Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 10 de maio de 2016 Páx. 17942

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meaño

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2016 referente á convocatoria para prover unha praza de oficial de policía.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 37, do 24 de febreiro de 2016, publicouse o texto íntegro das bases que deberán rexer a convocatoria para prover:

Unha praza de oficial de policía, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase básica, categoría oficial, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes para participar neste proceso selectivo será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Meaño.

Meaño, 15 de abril de 2016

Mª Lourdes Ucha Varela
Alcaldesa