Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28593

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 21 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento da folla de valoración no expediente de expropiación IN407A 2015/016-1, no concello da Laracha.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva, «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou o medio a que se refire o punto 1 deste artigo, ou ben intentada a notificación non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento da folla de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Centro de Seccionamento de Barreira, no concello da Laracha (expediente IN407A 2015/016-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 21 de xuño de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/016-1.

Entidade beneficiaria: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación da instalación: centro de seccionamento de Barreira.

Concello: A Laracha (A Coruña).

Finca

Titularidade

Enderezo

Data da ocupación

4

Descoñecido/a

Ignorado

7.7.2016