Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 13 de maio de 2016 Páx. 18441

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 6 de maio de 2016 pola que se resolve o procedemento de integración, como persoal laboral da Xunta de Galicia, do persoal laboral fixo procedente da Sociedade Anónima de Desenvolvemento Comarcal (Sodeco) integrado no Instituto de Estudos do Territorio.

O 5 de febreiro de 2015 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 16 de xaneiro de 2015 pola que se inicia o procedemento de integración, como persoal laboral da Xunta de Galicia, do persoal laboral fixo procedente da Sociedade Anónima de Desenvolvemento Comarcal (Sodeco) integrado no Instituto de Estudos do Territorio.

Emitidos os correspondentes informes pola Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, foron remitidos por parte da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio os expedientes das persoas solicitantes e a proposta de integración a prol de vinte e dous solicitantes e a proposta de non integración por parte de sete solicitantes.

O pasado 19 de novembro de 2015 constituíuse a comisión de integración prevista no artigo 3.4 da dita Orde do 16 de xaneiro, e o 17 de febreiro 2016 a devandita comisión estableceu o seu posicionamento coa finalidade de emitir o presente informe.

O 23 de febreiro de 2016 foi emitido o informe pola comisión de integración prevista no artigo 3.4 da Orde do 16 de xaneiro e foi remitido á Dirección Xeral da Función Pública o 28 de marzo de 2016.

Así mesmo, a Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos emitiu o informe favorable que exixe o artigo 3.3 da Orde do 16 de xaneiro de 2015.

Así mesmo, a Dirección Xeral da Función Pública remitiu á Consellería de Facenda a proposta de integración prevista no artigo 3.5 da Orde do 16 de xaneiro de 2015.

En consecuencia, en virtude das competencias conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa presidencia, e de acordo co disposto no artigo 10.3 do Decreto 129/2012, do 31 de maio, polo que se regula o réxime aplicable a persoal das entidades integrantes do sector público autonómico que sexan obxecto de creación, adaptación ou extinción e co disposto no artigo 3.5 da Orde do 16 de xaneiro de 2016,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

O obxecto da presente orde é resolver o procedemento de integración do persoal laboral fixo procedente da Sociedade Anónima de Desenvolvemento Comarcal (Sodeco) integrado no Instituto de Estudos do Territorio.

Artigo 2. Resolución

1. Vista a proposta realizada pola Dirección Xeral da Función Pública,

RESOLVO:

Primeiro. A integración como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia das persoas interesadas que se enumeran no anexo I da presente orde, indicando tamén o grupo e categoría profesional do V Convenio colectivo en que esta se produce, así como o posto de traballo adxudicado con carácter definitivo.

Segundo. A non integración como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia das persoas interesadas indicadas no anexo II da presente orde.

Terceiro. A integración como persoal laboral da Xunta de Galicia suporá a novación da relación contractual e comportará a formalización dun contrato de traballo como persoal laboral fixo da Administración xeral da Xunta de Galicia. Deberá cesar e tomar posesión dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da presente orde, agás que se atope gozando dun período de licenza, vacacións ou permiso, caso, en que o cómputo comezará o día seguinte ao da súa reincorporación ao posto de traballo.

Os efectos económicos do cesamento serán do último día do mes en que se produza este. En consecuencia, os efectos económicos da toma de posesión do novo destino serán o primeiro día do mes seguinte ao do cesamento.

Así mesmo, esta toma de posesión implica a súa renuncia voluntaria á situación anterior.

Cuarto. De acordo co previsto no artigo 12.5 do Decreto 129/2012, do 31 de maio, realizaráselle un recoñecemento de servizos para o cálculo da antigüidade para efectos de trienios, para adecuar a súa antigüidade en termos de homoxeneidade coa prevista no Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Quinto. Ao persoal integrado aplicaráselle, para todos os efectos, o Convenio colectivo único da Xunta de Galicia, sen que en ningún caso orixine dereito a indemnización ningunha.

Sexto. Ao persoal que, como consecuencia da integración, experimente unha diminución en cómputo anual das retribucións fixas e periódicas, recoñeceráselle un complemento persoal de integración, de carácter transitorio, consistente na diferenza de retribucións, nos termos do establecido na disposición transitoria primeira do Decreto 129/2012, do 31 de maio, de xeito que a equiparación total se producirá no prazo máximo de seis anos desde a súa integración como persoal laboral da Xunta de Galicia.

Sétimo. Procederá a extensión da correspondente dilixencia de integración por parte da consellería en que sexa destinada o persoal integrado.

Artigo 3. Recursos

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, pode interporse recurso contencioso- administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e poderase interpor previamente e con carácter potestativo recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a presente orde, no prazo dun mes, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira única

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

Anexo I

Solicitudes estimadas para a súa integración
como persoal laboral da Xunta de Galicia

Apelidos e nome

DNI

Grupo e categoría profesional de integración

Posto de traballo adxudicado con carácter definitivo

Blanco Martínez, Roberto

11947082-P

II-07 (titulado medio)

MA.031.00.000.15770.133

Dorrego Taín, Manuel Jorge

34952297-W

I-04 (titulado superior)

MA.031.00.000.15770.111

Precedo López, Mª José

32756875-E

III-069 (oficial de servizos técnicos)

MA.031.00.000.15770.157

García Canosa, Evaristo

32771099-D

I-04 (titulado superior)

MA.031.00.000.15770.103

Loureiro Grandal, Juan

32640088-Y

I-04 (titulado superior)

MA.031.00.000.15770.109

González Bernárdez, Gonzalo

36091375-M

I-04 (titulado superior)

MA.031.00.000.15770.120

Docampo Bello, Carmen

32793556-H

I-04 (titulada superior)

MA.031.00.000.15770.110

Cerredelo Cotón, Francisco Antonio

33279944-W

III-06 (encargado de traballos)

MA.031.00.000.15770.150

Abraira Pin, Mª Soledad

02206848-K

I-04 (titulada superior)

MA.031.00.000.15770.106

Guerra Neira, Alfonso

33270601-C

III-069 (oficial servizos técnicos)

MA.031.00.000.15770.156

Cuñarro Taboada, Celso

76619346-K

III-30 (programador)

MA.031.00.000.15770.153

Serantes Durán, Inmaculada Mª

33298995-D

I-04 (titulada superior)

MA.031.00.000.15770.108

Vázquez Tenorio, Milagros

35303150-J

I-04 (titulada superior)

MA.031.00.000.15770.101

Martínez García, José Ramón

78785111-Z

III-02 (encargado administrativo)

MA.031.00.000.15770.145

García Pazos, Fernando

32443095-P

I-04 (titulado superior)

MA.031.00.000.15770.107

Fanego Rioboo, Francisco Javier

11813793-G

II-07 (titulado medio)

MA.031.00.000.15770.132

Arias López, Alba Mónica

05267794-N

I-04 (titulada superior)

MA.031.00.000.15770.112

Román Díaz, Mª Berta

32644229-F

I-04 (titulada superior)

MA.031.00.000.15770.105

Fernández Rodríguez, Rufo José

10836358-T

I-04 (titulado superior)

MA.031.00.000.15770.121

Díaz Manso, José Marcial

34943189-W

I-04 (titulado superior)

MA.031.00.000.15770.104

Dorrego Taín, José Luis

34939035-B

III-069 (oficial servizos técnicos)

MA.031.00.000.15770.155

Vilariño García, Montserrat

32777139-T

I-04 (titulada superior)

MA.031.00.000.15770.102

Anexo II

Solicitudes denegadas para a súa integración
como persoal laboral da Xunta de Galicia

Apelidos e nome

DNI

Causa da denegación

Rosales Traba, Manuel Jesús

53110286-C

Non cumpre os requisitos para a integración como persoal laboral da Xunta de Galicia en aplicación do artigo 1.4 da Orde do 16 de xaneiro de 2015

Diéguez Carballo, Margarita

76822795-N

Non cumpre os requisitos para a integración como persoal laboral da Xunta de Galicia en aplicación do artigo 1.4 da Orde do 16 de xaneiro de 2015

Turrado Sánchez, José Daniel

40534126-F

Non cumpre os requisitos para a integración como persoal laboral da Xunta de Galicia en aplicación do artigo 1.4 da Orde do 16 de xaneiro de 2015

López Carballal, Manuel

33346922-G

Non cumpre os requisitos para a integración como persoal laboral da Xunta de Galicia en aplicación do artigo 1.4 da Orde do 16 de xaneiro de 2015

Aller González, Dominique

33347423-E

Non cumpre os requisitos para a integración como persoal laboral da Xunta de Galicia en aplicación do artigo 1.4 da Orde do 16 de xaneiro de 2015

Suárez Barreiro, José Ramón

33268704-D

Non cumpre os requisitos para a integración como persoal laboral da Xunta de Galicia en aplicación do artigo 1.4 da Orde do 16 de xaneiro de 2015

Fernández López, Mónica Mª

50959094-H

Non cumpre os requisitos para a integración como persoal laboral da Xunta de Galicia en aplicación do artigo 1.4 da Orde do 16 de xaneiro de 2015