Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 16 de xuño de 2016 Páx. 24618

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B).

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, de acordo co que establecen a Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia, dispón que o galego é lingua oficial en Galicia. En consonancia con isto, recoñécelle á cidadanía o dereito de coñecelo e de usalo, pero non estaría garantido ese dereito se a cidadanía non ten a posibilidade aumentar (ou iniciar, se é o caso) o coñecemento e o dominio da lingua propia de Galicia.

O Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia o día 22 de setembro de 2004, contén, entre outras, varias medidas dirixidas ás persoas adultas e ao resto da sociedade, encamiñadas a renovar a política lingüística con respecto ao uso do galego, adecuándoa aos tempos actuais, co fin de equilibrar unha situación social de desigualdade entre ambos os dous idiomas, o que exixe medidas favorables ao galego para alcanzar ese equilibrio.

O Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, atribúelle a esta as competencias e funcións en materia de promoción e ensino da lingua galega, así como a dirección, planificación, coordinación e execución da política lingüística da Xunta de Galicia. Dentro da estrutura da consellería, consonte o disposto no devandito decreto, é a Secretaría Xeral de Política Lingüística o órgano encargado de executar aquelas accións necesarias para desenvolver as competencias sobre política lingüística atribuídas á consellería e, máis concretamente, atribúeselle a función de coordinación e xestión das actividades de formación e promoción da lingua galega, así como a autorización e a homologación de cursos, seminarios, encontros e congresos de formación de lingua galega e/ou de linguaxes específicas e a xestión das certificacións de aptitude do alumnado, cando proceda.

De acordo co anterior, convócanse cursos de formación de lingua galega, con carácter gratuíto, para lles facilitar ás persoas interesadas o coñecemento e o dominio da lingua galega.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Primeiro. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto anunciar a convocatoria, con carácter gratuíto, de cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 2, 3 e 4.

Os cursos impartiranse nas datas, lugares e horarios recollidos no anexo II.

Segundo. Destinatarios/as dos cursos

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.

Terceiro. Solicitudes e prazo

Para conseguir o axeitado rendemento e o aproveitamento do curso hai que procurar a homoxeneidade dos coñecementos do alumnado, polo que, á hora de formular a solicitude dun curso dun determinado nivel Celga, deberase ter en conta a definición de contidos previstos na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 146, do 30 de xullo.

As solicitudes, segundo o modelo do anexo I, dirixiranse á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia que corresponda. Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED104B, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal e na páxina web
http://www.lingua.gal, que permite cubrir e editar a solicitude.

Só se poderá presentar unha única instancia e solicitar un único curso por persoa. De existir máis dunha solicitude da mesma persoa ou de solicitar esta máis dun curso, anularanse todas as súas peticións.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
(https://sede.xunta.gal), de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 24 do Decreto 198/2010, do 2 decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para o que se utilizará o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

O prazo para a presentación das solicitudes será de 30 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Cuarto. Documentación

Á solicitude xuntaráselle unha copia cotexada do DNI ou NIE da persoa solicitante. Non será necesario presentar o dito documento sempre que a persoa titular autorice a Secretaría Xeral de Política Lingüística para que verifique os seus datos de identidade, de acordo co establecido no artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos.

A documentación complementaria poderase presentar electronicamente a través de calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal, baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou do seu representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia ca os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou o seu representante deberán indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Quinto. Resolución

Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, o secretario xeral de Política Lingüística ditará unha resolución provisional que incluirá a listaxe das persoas admitidas e excluídas, xunto coa causa da súa exclusión, e unha listaxe coas persoas en espera, de ser o caso, para cada curso e localidade. Esta resolución provisional publicarase na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

Contra esta resolución provisional poderanse presentar as alegacións que procedan e emendar as causas de exclusión, no prazo de dez días hábiles, desde o seguinte ao da súa publicación, entendendo que, de non facelo, desisten da súa petición e o seu expediente arquivarase na forma e nos termos indicados no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. En todo caso, as persoas que presenten alegacións enviarán un correo electrónico ao seguinte enderezo: sxpl.formacion@xunta.gal, no cal deben indicar a data en que se presentou a alegación e o motivo desta.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado, o secretario xeral de Política Lingüística ditará unha resolución definitiva que incluirá unha listaxe coas persoas admitidas e excluídas, xunto coa causa da súa exclusión, e unha listaxe coas persoas en espera, de ser o caso, para cada curso e localidade.

As reclamacións entenderanse contestadas mediante a publicación da resolución definitiva na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (www.lingua.gal).

Contra a resolución definitiva pola que se asignan as prazas, as persoas interesadas poderán interpoñer, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación, un recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, segundo o previsto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 28 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sexto. Asignación das prazas

Se un curso ten un número de solicitantes maior que o número de prazas dispoñibles, a asignación farase por orde de entrada. No caso de que entren varias solicitudes ao mesmo tempo, utilizarase o criterio da orde alfabética (do A ao Z).

Sétimo. Características dos cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga): contido, duración e desenvolvemento

1. Contido.

Os cursos axustaranse aos obxectivos, ao programa e ao contido curricular establecidos para cada un dos niveis sinalados na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), publicada no DOG núm. 146, do 30 de xullo (corrección de erros no DOG núm. 178, do 13 de setembro).

Todas as actividades que se realicen nestes cursos faranse en galego e ateranse, no referente á normativa e ao uso correcto do idioma, ao establecido pola Real Academia Galega na sesión plenaria do 12 de xullo do ano 2003, de conformidade coa disposición adicional da Lei 3/1983, de normalización lingüística. Do mesmo xeito, acordarase especialmente o respecto rigoroso da toponimia oficial, nos termos previstos no artigo 10 da citada lei.

A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega (Celga), cuxa expedición lle compete á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

2. Duración.

Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas, distribuídas en sesións de dúas horas cada día e como máximo de dúas horas e media. No caso dos cursos intensivos ou en casos excepcionais debidamente xustificados, a Secretaría Xeral de Política Lingüística poderá autorizar a realización de sesións con horario diferente.

3. Desenvolvemento.

Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 30.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística poderá autorizar expresamente a realización de cursos que non alcancen o número mínimo de alumnos, con motivación previa. Así mesmo, poderá realizar máis dunha edición do curso ou cursos que teñan unha demanda moi superior ao número máximo de alumnos, sempre que non supoña un incremento de custos.

O profesorado levará un control da asistencia do alumnado durante todo o curso. Se durante os dous primeiros días do curso se dan de baixa ou non asisten as persoas inscritas nel, deberán ofrecérselles as prazas, por orde, ás persoas solicitantes que figuren na lista de espera ata completar, se é posible, o número máximo das prazas ofertadas. Para estes efectos, ao terceiro día do curso, o profesorado deberalle remitir ao gabinete provincial de normalización lingüística, por correo electrónico, a listaxe definitiva de asistentes.

Oitavo. Consentimentos e autorizacións

A tramitación do procedemento require a incorporación de datos que figuren en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para que realice as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

Noveno. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», cuxo obxecto é xestionar este procedemento, así como informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante esta secretaría xeral técnica, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico dirixido a: sx@edu.xunta.gal

Décimo. Recursos contra a resolución de convocatoria dos cursos

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, todas as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Décimo primeiro. Prazo de resolución do procedemento e sentido do silencio

De non se ditar resolución expresa sobre as solicitudes presentadas no prazo de tres meses, que se contará desde a data de peche do prazo de presentación de solicitudes previsto na convocatoria, as solicitudes entenderanse desestimadas.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2016

Valentín García Gómez
Secretario xeral de Política Lingüística

missing image file
missing image file

ANEXO II
Programación de cursos preparatorios para as probas Celga 2016

Provincia da Coruña

Localidade

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Betanzos

Código: CL420161500901

Lugar: IES As Mariñas

Avenida da Coruña, s/n

Datas: do 12.9.2016 ao 2.11.2016

Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Días: de luns a venres

Carballo

Código: CL420161501901

Lugar: IES Isidro Parga Pondal

Rúa Muíño da Pintura, s/n

Datas: do 12.9.2016 ao 2.11.2016

Horario: das 18.30 ás 21.00 h.

Días: de luns a xoves

Cedeira

Código: CL320161502201

Lugar: IES Punta Candieira

Rúa do Ensino, s/n

Datas: do 12.9.2016 ao 2.11.2016

Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Días: de luns a venres

Cee

Código: CL220161502301

Lugar: IES Fernando Blanco

Avenida de Fernando Blanco, 99

Datas: do 12.9.2016 ao 2.11.2016

Horario: das 19.30 ás 22.00 h.

Días: de luns a xoves

Coruña, A

Código: CL420161503001

Lugar: IES Fernando Wirtz Suárez

Rúa Cabaleiros, 1

Datas: do 12.9.2016 ao 3.11.2016

Horario: das 19.00 ás 21.30 h.

Días: de luns a xoves

Fene

Código: CL320161503501

Lugar: CEIP de Centieiras

Rúa Centieiras, s/n

Datas: do 12.9.2016 ao 2.11.2016

Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Días: de luns a venres

Oleiros

Código: CL420161505801

Lugar: CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal

Rúa do Saber, s/n (Porto de Santa Cruz)

Datas: do 12.9.2016 ao 2.11.2016

Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Días: de luns a venres

Padrón

Código: CL320161506501

Lugar: CEIP Flavia

Rúa do Carme, s/n

Datas: do 12.9.2016 ao 2.11.2016

Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Días: de luns a venres

Vimianzo

Código: CL220161509201

Lugar: CEIP San Vicenzo

Rúa do Candil, 19

Datas: do 12.9.2016 ao 2.11.2016

Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Días: de luns a venres

Provincia de Lugo

Localidade

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Lugo

Código: CL320162702801

Lugar: IES Lucus Augusti

Avenida de Rodríguez Mourelo, s/n

Datas: do 12.9.2016 ao 3.11.2016

Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Días: de luns a venres

Monforte de Lemos

Código: CL420162703101

Lugar: IES Río Cabe

Rúa San Pedro, s/n

Datas: do 12.9.2016 ao 2.11.2016

Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Días: de luns a venres

Ribadeo

Código: CL420162705101

Lugar: IES de Ribadeo

Rúa O Xardín, s/n

Datas: do 12.9.2016 ao 2.11.2016

Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Días: de luns a venres

Sarria

Código: CL420162705701

Lugar: IES Gregorio Fernández

Rúa Castelao, s/n

Datas: do 12.9.2016 ao 2.11.2016

Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Días: de luns a venres

Vilalba

Código: CL220162706501

Lugar: IES Lois Peña Novo

Rúa Cuart de Poblet, s/n

Datas: do 12.9.2016 ao 2.11.2016

Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Días: de luns a venres

Xove

Código: CL220162702501

Lugar: IES Illa de Sarón

Rúa Agramonte, s/n

Datas: do 12.9.2016 ao 2.11.2016

Horario: das 19.00 ás 21.00 h

Días: de luns a venres

Provincia de Ourense

Localidade

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Barco de Valdeorras, O

Código: CL220163200901

Lugar: IES Lauro Olmo

Rúa Calabagueiros, s/n

Datas: do 12.9.2016 ao 3.11.2016

Horario: das 19.30 ás 21.30 h.

Días: de luns a xoves

Venres: das 17.30 ás 19.30 h.

Carballiño, O

Código: CL320163201901

Lugar: IES Manuel Chamoso Lamas

Ant. estrada Pontevedra-Mesego, s/n

Datas: do 12.9.2016 ao 3.11.2016

Horario: das 19.30 ás 21.30 h.

Días: de luns a xoves

Venres: das 19.00 ás 21.00 h.

Pobra de Trives, A

Código: CL320163206301

Lugar: IES Xermán Ancochea Quevedo

Rúa Xermán Ancochea Quevedo, 13

Datas: do 12.9.2016 ao 3.11.2016

Horario: das 18.00 a 20.00 h.

Días: de luns a venres

Ribadavia

Código: CL320163206901

Lugar: IES O Ribeiro

Rúa Irmáns Álvarez Araújo, 5

Datas: do 12.9.2016 ao 2.11.2016

Horario: das 18.30 a 20.30 h.

Días: de luns a venres

Verín

Código: CL420163208501

Lugar: IES García Barbón

Rúa Antonio Fernández Pérez, s/n

Datas: do 12.9.2016 ao 2.11.2016

Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Días: de luns a venres

Xinzo
de Limia

Código: CL220163203201

Lugar: IES Cidade de Antioquía

Avenida de Ourense, 186

Datas: do 12.9.2016 ao 2.11.2016

Horario: das 19.00 ás 21.00 h.

Días: de luns a venres

Provincia de Pontevedra

Localidade

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Estrada, A

Código: CL220163601701

Lugar: IES Antón Losada Diéguez

Rúa da Cultura, s/n

Datas: do 12.9.2016 ao 2.11.2016

Horario: das 19.00 ás 21.30 h.

Días: de luns a xoves

Guarda, A

Código: CL320163602301

Lugar: IES A Sangriña

Paseo de Portugal, 21

Datas: do 12.9.2016 ao 3.11.2016

Horario: das 19.30 ás 21.30 h.

Días: de luns a venres

Lalín

Código: CL320163602401

Lugar: IES Laxeiro

Avenida de Buenos Aires, 71

Datas: do 12.9.2016 ao 4.11.2016

Horario: das 19.30 ás 21.30 h.

Días: de luns a venres

Marín

Código: CL420163602601

Lugar: IES Chan do Monte

Rúa Chan do Monte, 23, Mogor

Datas: do 12.9.2016 ao 2.11.2016

Horario: das 19.30 ás 21.30 h.

Días: de luns a venres

Porriño, O

Código: CL420163603901

Lugar: IES Ribeira do Louro

Rúa Ribeira, s/n, Torneiros

Datas: do 12.9.2016 ao 3.11.2016

Horario: das 19.30 ás 21.30 h.

Días: de luns a venres

Redondela

Código: CL220163604501

Lugar: IES Pedro Floriani

Rúa Pedro Floriani, 2

Datas: do 12.9.2016 ao 2.11.2016

Horario: das 19.30 ás 21.30 h.

Días: de luns a venres

Sanxenxo

Código: CL420163605101

Lugar: IES de Vilalonga

A Salgueira, 40

Datas: do 12.9.2016 ao 2.11.2016

Horario: das 19.00 ás 21.30 h.

Días: de luns a xoves

Vigo

Código: CL420163605701

Lugar: IES Ricardo Mella

Estrada vella de Madrid, 177

Datas: do 12.9.2016 ao 2.11.2016

Horario: das 19.30 ás 21.30 h.

Días: de luns a venres

Vilagarcía de Arousa

Código: CL320163606001

Lugar: IES Armando Cotarelo Valledor

Rúa Armando Cotarelo Valledor, 4-6

Datas: do 12.9.2016 ao 2.11.2016

Horario: das 19.30 ás 21.30 h.

Días: de luns a venres