Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28670

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO da licitación das obras de acondicionamento da rúa Ben Cho Sei.

De conformidade co Acordo da Xunta de Goberno Local do 16 de xuño de 2016, por medio deste anuncio efectúase a convocatoria de procedemento aberto, oferta máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación, para as obras de acondicionamento da rúa Ben Cho Sei conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello do Carballiño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do Concello.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de acondicionamento da rúa Ben Cho Sei.

b) Lugar de execución: rúa Ben Cho Sei.

c) Prazo de execución: a duración do contrato será de seis (6) meses desde a sinatura da acta de comprobación da implantación e inicio das obras.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base da licitación.

a) Importe 190.035,50 euros máis 39.907,54 euros, o que supón un total de 229.943,44 euros.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, sen incluír o IVE.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello do Carballiño.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade e código postal: 32500 O Carballiño.

d) Teléfono: 988 53 00 07.

e) Fax: 988 53 00 08.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o terceiro día natural anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica: por calquera dos medios a que se refire o artigo 75 do texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Solvencia técnica: mediante relación das obras executadas ou en curso dos últimos cinco anos, acompañada de certificados de boa execución.

c) Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría 2.

9. Presentación das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: vixésimo sexto día natural (26) a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP, no DOG ou no perfil do contratante, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e das 10.00 ás 13.00 horas os sábados.

b) Documentación que cómpre presentar: a que se especifica na cláusula 10 dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello do Carballiño.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a oferta: ata a adxudicación definitiva.

10. Apertura de proposicións: quinto día hábil seguinte a aquel en que finalice o prazo para a presentación de proposicións.

11. Outras informacións: véxanse os pregos de cláusulas administrativas.

12. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Perfil do contratante onde figuran as informacións relativas á convocatoria e onde se poden obter os pregos: www.carballino.org

O Carballiño, 17 de xuño de 2016

Francisco José Fumega Piñeiro
Alcalde