Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 28 de xullo de 2016 Páx. 33075

I. Disposicións xerais

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ORDE do 11 de xullo de 2016 pola que se actualizan os límites xeográficos das zonas especiais de conservación de Galicia.

A Lei 42/2009, do 13 de decembro, no seu artigo 43.1 define como lugar de importancia comunitaria aqueles espazos do conxunto do territorio nacional ou do medio mariño, xunto coa zona económica exclusiva e a plataforma continental, aprobados como tales, que contribúan de forma apreciable ao mantemento ou, se é o caso, ao restablecemento do estado de conservación favorable dos tipos de hábitats naturais e os hábitats das especies de interese comunitario, que figuran respectivamente nos anexos I e II da mencionada lei, na súa área de distribución natural.

Correspóndelle á Comisión Europea a aprobación da lista de lugares de importancia comunitaria, a partir dunha lista de espazos propostos polas comunidades autónomas ou pola Administración xeral do Estado no ámbito das súas respectivas competencias. As ditas zonas serán posteriormente declaradas como zonas especiais de conservación polas administracións competentes.

A lista de lugares de importancia comunitaria para a Comunidade Autónoma de Galicia foi aprobada pola Decisión 2004/813/CE, da Comisión, do 7 de decembro, pola que se aproba, de conformidade coa Directiva 92/43/CEE do Consello, a lista de lugares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica atlántica e a Decisión 2006/613/CE, da Comisión, do 19 de xullo, pola que se adopta, de conformidade coa Directiva 92/43/CEE, do Consello, a lista de lugares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica mediterránea. Estas listas foron actualizadas mediante a aprobación de sucesivas decisións da Comisión.

O Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia, recolle no seu anexo I a delimitación xeográfica dos LIC que, mediante este decreto, se declaran zonas especiais de conservación (en diante, ZEC). Estes límites correspóndense coa información oficial Rede Natura 2000 (cartografía e formulario normalizado de datos Rede Natura 2000) aprobados pola Decisión 2013/740/UE, de execución da Comisión, do 7 de novembro, pola que se adopta a sétima lista actualizada de lugares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica atlántica, e pola Decisión 2013/739/UE, de execución da Comisión, do 7 de novembro, pola que se adopta a sétima lista actualizada de lugares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica mediterránea. Salvo lixeiros cambios nos límites de LIC fronteirizos relativos a axustes ao límite dixital acordado da Comunidade Autónoma, trátase dos mesmos límites inicialmente aprobados pola Comisión. Na maior parte dos casos estes límites xeográficos foran dixitalizados sobre unha base cartográfica a escala 1:50.000.

Co motivo da declaración de zonas de especial conservación dos valores naturais, efectuada mediante o Decreto 72/2004, do 2 de abril, realizouse unha delimitación máis precisa, dixitalizada sobre unha base cartográfica 1:5.000, dos lugares de importancia comunitaria propostos, escala máis axeitada para a planificación dos recursos naturais.

O procedemento para a validación desta actualización da cartografía oficial con motivo da mellora da escala de traballo iniciouse ante a Administración xeral do Estado no mes de setembro de 2011. Esta actualización debía ser validada pola Comisión Europea e publicada mediante decisión antes de poder formar parte da información oficial da Rede Natura 2000.

A validación da actualización tivo lugar coa publicación da Decisión de execución (UE) 2015/2373, da Comisión, do 26 de novembro, pola que se adopta a novena lista actualizada de lugares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica atlántica e da Decisión de execución (UE) 2015/2374, da Comisión, do 26 de novembro, pola que se adopta a novena lista actualizada de lugares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica mediterránea.

A disposición derradeira primeira do Decreto 37/2014, do 27 de marzo, indica que se autoriza a persoa titular da consellería competente en materia de conservación da natureza para modificar mediante orde o anexo I do decreto, para recoller os límites xeográficos actualizados unha vez finalizado o proceso de validación e publicadas as decisións da Comisión Europea.

En cumprimento do establecido nesta disposición derradeira e unha vez publicada a validación dos límites por parte da Comisión Europea, procede a modificación deses límites mediante orde.

En consecuencia, en virtude das facultades, que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

ACORDO:

Artigo único. Modificación da cartografía do anexo I do Decreto 37/2014, do 27 de marzo

Modifícase a cartografía do anexo I do Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia, substituíndoa pola contida no anexo I, na cal se recollen os límites actualizados correspondentes ás zonas especiais de conservación declaradas no citado decreto.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2016

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file