Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 30 de xuño de 2016 Páx. 27730

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2016 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 15 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño), modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 220, do 18 de novembro) pola que se fixa a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 15 de xuño de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 19 de maio de 2016 (DOG número 100, do 27 de maio), encargado de cualificar o proceso selectivo para ou ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2,

ACORDOU:

Que o primeiro exercicio terá lugar o día 15 de xullo de 2016, e que o lugar de realización será o recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra), nos pavillóns números 1 e 2, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2016

Óscar Javier Ponte Estévez
Presidente do tribunal