Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 27 de xuño de 2016 Páx. 27179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato dos servizos de xestión de incidencias e problemas (soporte de terceiro nivel), servizos de apoio á execución de proxecto, evolución tecnolóxica e funcional e servizos de integración da aplicación para a xestión de laboratorios de microbioloxía e análises clínicas (Openlab) (expediente NB-SER1-16-007).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: NB-SER1-16-007.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizos de xestión de incidencias e problemas (soporte de terceiro nivel), servizos de apoio á execución de proxecto, evolución tecnolóxica e funcional e servizos de integración da aplicación para a xestión de laboratorios de microbioloxía e análises clínicas (Openlab).

c) Lote (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72267000-4.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: negociado.

4. Valor estimado do contrato: 592.387,20 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 246.828 euros. Importe total: 298.661,88 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 7.3.2016

b) Data de formalización del contrato: 1.4.2016.

c) Contratista: Nexus Information Technology, S.A.U.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 246.828 euros. Importe total: 298.661,88 euros.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos