1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: L-12/2016.
2. Obxecto do contrato: limpeza do edificio da estación de autobuses, que fomente a estabilidade do emprego e o respecto ao ambiente na súa execución. Duración: catro anos prorrogables por dous máis.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: 165.000 € anuais (IVE incluído).
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención de documentación: web municipal (perfil de contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.
7. Clasificación: non se exixe.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata as 13.00 horas do día 12 de xullo de 2016. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil de contratante.
10. Outras informacións: véxanse pregos reguladores da contratación.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 7 de xuño de 2016
O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Mª Eugenia Vieito Blanco
Concelleira responsable de Facenda e Administración