Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 27 de xuño de 2016 Páx. 27177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2016 pola que se dá publicidade á denegación das solicitudes de subvencións por esgotamento do crédito da convocatoria do Programa de fomento do alugamento de vivendas do Plan estatal 2013-2016.

Mediante a Resolución do 7 de xaneiro de 2015 (DOG núm. 11, do 19 de xaneiro), convocáronse as subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016.

Dentro do prazo de presentación establecido, as unidades de convivencia interesadas formalizaron un total de 17.293 solicitudes.

De conformidade co artigo 11.2 da Orde do 24 de novembro de 2014, pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das citadas axudas, serán obxecto de denegación as solicitudes presentadas que queden sen cobertura orzamentaria.

Segundo o establecido no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e actuando no exercicio das competencias que me atribúe o artigo 12 do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se aproba a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo,

RESOLVO:

Denegar, por esgotamento de crédito, as solicitudes de subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, que se inclúen na relación que será obxecto de publicación nos taboleiros de anuncios das sedes das áreas provinciais do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) e na páxina web http://igvs.xunta.gal/consultasWebAlugamento .

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro).

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2016

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo