Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 1 de xullo de 2016 Páx. 27917

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 28 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 20 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI) e para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016.

O 3 de xuño de 2016, a Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 20 de maio de 2016 (DOG núm. 105, do 3 de xuño) pola que establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI) e para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016.

O artigo 2.1 desta orde regula o prazo para a presentación de solicitudes dirixidas á Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal polas entidades solicitantes, e que deben cumprir o disposto no número 1 do anexo 1 e do anexo 2 da orde (segundo proceda), no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.

O punto 9.2 do anexo 1 e o punto 8.1 do anexo 2 da dita orde regulan o prazo para xustificar a subvención conforme a anualidade establecida na resolución da concesión e solicitar os correspondentes pagamentos parciais da subvención, con datas límite do 31 de outubro nas anualidades 2016 e 2017, e do 30 de outubro nas anualidades 2016 e 2017, respectivamente, salvo casos excepcionais debidamente autorizados polo órgano xestor acorde co artigo 45.3 do Decreto 11/2009, logo da petición do beneficiario.

O artigo 11.4.d) regula a obriga dos beneficiarios de informar o público da axuda obtida cando a operación dea lugar a un investimento que reciba unha axuda pública total superior a 50.000 euros. Colocarase unha placa explicativa coa información sobre o proxecto, na cal se destacará a axuda financeira da Unión (anexo V, modelo K).

Pola novidade no procedemento MR331B regulado pola Orde do 20 de maio de 2016 e a complexidade da documentación que se vai presentar coa solicitude, estímase que o prazo de presentación de solicitudes recollido no artigo 2.1 desta orde pode non ser suficiente para cumprir co establecido nas súas bases reguladoras.

Pola complexidade da análise das solicitudes, o proceso administrativo de resolución das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 20 de maio de 2016 pode alongarse no tempo de tal xeito que a data de resolución podería ser posterior á data de xustificación inicialmente prevista para 30 e 31 de outubro de 2016. Por esta circunstancia é necesario modificar a referida data de xustificación prevista no punto 9.2 do anexo 1 e no punto 8.1 do anexo 2 da Orde do 20 de maio de 2016.

Detectouse a ausencia do modelo K do anexo V na publicación da Orde do 20 de maio de 2016. Por esta circunstancia, é necesario publicar o dito modelo K do anexo V.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 20 de maio de 2016 (DOG núm. 105, do 3 de xuño) pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI) e para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016

Un. Modifícase o número 1 do artigo 2, que queda redactado do seguinte xeito:

«As solicitudes estarán dirixidas á Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal e presentaraas a entidade solicitante, que debe cumprir o disposto no número 1 do anexo 1 e do anexo 2 da presente orde (segundo proceda), no prazo que abrangue ata o día 21 de xullo de 2016 incluído».

Dous. Modifícase o primeiro parágrafo do número 2 do punto 9 do anexo 1, que queda redactado do seguinte xeito:

«As entidades beneficiarias deberán xustificar a subvención conforme a anualidade establecida na resolución da concesión e solicitar os correspondentes pagamentos parciais da subvención, coa data límite do 15 de novembro na anualidade 2016 e do 31 de outubro na anualidade 2017, salvo casos excepcionais debidamente autorizados polo órgano xestor acorde co artigo 45.3 do Decreto 11/2009, logo da petición do beneficiario. As solicitudes de pagamento (anexo V, modelo A) presentaranse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes da data límite que se indique na notificación da resolución de concesión, xunto cos seguintes documentos:».

Tres. Modifícase o primeiro parágrafo do número 1 do punto 8 do anexo 2, que queda redactado do seguinte xeito:

«A entidade beneficiaria deberá xustificar a subvención conforme a anualidade establecida na resolución da concesión e solicitar os correspondentes pagamentos parciais da subvención, coa data límite do 15 de novembro na anualidade 2016 e do 31 de outubro na anualidade 2017, salvo casos excepcionais debidamente autorizados polo órgano xestor acorde co artigo 45.3 do Decreto 11/2009, logo da petición do beneficiario. As solicitudes de pagamentos (anexo V, modelo A) presentaranse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes da data límite que se indique na notificación da resolución de concesión, xunto cos seguintes documentos:».

Catro. Publícase o modelo K do anexo V a que fai mención o artigo 11.4.d) da orde.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde producirá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2016

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural

ANEXO V
Modelo K

Placa explicativa para o caso de accións de cooperación con investimentos cuxo custo total supere os 50.000 euros.

missing image file