Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 28 de xullo de 2016 Páx. 33275

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (896/2014).

PO. Procedemento ordinario 896/2014

Procedemento orixe: sobre ordinario

Demandante: Patricia Villaverde Delgado

Avogada: Rosa Vila Amarelle

Demandados: Unión de Tiendas de Electrodomésticos, S.A., Electrónica Angueira, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial)

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 896/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Villaverde Delgado contra Unión de Tiendas de Electrodomésticos, S.A., Electrónica Angueira, S.L. e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre ordinario, se acordou citar a Electrónica Angueira, S.L. co fin de que compareza na sala de vistas do Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, 15707, o día 17 de outubro de 2016, ás 11.55 e ás 12.00 horas, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión, e demais resolucións e documentos existentes no procedemento.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que lle sirva de citación a Unión de Tiendas de Electrodomésticos, S.A., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza