Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 13 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación dunha resolución dun expediente tramitado por esta xefatura (expediente 2014/326-5).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente desta xefatura territorial.

A persoa interesada poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, rúa Concepción Arenal nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde a persoa interesada poderá comparecer nun prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, para efectos de coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborais e das 9.00 ás 14.00 horas.

Nº expediente: 2014/326-5.

Interesada: Amapola Míguez Bugarín.

Enderezo: descoñecido.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 8 de xuño de 2016.

Vigo, 13 de xuño de 2016

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo