Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 13 de maio de 2016 Páx. 18446

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 9 de maio de 2016 pola que se convoca para a elección de destino provisional o aspirante que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arqueólogos/as, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014.

En virtude da Orde do 9 de maio de 2014 (DOG nº 99, do 26 de maio), convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arqueólogos/as.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 9 de novembro de 2015 (DOG nº 218, do 16 de novembro).

Co obxecto de que o aspirante que superou o dito proceso selectivo poida ser nomeado funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arqueólogos, e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público; no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar o aspirante que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arqueólogos, ao acto de elección de destino provisional que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 18 de maio de 2016, ás 10.10 horas.

Segundo. O aspirante convocado poderá elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde, sempre que reúna as condicións exixidas nel.

Terceiro. O aspirante deberá ir provisto de DNI ou doutro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderá ser representado por terceira persoa con poder notarial suficiente.

Cuarto. Se o aspirante non comparece persoalmente ou por medio de representante, seralle adxudicado en destino provisional o posto que lle corresponda atendendo á orde de publicación destes.

Quinto. O aspirante poderá solicitar ser declarado en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas, respectivamente, nos artigos 174 e 173.3.d) da Lei 2/2015. Nestes supostos deberase presentar ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que presta servizos na actualidade.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Núm.

Codigo do posto

Denominación

Niv.

Cons.

Grupo

Centro directivo

Centro destino

Concello

Formación

1

ED3020000215770028

Xefatura da Sección de Arqueoloxía I

25

ED

A1

D.X. do Patrimonio Cultural

S.X. de Conservación e Restauración de Bens Culturais

Santiago de Compostela

Facultativo Sección Arqueoloxía R.I.

2

EDC991000032001545

Xefatura da Sección de Arqueoloxía

25

ED

A1

Servizos periféricos

Xefatura Territorial Ourense

Ourense

Facultativo Sección Arqueoloxía R.I.