Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 28 de xullo de 2016 Páx. 33272

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (88/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 88/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Manuel Montero Viqueira contra Escayolas Gasamáns, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto:

Letrada da Administración de Xustiza: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2016.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Por parte de Jesús Manuel Montero Viqueira presentou solicitude de execución de sentenza número 32/2016 ditado no PO 1005/2012 fronte a Escayolas Gasamáns, S.L. e Fogasa e, atendendo á devandita solicitude, con data do 11 de maio de 2016, este órgano xudicial ditou auto mediante o que se despacha orde xeral de execución pola cantidade de 5.468,80 euros (4.105,54 euros de salarios, vacacións + 1.363,26 euros de xuros do artigo 29.3) e de 546,88 euros, que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Segundo. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada Escayolas Gasamáns, S.L., realizada por decreto con data do 13 de marzo de 2014, ditado por Juzgado do Social número 1.

Terceiro. Para cumprir o requisito que se contén no artigo 276.3 da LXS, ditouse en data 13 de marzo de 2014 decreto dando audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalasen, se é o caso, a existencia de novos bens co resultado que consta en autos.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, iso será base abondo para estimar a súa pervivencia noutras execucións, podendo ditarse o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei, debendo darse audiencia previa á parte actora e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens.

Segundo. Na presente executoria, cumpríronse os requisitos e trámites de indagación de bens establecidos nos artigos 250 e 276 da LXS, que supón concluír respecto da executada a pervivencia da situación de insolvencia ao non se coñecer novos bens daquela sobre os que facer efectivas as actividades de execución, polo que procede, cumprindo o efecto previsto no artigo 276.2 da LXS declarar a insolvencia total, que deberá entenderse provisional para todos os efectos, ata que se coñezan novos bens ao executado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Escayolas Gasamáns, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 5.468,80 euros (4.105,54 euros de salarios, vacacións + 1.363,26 euros de xuros do artigo 29.3) e de 546,88 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. debendo indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

E para que sirva de notificación en legal forma a Escayolas Gasamáns, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza