Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23536

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nogueira de Ramuín

ANUNCIO de ampliación do prazo de exposición pública do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da Corporación do Concello de Nogueira de Ramuín, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 30 de maio de 2016, adoptou o seguinte acordo por unanimidade dos nove presentes na sesión, dos once que integran o Pleno:

Ampliación do período de exposición pública da documentación do PXOM de Nogueira de Ramuín, en dous meses máis, o que permite, por tanto, que as alegacións sexan presentadas ata o vindeiro 5 de agosto de 2016.

Nogueira de Ramuín, 3 de xuño de 2016

José César Parente Pérez
Alcalde