistirá nunha retribución básica correspondente a un funcionario do grupo A, subgrupo A2, e nunha retribución complementaria que incluirá unicamente o complemento de destino, por un importe equivalente ao nivel 18, por ser ese o nivel mínimo previsto legalmente para un funcionario do grupo A, subgrupo A2.

As bases que rexen a convocatoria están nas oficinas municipais á disposición dos interesados e serán publicadas integramente no Boletín Oficial da provincia.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; deberase presentar a seguinte documentación mediante fotocopia compulsada:

1º. Documento nacional de identidade ou equivalente.

2º. Calquera das titulacións exixidas para participar no proceso de selección (previstas na base 5ª, alínea b) das bases reguladoras) ou, na súa falta, xustificante de ter efectuado o depósito para a súa obtención, xunto coa certificación oficial de ter superados os estudos necesarios para a súa expedición.

3º. Documento acreditativo de estar en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

Os sucesivos anuncios relativos a este procedemento publicaranse no taboleiro de edictos da casa do concello.

Arzúa, 19 de abril de 2016

José Luis García López
Alcalde