Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 30 de xuño de 2016 Páx. 27731

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2016 do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño), modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 220, do 18 de novembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 20 de xuño de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de abril de 2016 (DOG número 72, do 15 de abril), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xuño de 2015 (DOG número 114, do 18 de xuño), modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (DOG número 220, do 18 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar na súa totalidade as reclamacións e alegacións presentadas.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.2 da convocatoria, superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo os/as aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de quince (15) puntos.

Para estes efectos fíxase en corenta e dúas (42) o número de respostas correctas precisas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.

Para os/as aspirantes que acceden pola cota de reserva de persoas con discapacidade, base I.1.1, fíxase en corenta (40) o número de respostas correctas precisas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos/as aspirantes presentados/as ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web ( funcionpublica.xunta.gal ) da Xunta de Galicia.

Cuarto. Que, de acordo do disposto na base II.2.7 da orde da convocatoria, os/as aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Que, de acordo co disposto na base II.1.4 da orde da convocatoria, os/as aspirantes que superaron o primeiro exercicio, así como os que, de conformidade co establecido na base II.1.2, estean exentos del e non se presentasen á súa realización, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa (orixinais ou fotocopias compulsadas) de estar en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG número 146, do 30 de xullo). A dita documentación deberá dirixirse, de acordo co disposto na base III.14, á Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2016

Laura María González-Dopeso Portela
Presidenta do tribunal