Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 1 de xullo de 2016 Páx. 27916

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN de erros. Decreto 72/2016, do 9 de xuño, polo que se autorizan e se regulan determinados sistemas de eliminación de subprodutos animais non destinados ao consumo humano en Galicia e se concretan determinados aspectos sanitarios das explotacións porcinas.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no DOG nº 118, do 22 de xuño de 2016, é necesario efectuar as seguintes correccións:

1. Na páxina 25801, na disposición adicional segunda, onde di: «…entenderanse por «casco urbano» os asentamentos de poboación suficiente e efectiva constitutivos de núcleos de poboación formados, na data de solicitude da licenza municipal correspondente da nova explotación porcina, por edificacións de uso residencial con separación entre elas inferior aos 25 metros...», debe dicir: «…entenderase por «casco urbano» os asentamentos de poboación suficiente e efectiva constitutivos de núcleos de poboación formados, na data de solicitude do título habilitante correspondente da nova explotación porcina por, cando menos, 10 edificacións de uso residencial con separación entre elas inferior aos 25 metros…».

2. Na páxina 25802, no anexo I, onde di: «Polas características da zona, córrense se entrañan riscos ...», debe dicir: «Polas características da zona córrense riscos...».