Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 8 de agosto de 2016 Páx. 34990

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 98/2016, do 19 de maio, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é da competencia plena da Comunidade Autónoma galega o regulamento e a administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do seu artigo 81, o desenvolvan, das facultades que lle atribúe ao Estado o número 30 do punto 1 do artigo 149 da Constitución e da alta inspección precisa para o seu cumprimento e garantía.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, ten por obxecto a ordenación dun sistema integral de formación profesional, cualificacións e acreditación que responda con eficacia e transparencia ás demandas sociais e económicas a través das modalidades formativas.

No artigo 10, números 1 e 2, da dita lei establécese que a Administración xeral do Estado, de conformidade co que se dispón no artigo 149.1, 30ª e 7ª da Constitución española, e logo da consulta ao Consello Xeral de Formación Profesional, determinará os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade que constituirán as ofertas de formación profesional referidas ao Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cuxos contidos poderán ampliar as educativas no ámbito das súas competencias.

No artigo 8.1 establécese, así mesmo, que os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade terán carácter oficial e validez en todo o territorio do Estado e serán expedidos polas administracións competentes.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu capítulo V do seu título I os principios xerais da formación profesional inicial e dispón no artigo 39.6 que o Goberno, logo da consulta ás comunidades autónomas, establecerá as titulacións correspondentes aos estudos de formación profesional, así como os aspectos básicos do currículo de cada unha delas.

A Lei 2/2011, do 4 de marzo, de economía sustentable, e a Lei orgánica 4/2011, do 11 de marzo, complementaria da Lei de economía sustentable, introduciron modificacións na Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, e na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, no marco legal das ensinanzas de formación profesional, que pretenderon, entre outros aspectos, adecuar a oferta formativa ás demandas dos sectores produtivos.

Pola súa vez, a Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, modificou a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en aspectos que atinxen ao procedemento de acceso e admisión ás ensinanzas de formación profesional e tamén desde estas ensinanzas aos estudos universitarios de grao.

O Real decreto 1147/2011, do 29 de xullo, establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, tomando como base o Catálogo nacional de cualificacións profesionais, as directrices fixadas pola Unión Europea e outros aspectos de interese social.

No seu artigo 8 establece que as administracións educativas, no ámbito das súas competencias, establecerán os currículos correspondentes ampliando e contextualizando os contidos dos títulos á realidade socioeconómica do territorio da súa competencia, e respectando o seu perfil profesional.

O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, determina nos seus capítulos III e IV, dedicados ao currículo e á organización das ensinanzas, a estrutura que deben seguir os currículos e os módulos profesionais dos ciclos formativos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicado o Real decreto 553/2012, do 23 de marzo, polo que se establece o título de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional e se fixan as súas ensinanzas mínimas, e de acordo co seu artigo 10.2, correspóndelle á consellería con competencias en materia de educación establecer o currículo correspondente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Consonte o anterior, este decreto desenvolve o currículo do ciclo formativo de formación profesional de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional. Este currículo adapta a nova titulación ao campo profesional e de traballo da realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo canto á especialización e polivalencia, e posibilita unha inserción laboral inmediata e unha proxección profesional futura.

Para estes efectos, e de acordo co establecido no citado Decreto 114/2010, do 1 de xullo, determínanse a identificación do título, o seu perfil profesional, o contorno profesional, a prospectiva do título no sector ou nos sectores, as ensinanzas do ciclo formativo, a correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación, validación ou exención, así como os parámetros do contexto formativo para cada módulo profesional no que se refire a espazos, equipamentos, titulacións e especialidades do profesorado, e as súas equivalencias para os efectos de docencia.

Así mesmo, determínanse os accesos a outros estudos, as modalidades e as materias de bacharelato que facilitan a conexión co ciclo formativo, as validacións, exencións e equivalencias, e a información sobre os requisitos necesarios segundo a lexislación vixente para o exercicio profesional, cando proceda.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta o perfil profesional do título a través dos obxectivos xerais que o alumnado debe alcanzar ao finalizar o ciclo formativo e os obxectivos propios de cada módulo profesional, expresados a través dunha serie de resultados de aprendizaxe, entendidos como as competencias que deben adquirir os alumnos e as alumnas nun contexto de aprendizaxe, que lles permitirán conseguir os logros profesionais necesarios para desenvolver as súas funcións con éxito no mundo laboral.

Asociada a cada resultado de aprendizaxe, establécese unha serie de contidos de tipo conceptual, procedemental e actitudinal redactados de xeito integrado, que proporcionarán o soporte de información e destreza preciso para lograr as competencias profesionais, persoais e sociais propias do perfil do título.

Neste sentido, a inclusión do módulo de formación en centros de traballo posibilita que o alumnado complete a formación adquirida no centro educativo mediante a realización dun conxunto de actividades de produción e/ou de servizos, que non terán carácter laboral, en situacións reais de traballo no contorno produtivo do centro, de acordo coas exixencias derivadas do Sistema nacional de cualificacións e formación profesional.

O módulo de Proxecto que se inclúe no ciclo formativo de grao superior de Caracterización e Maquillaxe Profesional permitirá integrar de forma global os aspectos máis salientables das competencias profesionais, persoais e sociais características do título que se abordaron no resto dos módulos profesionais, con aspectos relativos ao exercicio profesional e á xestión empresarial.

A formación relativa á prevención de riscos laborais dentro do módulo de formación e orientación laboral aumenta a empregabilidade do alumnado que supere estas ensinanzas e facilita a súa incorporación ao mundo do traballo, ao capacitalo para levar a cabo responsabilidades profesionais equivalentes ás que precisan as actividades de nivel básico en prevención de riscos laborais, establecidas no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

De acordo co artigo 10 do citado Decreto 114/2010, do 1 de xullo, establécese a división de determinados módulos profesionais en unidades formativas de menor duración, coa finalidade de facilitar a formación ao longo da vida, respectando, en todo caso, a necesaria coherencia da formación asociada a cada unha delas.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, consultados o Consello Galego de Formación Profesional e o Consello Escolar de Galicia, e de acordo co Consello Consultivo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezanove de maio de dous mil dezaseis,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I
Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

O presente decreto ten por obxecto establecer o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional, establecido polo Real decreto 553/2012, do 23 de marzo.

CAPÍTULO II
Identificación do título, perfil profesional, contorno profesional e prospectiva do título no sector ou nos sectores

Artigo 2. Identificación

O título de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional identifícase polos seguintes elementos:

– Denominación: Caracterización e Maquillaxe Profesional.

– Nivel: formación profesional de grao superior.

– Duración: 2.000 horas.

– Familia profesional: Imaxe Persoal.

– Referente europeo: CINE-5b (Clasificación internacional normalizada da educación).

– Nivel do Marco español de cualificacións para a educación superior: nivel 1; técnico superior.

Artigo 3. Perfil profesional do título

O perfil profesional do título de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional determínase pola súa competencia xeral, polas súas competencias profesionais, persoais e sociais, así como pola relación de cualificacións e, de ser o caso, unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título.

Artigo 4. Competencia xeral

A competencia xeral do título de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional consiste en planificar e realizar a montaxe de proxectos de caracterización para medios audiovisuais e escénicos, así como deseñar e realizar próteses, perrucas e maquillaxes sociais, profesionais e artísticas, coordinando os medios técnicos e humanos, e respectando os criterios de calidade, seguridade, protección ambiental e deseño universal.

Artigo 5. Competencias profesionais, persoais e sociais

As competencias profesionais, persoais e sociais do título de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional son as que se relacionan:

a) Xestionar os procesos de caracterización, organizando os recursos materiais, profesionais e técnicos.

b) Organizar o aprovisionamento e o mantemento dos equipamentos e dos produtos de caracterización, controlando a calidade.

c) Realizar o deseño de personaxes para a caracterización, segundo especificacións de guión e da clientela.

d) Realizar o proxecto de caracterización, elaborando a documentación técnico-artística e tendo en conta a súa viabilidade técnica e económica.

e) Dirixir as actividades de caracterización durante a rodaxe ou a función, segundo o plan xeral de produción.

f) Deseñar e organizar a realización de próteses para caracterización, empregando produtos, materiais e técnicas.

g) Supervisar e realizar peiteados para producións audiovisuais e escénicas, aplicando técnicas de peiteado.

h) Supervisar e realizar a caracterización de personaxes, segundo documentación técnica e condicionantes escénicos.

i) Deseñar e realizar maquillaxes profesionais adaptadas ás necesidades dos/das intérpretes e da clientela.

j) Realizar a avaliación do proxecto, asegurando o cumprimento das normas de calidade.

k) Adaptarse ás novas situacións laborais, mantendo actualizados os coñecementos científicos, técnicos e tecnolóxicos relativos ao seu ámbito profesional, xestionando a súa formación e os recursos existentes na aprendizaxe ao longo da vida, e utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación.

l) Resolver situacións, problemas ou continxencias con iniciativa e autonomía no ámbito da súa competencia, con creatividade, innovación e espírito de mellora no traballo persoal e no dos membros do equipo.

m) Organizar e coordinar equipos de traballo con responsabilidade e supervisar o seu desenvolvemento, mantendo relacións fluídas, asumindo o liderado e achegando solucións aos conflitos grupais que se presenten.

n) Comunicarse con iguais, superiores, clientela e persoas baixo a súa responsabilidade utilizando vías eficaces de comunicación, transmitindo a información e os coñecementos adecuados, e respectando a autonomía e competencia das persoas que interveñen no ámbito do seu traballo.

ñ) Xerar contornos seguros no desenvolvemento do seu traballo e no do seu equipo, supervisando e aplicando os procedementos de prevención de riscos laborais e ambientais, de acordo co establecido pola normativa e cos obxectivos da empresa.

o) Supervisar e aplicar procedementos de xestión de calidade e de accesibilidade e deseño universais nas actividades profesionais incluídas nos procesos de produción ou prestación de servizos.

p) Realizar a xestión básica para a creación e o funcionamento dunha pequena empresa, e ter iniciativa na súa actividade profesional, con sentido da responsabilidade social.

q) Exercer os seus dereitos e cumprir as obrigas derivadas da súa actividade profesional, de acordo co establecido na lexislación, participando activamente na vida económica, social e cultural.

Artigo 6. Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título

1. Cualificación profesional completa incluída no título:

Caracterización de personaxes, IMP396_3 (Real decreto 327/2008, do 29 de febreiro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

UC0066_2: maquillar para medios escénicos e producións audiovisuais.

UC1254_3: elaborar proxectos de caracterización de personaxes en función de proxectos artísticos.

UC1255_3: planificar, organizar e xestionar proxectos de caracterización.

UC1256_3: elaborar próteses faciais e corporais para caracterización.

UC1257_3: elaborar próteses pilosas para caracterización.

UC1258_2: aplicar técnicas de peiteado para caracterización.

UC1259_3: realizar a caracterización de personaxes e os efectos especiais de maquillaxe.

2. Cualificacións profesionais incompletas:

a) Peiteado técnico-artístico, IMP249_3 (Real decreto 790/2007, do 15 de xuño):

UC0794_3: realizar protocolos técnicos e peiteados para salóns de peiteado e producións audiovisuais e escénicas.

b) Realización de vestiario para o espectáculo, TCP471_3 (Real decreto 1224/2010, do 1 de outubro):

UC1517_3: procurar información e documentar a historia e a evolución do vestir para proxectos escénicos.

Artigo 7. Contorno profesional

1. As persoas que obteñan o título de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional exercerán a súa actividade en empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos de caracterización para producións audiovisuais e escénicas, en talleres e estudios de caracterización e en empresas dedicadas á maquillaxe profesional, onde desenvolven tarefas individuais e en grupo nas áreas funcionais de xestión e supervisión, deseño, organización e prestación de servizos, así como na fabricación de postizos, perrucas e próteses de caracterización, ben como traballadoras e traballadores autónomos ou ben por conta allea.

2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

– Caracterizador/a.

– Xefe/a de maquillaxe para medios audiovisuais e actividades e actuacións escénicas.

– Peiteador/a para caracterización.

– Maquillador/a para medios audiovisuais e actividades e actuacións escénicas.

– Posticeiro/a.

– Xefe/a de caracterización.

– Xefe/a de peiteado para espectáculos e medios audiovisuais.

– Especialista en próteses e efectos especiais de caracterización.

– Deseñador/a de personaxes de caracterización.

– Formador/a técnico/a en caracterización.

– Técnico/a comercial.

Artigo 8. Prospectiva do título no sector ou nos sectores

1. O perfil profesional do título de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional marca unha evolución cara ás novas tecnoloxías, xa que as empresas audiovisuais, onde se exerce a principal actividade, utilizan tecnoloxía dixital que impulsou o desenvolvemento de novos procesos en cada subsector, como é o da caracterización.

2. No relativo ás funcións que desempeñarán as persoas con esta titulación, dentro do sector terciario, evoluciónase cara a profesionais con capacitación para exercer a súa actividade nos sectores audiovisual e do espectáculo, realizando todas as actividades relacionadas coa planificación, a organización, a supervisión e a xestión dos recursos humanos e materiais que interveñen na posta en marcha dos proxectos de caracterización de personaxes, cumprindo os obxectivos de calidade, prazo e custo previstos.

3. As características do mercado de traballo, a mobilidade laboral e os movementos entre sectores e subsectores da industria audiovisual e do espectáculo obrigan a formar profesionais polivalentes capaces de adaptarse ás novas situacións socioeconómicas, laborais e organizativas destes sectores.

4. Un novo perfil das persoas con esta titulación é o de maquillador/a profesional, que non só exercerá a súa actividade en producións audiovisuais, senón en moda, publicidade, espectáculos culturais, lecer e empresas relacionadas coa imaxe persoal (centros de estética, seccións de beleza en grandes almacéns, casas comerciais de produtos especializados en maquillaxe, etc.).

CAPÍTULO III
Ensinanzas do ciclo formativo e parámetros básicos de contexto

Artigo 9. Obxectivos xerais

Os obxectivos xerais do ciclo formativo de grao superior de Caracterización e Maquillaxe Profesional son os seguintes:

a) Programar e organizar os servizos de caracterización, considerando os recursos materiais, profesionais e técnicos, para xestionar os procesos e alcanzar os obxectivos propostos.

b) Planificar e efectuar operacións de control de existencias, compra e conservación de materiais e aparellos, valorando as condicións de almacenamento e interpretando a documentación técnica, para organizar o aprovisionamento e o mantemento dos equipamentos e dos produtos de caracterización.

c) Recoñecer os cosméticos e os materiais asociados a estes procesos, identificando as súas propiedades e condicións idóneas de conservación, para organizar o aprovisionamento e o mantemento dos equipamentos e dos produtos de caracterización.

d) Elaborar bosquexos, aplicando ferramentas gráficas e plásticas, para realizar o deseño de personaxes.

e) Empregar aplicacións informáticas de deseño dixital 2D e 3D para realizar o deseño de personaxes.

f) Deseñar propostas e orzamentos, interpretando a documentación técnico-artística e os condicionantes escénicos, para realizar o proxecto de caracterización.

g) Deseñar o plan de traballo, definindo procedementos, operacións e secuencias de intervención, para dirixir as actividades de caracterización durante a rodaxe ou a función.

h) Efectuar operacións de moldeamento e modelaxe de próteses, identificando os materiais e as fases do procedemento, para deseñar e organizar a realización de próteses para caracterización.

i) Efectuar operacións de confección de próteses pilosas, identificando as técnicas e os medios, para deseñar e organizar a realización de próteses para caracterización.

j) Aplicar procedementos de montaxe de peiteados para producións audiovisuais e escénicas, seleccionando técnicas de cambio de lonxitude, forma e cor capilar, para supervisar e realizar o peiteado de caracterización.

k) Aplicar cosméticos e técnicas decorativas en relación coas características da persoa usuaria e/ou seguindo o bosquexo, para deseñar e realizar maquillaxes profesionais.

l) Efectuar operacións de maquillaxe de efectos especiais, identificando as técnicas e os medios, para deseñar e realizar maquillaxes profesionais.

m) Integrar a maquillaxe, as próteses, o vestiario e os demais elementos de caracterización, seguindo as especificacións do deseño, para supervisar e realizar a caracterización de personaxes.

n) Establecer programas de control dos procesos, analizando medidas correctoras, para realizar a avaliación do proxecto.

ñ) Desenvolver a creatividade e o espírito de innovación para responder aos retos que se presentan nos procesos e na organización do traballo, e na vida persoal.

o) Analizar e utilizar os recursos e as oportunidades de aprendizaxe que se relacionan coa evolución científica, tecnolóxica e organizativa do sector, e as tecnoloxías da información e da comunicación, para manter o espírito de actualización e adaptarse a novas situacións laborais e persoais.

p) Tomar decisións de xeito fundamentado, analizando as variables implicadas, integrando saberes de distinto ámbito e aceptando os riscos e as posibilidade de equivocación, para afrontar e resolver situacións, problemas ou continxencias.

q) Desenvolver técnicas de liderado, motivación, supervisión e comunicación en contextos de traballo en grupo, para facilitar a organización e a coordinación de equipos de traballo.

r) Aplicar estratexias e técnicas de comunicación, adaptándose aos contidos que se vaian transmitir, á finalidade e ás características das persoas receptoras, para asegurar a eficacia nos procesos de comunicación.

s) Avaliar situacións de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, así como propor e aplicar medidas de prevención persoais e colectivas, de acordo coa normativa aplicable nos procesos de traballo, para garantir contornos seguros.

t) Identificar e propor as accións profesionais necesarias para dar resposta á accesibilidade e ao deseño universais.

u) Identificar e aplicar parámetros de calidade nas actividades e nos traballos realizados no proceso de aprendizaxe, para valorar a cultura da avaliación e da calidade, e ser quen de supervisar e mellorar procedementos de xestión de calidade.

v) Utilizar procedementos relacionados coa cultura emprendedora, empresarial e de iniciativa profesional, para realizar a xestión básica dunha pequena empresa ou emprender un traballo.

w) Recoñecer os seus dereitos e deberes como axente activo na sociedade, tendo en conta o marco legal que regula as condicións sociais e laborais, para participar na cidadanía democrática.

x) Analizar e valorar a participación, o respecto, a tolerancia e a igualdade de oportunidades, para desenvolver os valores do principio de igualdade de trato e non discriminación entre homes e mulleres nin por ningunha outra condición nin circunstancia persoal nin social, así como a prevención da violencia de xénero e o coñecemento da realidade homosexual, transexual, transxénero e intersexual.

Artigo 10. Módulos profesionais

Os módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Caracterización e Maquillaxe Profesional, que se desenvolven no anexo I, son os que se relacionan:

MP0685. Planificación e proxectos.

MP1261. Caracterización de personaxes.

MP1262. Maquillaxe profesional.

MP1263. Efectos especiais a través da maquillaxe.

MP1264. Creación de próteses faciais e corporais.

MP1265. Peiteado para caracterización.

MP1266. Postizaría.

MP1267. Deseño dixital de personaxes 2D 3D.

MP1268. Deseño gráfico aplicado.

MP1269. Produtos de caracterización e maquillaxe.

MP1270. Proxecto de caracterización e maquillaxe profesional.

MP1271. Formación e orientación laboral.

MP1272. Empresa e iniciativa emprendedora.

MP1273. Formación en centros de traballo.

Artigo 11. Espazos e equipamentos

1. Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas do ciclo formativo de grao superior de Caracterización e Maquillaxe Profesional son os establecidos no anexo II.

2. Os espazos formativos establecidos respectarán a normativa sobre prevención de riscos laborais, a normativa sobre seguridade e saúde no posto de traballo e cantas outras normas sexan de aplicación.

3. Os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por diferentes grupos de alumnado que curse o mesmo ou outros ciclos formativos, ou etapas educativas.

4. Non cómpre que os espazos formativos identificados se diferencien mediante pechamentos.

5. A cantidade e as características dos equipamentos que se inclúen en cada espazo deberán estar en función do número de alumnos e alumnas, e serán os necesarios e suficientes para garantir a calidade do ensino e a adquisición dos resultados de aprendizaxe.

6. O equipamento disporá da instalación necesaria para o seu correcto funcionamento, cumprirá as normas de seguridade e prevención de riscos, e cantas outras sexan de aplicación, e respectaranse os espazos ou as superficies de seguridade que exixan as máquinas en funcionamento.

Artigo 12. Profesorado

1. A docencia dos módulos profesionais que constitúen as ensinanzas do ciclo formativo de grao superior de Caracterización e Maquillaxe Profesional correspóndelle ao profesorado do corpo de catedráticos e catedráticas de ensino secundario, do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional, segundo proceda, das especialidades establecidas no anexo III A).

2. As titulacións requiridas para acceder aos corpos docentes citados son, con carácter xeral, as establecidas no artigo 13 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da dita lei. As titulacións equivalentes ás anteriores para os efectos de docencia, para as especialidades do profesorado, son as recollidas no anexo III B).

3. As titulacións requiridas para a impartición dos módulos profesionais que formen o título, para o profesorado dos centros de titularidade privada ou de titularidade pública doutras administracións distintas das educativas, concrétanse no anexo III C).

A consellería con competencias en materia de educación establecerá un procedemento de habilitación para exercer a docencia, no cal se exixirá o cumprimento dalgún dos seguintes requisitos:

a) Que as ensinanzas conducentes ás titulacións citadas engloben os obxectivos dos módulos profesionais.

b) Se os ditos obxectivos non estivesen incluídos, ademais da titulación deberá acreditarse mediante certificación unha experiencia laboral de, polo menos, tres anos no sector vinculado á familia profesional, realizando actividades produtivas en empresas relacionadas implicitamente cos resultados de aprendizaxe.

CAPÍTULO IV
Accesos e vinculación a outros estudos, e correspondencia de módulos profesionais coas unidades de competencia

Artigo 13. Preferencias para o acceso ao ciclo formativo de grao superior de Caracterización e Maquillaxe Profesional, en relación coas modalidades e as materias de bacharelato cursadas

Terá preferencia para acceder ao ciclo formativo de grao superior de Caracterización e Maquillaxe Profesional o alumnado que cursase as modalidades de bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía, e de Humanidades e Ciencias Sociais.

Artigo 14. Acceso e vinculación a outros estudos

1. O título de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao superior, nas condicións de admisión que se establezan.

2. O título de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional permite o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao logo da superación do procedemento de admisión que se estableza.

3. Para os efectos das validacións entre o título de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional e as ensinanzas universitarias de grao, a asignación de créditos entre todos os módulos profesionais deste ciclo formativo é de 120 créditos ECTS, de conformidade co establecido no artigo 14 do Real decreto 553/2012, do 23 de marzo.

Artigo 15. Validacións e exencións

1. As persoas que tivesen superado o módulo profesional de Formación e orientación laboral, ou o módulo profesional de Empresa e iniciativa emprendedora, en calquera dos ciclos formativos correspondentes aos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, terán validados os ditos módulos en calquera outro ciclo formativo establecido ao abeiro da mesma lei.

2. As persoas que obtivesen a acreditación de todas as unidades de competencia incluídas no título, mediante o procedemento establecido no Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, poderán validar o módulo de Formación e orientación laboral sempre que:

a) Acrediten, polo menos, un ano de experiencia laboral.

b) Estean en posesión da acreditación da formación establecida para o desempeño das funcións de nivel básico da actividade preventiva, expedida de acordo co disposto no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

3. De acordo co establecido no artigo 39 do Real decreto 1147/2011, do 29 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, poderá determinarse a exención total ou parcial do módulo profesional de formación en centros de traballo pola súa correspondencia coa experiencia laboral, sempre que se acredite unha experiencia relacionada co ciclo formativo de grao superior de Caracterización e Maquillaxe Profesional, nos termos previstos no dito artigo.

Artigo 16. Correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación, validación ou exención

1. A correspondencia das unidades de competencia cos módulos profesionais que forman as ensinanzas do título de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional para a súa validación ou exención queda determinada no anexo IV A).

2. A correspondencia dos módulos profesionais que forman as ensinanzas do título de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional coas unidades de competencia para a súa acreditación queda determinada no anexo IV B).

CAPÍTULO V
Organización da impartición

Artigo 17. Distribución horaria

Os módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Caracterización e Maquillaxe Profesional organizaranse polo réxime ordinario segundo se establece no anexo V.

Artigo 18. Unidades formativas

1. Consonte o artigo 10 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional no sistema educativo de Galicia, e coa finalidade de promover a formación ao longo da vida e servir de referente para a súa impartición, establécese no anexo VI a división de determinados módulos profesionais en unidades formativas de menor duración.

2. A consellería con competencias en materia de educación determinará os efectos académicos da división dos módulos profesionais en unidades formativas.

Artigo 19. Módulo de Proxecto

1. O módulo de Proxecto incluído no currículo do ciclo formativo de grao superior de Caracterización e Maquillaxe Profesional ten por finalidade a integración efectiva dos aspectos máis salientables das competencias profesionais, persoais e sociais características do título que se abordasen no resto dos módulos profesionais, xunto con aspectos relativos ao exercicio profesional e á xestión empresarial. Organizarase sobre a base da titoría individual e colectiva. A atribución docente corresponderá ao profesorado que imparta docencia en módulos asociados ás unidades de competencia do ciclo formativo correspondente, preferiblemente nos de segundo curso.

2. Desenvolverase logo da avaliación positiva de todos os módulos profesionais de formación no centro educativo, coincidindo coa realización dunha parte do módulo profesional de formación en centros de traballo e avaliarase logo de cursado este, co obxecto de posibilitar a incorporación das competencias adquiridas nel.

Disposición adicional primeira. Oferta nas modalidades semipresencial e a distancia do título de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional

A impartición das ensinanzas dos módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Caracterización e Maquillaxe Profesional nas modalidades semipresencial ou a distancia, que se ofrecerán unicamente polo réxime para as persoas adultas, requirirá a autorización previa da consellería con competencias en materia de educación, conforme o procedemento que se estableza, e garantirá que o alumnado poida conseguir os resultados de aprendizaxe destes, de acordo co disposto neste decreto.

Disposición adicional segunda. Titulacións equivalentes e vinculación coas capacitacións profesionais

A formación establecida neste decreto no módulo profesional de formación e orientación laboral capacita para levar a cabo responsabilidades profesionais equivalentes ás que precisan as actividades de nivel básico en prevención de riscos laborais, establecidas no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

Disposición adicional terceira. Regulación do exercicio da profesión

Os elementos recollidos neste decreto non constitúen regulación do exercicio de profesión regulada ningunha.

Disposición adicional cuarta. Accesibilidade universal nas ensinanzas do título de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional

1. A consellería con competencias en materia de educación garantirá que o alumnado poida acceder e cursar o ciclo formativo de grao superior de Caracterización e Maquillaxe Profesional nas condicións establecidas na disposición derradeira segunda do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.

2. As programacións didácticas que desenvolvan o currículo establecido neste decreto deberán ter en conta o principio de «deseño universal». Para tal efecto, recollerán as medidas necesarias co fin de que o alumnado poida conseguir a competencia xeral do título, expresada a través das competencias profesionais, persoais e sociais, así como os resultados de aprendizaxe de cada un dos módulos profesionais.

3. En calquera caso, estas medidas non poderán afectar de forma significativa a consecución dos resultados de aprendizaxe previstos para cada un dos módulos profesionais.

Disposición adicional quinta. Autorización a centros privados para a impartición das ensinanzas reguladas neste decreto

A autorización a centros privados para a impartición das ensinanzas do ciclo formativo de grao superior de Caracterización e Maquillaxe Profesional exixirá que desde o inicio do curso escolar se cumpran os requisitos de profesorado, espazos e equipamentos regulados neste decreto.

Disposición adicional sexta. Desenvolvemento do currículo

1. O currículo establecido neste decreto será obxecto dun posterior desenvolvemento a través das programacións elaboradas para cada módulo profesional, consonte o establecido no artigo 34 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia. Estas programacións concretarán e adaptarán o currículo ás características do contorno socioprodutivo, tomando como referencia o perfil profesional do ciclo formativo a través dos seus obxectivos xerais e dos resultados de aprendizaxe establecidos para cada módulo profesional.

2. Os centros educativos desenvolverán este currículo de acordo co establecido no artigo 9 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposición derradeira primeira. Implantación das ensinanzas recollidas neste decreto

1. No curso 2015/16 implantarase o primeiro curso das ensinanzas reguladas neste decreto polo réxime ordinario.

2. No curso 2016/17 implantarase o segundo curso das ensinanzas reguladas neste decreto polo réxime ordinario.

3. No curso 2015/16 implantaranse as ensinanzas reguladas neste decreto polo réxime para as persoas adultas.

Disposición derradeira segunda. Desenvolvemento normativo

1. Autorízase a persoa titular da consellería con competencias en materia de educación para ditar as disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento do establecido neste decreto.

2. Autorízase a persoa titular da consellería con competencias en materia de educación para modificar o anexo II B), relativo a equipamentos, cando por razóns de obsolescencia ou actualización tecnolóxica así se xustifique.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezanove de maio de dous mil dezaseis

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

1. Anexo I. Módulos profesionais.

1.1. Módulo profesional: Planificación e proxectos.

• Equivalencia en créditos ECTS: 8.

• Código: MP0685.

• Duración: 107 horas.

1.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Xestiona documentación, seleccionando os procedementos de procura, elaboración e arquivamento.

– CA1.1. Seleccionáronse fontes de documentación para a obtención de datos.

– CA1.2. Establecéronse os criterios de selección e contraste da información.

– CA1.3. Arquivouse a información nos soportes ou formatos establecidos.

– CA1.4. Establecéronse os compoñentes esenciais nun caderno e as fichas de caracterización.

– CA1.5. Diferenciáronse os tipos de documentación técnica correspondentes ás fases do traballo de caracterización.

– CA1.6. Determinouse a estrutura, as epígrafes e as pautas de elaboración dos documentos.

• RA2. Determina as características dos personaxes que se deben caracterizar, analizando o proxecto artístico.

– CA2.1. Caracterizouse a evolución histórica da maquillaxe e do peiteado.

– CA2.2. Analizouse a transformación do canon de beleza a través dos tempos e a súa representación artística.

– CA2.3. Identificáronse as técnicas para a análise do proxecto artístico e dos personaxes de caracterización.

– CA2.4. Valorouse a importancia de seguir unha liña artística.

– CA2.5. Estableceuse un método de desagregación e análise do guión, para identificar as características dos personaxes.

– CA2.6. Identificáronse características físicas, estéticas e psicolóxicas dos personaxes a partir do guión.

– CA2.7. Especificáronse datos do contorno histórico, social, cultural, xeográfico ou ambiental do personaxe que condicionan a caracterización.

– CA2.8. Estableceuse o procedemento de análise das características morfolóxicas de modelos, actores ou actrices.

– CA2.9. Elaboráronse fichas de cada personaxe coa información obtida.

• RA3. Determina os condicionantes técnicos dos medios audiovisuais e escénicos, tendo en conta as relacións entre as características dos medios e o proceso de caracterización.

– CA3.1. Relacionouse o proceso de creación dun personaxe coas características dos medios audiovisuais e escénicos.

– CA3.2. Analizáronse os tipos de soporte para o rexistro da imaxe.

– CA3.3. Analizouse a normativa legal sobre dereitos de autoría que afecta o sector.

– CA3.4. Determinouse a influencia do tipo de plano, o movemento de cámara e demais elementos da linguaxe audiovisual no deseño do personaxe que cumpra caracterizar.

– CA3.5. Diferenciáronse os tipos de raccord e puxéronse en práctica medidas para previr os posibles fallos de continuidade.

– CA3.6. Identificáronse as características dos espectáculos en vivo, os espazos escénicos e a linguaxe teatral.

– CA3.7. Identificáronse as funcións das empresas implicadas na produción dun espectáculo escénico.

– CA3.8. Manexouse con propiedade a terminoloxía da linguaxe audiovisual e escénica.

– CA3.9. Analizouse a influencia da iluminación sobre os traballos de caracterización.

• RA4. Elabora proxectos de caracterización, definindo os criterios artísticos, técnicos e económicos.

– CA4.1. Determináronse a estrutura e as epígrafes que forman o proxecto de caracterización.

– CA4.2. Identificouse o tipo de documentación asociada ao proxecto.

– CA4.3. Especificáronse as características técnicas de cada personaxe para a súa caracterización (efectos especiais, próteses, requisitos de maquillaxe e peiteado, etc.).

– CA4.4. Incluíronse deseños gráficos ou dixitais dos personaxes que se deben caracterizar.

– CA4.5. Determináronse as variables que condicionan o proxecto de caracterización.

– CA4.6. Establecéronse os medios técnicos, persoais e materiais necesarios para levar a cabo o proxecto.

– CA4.7. Xustificouse a secuencia e a temporalización dos procesos técnicos das transformacións.

– CA4.8. Realizáronse orzamentos, indicando as condicións económicas.

– CA4.9. Deseñáronse propostas de caracterización para os proxectos artísticos de diversos medios audiovisuais e espectáculos escénicos.

– CA4.10. Valorouse a viabilidade do proxecto en función dos requisitos técnicos e materiais que leva consigo.

• RA5. Presenta o proxecto de caracterización, utilizando técnicas de comunicación e seleccionando o soporte.

– CA5.1. Seleccionáronse soportes para presentar a proposta.

– CA5.2. Utilizáronse programas dixitais para a comunicación do proxecto de caracterización á clientela.

– CA5.3. Realizáronse maquetas como medio para a presentación de proxectos.

– CA5.4. Empregáronse recursos comunicativos verbais e non verbais.

– CA5.5. Establecéronse as pautas para levar a cabo unha reunión eficaz para a presentación da proposta a responsables dos medios audiovisuais e escénicos.

– CA5.6. Establecéronse as pautas que cumpra seguir na comunicación telefónica, postal, etc.

– CA5.7. Utilizáronse as tecnoloxías informáticas para a comunicación comercial coa clientela (correos electrónicos, páxinas web, blogs, etc.).

– CA5.8. Especificáronse os mecanismos para resolver as dúbidas presentadas.

– CA5.9. Identificáronse as epígrafes e a estrutura do prego de condicións para a autorización do proceso.

– CA5.10. Establecéronse criterios de profesionalidade para a presentación de proxectos de caracterización.

• RA6. Planifica o desenvolvemento do proxecto de caracterización nos medios audiovisuais e escénicos, aplicando técnicas de xestión e coordinación de equipos humanos.

– CA6.1. Establecéronse as pautas para planificar e dirixir os servizos de caracterización en ensaios, en funcións, en rodaxes, en retransmisións en directo dos espectáculos en vivo e nos medios audiovisuais.

– CA6.2. Confeccionáronse cronogramas para organizar tempos, probas e traballos que deban realizarse.

– CA6.3. Identificáronse e distribuíronse tarefas, funcións e responsabilidades entre as persoas integrantes dun equipo de caracterización.

– CA6.4. Establecéronse métodos de información e comunicación entre todo o persoal profesional implicado no proxecto.

– CA6.5. Determináronse as necesidades de subministracións e servizos de mantemento, así como os custos de aprovisionamento.

– CA6.6. Estableceuse un método para a selección e a avaliación de provedores.

– CA6.7. Analizáronse as diferenzas fundamentais entre a compra e o alugamento de materiais e equipamentos necesarios para o exercicio da actividade.

– CA6.8. Planificouse o proceso de preprodución artística realizando os deseños, as probas e os ensaios necesarios.

– CA6.9. Establecéronse as pautas para coordinar o equipo de caracterización co resto de equipos durante a rodaxe ou o espectáculo escénico.

– CA6.10. Especificouse a intervención de profesionais da caracterización en cambios e retoques.

• RA7. Establece os procedementos para o seguimento e a avaliación do proceso de caracterización, determinando parámetros e instrumentos de control.

– CA7.1. Identificáronse os aspectos que se deban avaliar para garantir a calidade nos proxectos de caracterización.

– CA7.2. Especificáronse os criterios para avaliar a calidade na planificación e na execución dun traballo de caracterización.

– CA7.3. Describíronse métodos e técnicas para avaliar a calidade e o nivel de satisfacción en procesos de caracterización.

– CA7.4. Identificáronse as vías de formación e calidade profesional.

– CA7.5. Establecéronse as medidas correctoras de posibles incidencias no proceso de caracterización que se poden producir nun espectáculo en vivo.

1.1.2. Contidos básicos.

BC1. Xestión de documentación.

• Fontes documentais: bibliográficas, informáticas, internet, etc.

• Estratexias de procura de información sobre personaxes, caracterizacións e materiais. Criterios de selección.

• Técnicas de organización e arquivamento da información.

• Caderno de caracterización: obxectivos, contidos e formato. Pautas para a súa elaboración.

• Clasificación e estrutura dos documentos técnicos: documentos xerados na fase de preprodución dunha obra audiovisual ou escénica, documentos de produción e documentos de posprodución. Pautas para a súa elaboración.

BC2. Determinación das características dos personaxes que se deben caracterizar.

• Historia da maquillaxe e do peiteado aplicados á caracterización. Evolución do canon de beleza a través das correntes artísticas.

• Técnicas para a análise dun proxecto artístico. Identificación do contexto histórico. Técnicas para a análise e o estudo de personaxes de caracterización.

• Liña artística dunha obra: definición e importancia.

• Guión literario e guión técnico: características e estrutura.

• Desagregación de guión.

• Identificación das características físicas, estéticas e psicolóxicas dos personaxes a partir do guión. Técnicas de estudo e análise.

• Análise das características de modelos e intérpretes, e a súa relación cos personaxes.

• Análise dos datos históricos, sociais, culturais, xeográficos ou ambientais que figuran no proxecto artístico.

• Rexistro da información. Elaboración de fichas de personaxes.

BC3. Determinación dos condicionantes técnicos dos medios audiovisuais e escénicos no proceso de caracterización.

• Medios audiovisuais: clasificación e características xerais. Empresas implicadas no ciclo económico audiovisual: produtoras, distribuidoras e exhibidoras; estudos de gravación. Relación entre o medio e a caracterización do personaxe.

• Soportes para o rexistro da imaxe: película e sistemas de vídeo. Cine dixital.

• Dereitos de autoría dunha obra audiovisual. Normativa legal.

• Elementos básicos da linguaxe audiovisual: tipos de planos, raccord, movementos de cámara, recursos narrativos, storyboard e montaxe.

• Espectáculos en vivo: características xerais e clasificación.

• Características da linguaxe teatral.

• Tipos de espazos escénicos. Empresas implicadas na produción dun espectáculo escénico.

• Iluminación. Compoñentes dun equipamento de iluminación. Filtros e reflectantes. Tipos e características de lámpadas e focos.

• Clasificación da luz en función da dirección do feixe: luz dura e luz difusa.

• Cor da luz: propiedades, mesturas, creación de ambientes e temperatura de cor.

• Influencia da iluminación na caracterización: nas maquillaxes, nos peiteados e nas próteses; efectos especiais.

BC4. Elaboración de proxectos de caracterización.

• Proxecto de caracterización: concepto, obxectivos e pautas para a elaboración. Documentación.

• Estrutura, epígrafes e contidos dun proxecto de caracterización. Características técnicas dos tipos de personaxes.

• Variacións entre proxectos para diversos medios: para medios audiovisuais e para espectáculos escénicos. Deseños gráficos e dixitais dos personaxes.

• Vinculación da proposta de caracterización ao proxecto xeral artístico da obra: liña artística coordinada.

• Medios técnicos, persoais e materiais necesarios para os proxectos; secuencia e temporalización. Casos prácticos.

• Axuste da proposta ao deseño de produción.

• Elaboración de orzamentos. Documentación económica. Viabilidade do proxecto.

BC5. Presentación do proxecto de caracterización.

• Tipos de soportes para a presentación de proxectos: papel, medios informáticos, medios audiovisuais, etc.

• Maqueta como apoio á presentación de proxectos de caracterización.

• Técnicas de comunicación para a presentación do proxecto. Comunicación verbal e non verbal.

• Reunións persoais como medio de comunicación das propostas á clientela. Pautas para organizar reunións.

• Comunicación coa clientela a través de teléfono, fax, correo postal, páxinas web, blogs, correo electrónico, etc.

• Conclusión da proposta: resolución de dúbidas, acordos e aprobación ou autorización do proceso.

BC6. Planificación do desenvolvemento do proxecto de caracterización nos medios audiovisuais e escénicos.

• Descrición do proceso de produción en diferentes medios.

• Planificación xeral dos servizos de caracterización.

• Temporalización do traballo.

• Planificación dos recursos humanos. Equipo humano que intervén in situ na caracterización. Tarefas, funcións e responsabilidades do persoal caracterizador, axudantes de caracterización, persoal asesor, etc.

• Planificación do aprovisionamento de materiais: subministracións e provedores, orzamentos, mantemento, etc.

• Preprodución artística na área de caracterización na rodaxe, na gravación, nas sesións de fotografía e nas representacións: deseños, preparación de elementos, probas e ensaios.

• Planificación dos cambios e retoques.

• Situación do persoal caracterizador en cada espazo de traballo.

• Métodos, información e comunicación entre todo o persoal profesional implicado no proxecto durante a rodaxe, a representación, etc.

• Profesionais do mundo audiovisual e escénico que participan nunha rodaxe ou nun espectáculo. Análise dos oficios do mundo audiovisual e escénico determinantes desde o punto de vista artístico para a caracterización: dirección de fotografía, deseño de vestiario, dirección de arte ou escenografía, dirección de cine ou dirección escénica. Compoñentes dos equipos de dirección, produción, arte, iluminación, cámara, son, intérpretes, montaxe e vestiario.

• Coordinación coa área de produción e con outras áreas con repercusión en caracterización: escenografía, vestiario, iluminación, dirección, son e microfonía sen fíos, attrezzo e rexedoría.

BC7. Procedementos para o seguimento e a avaliación do proceso de caracterización.

• Criterios de calidade en cada fase do proceso. Calidade nos proxectos, na planificación, nos materiais, nas técnicas, no trato á clientela, na prevención de riscos, na xestión de residuos, no rexistro de traballos efectuados, etc.

• Elaboración de protocolos para avaliar a calidade dos procesos de caracterización.

• Posibles causas de deficiencias e medidas de corrección.

• Avaliación dos niveis de satisfacción da produtora e dos equipos.

• Formación e calidade.

1.1.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de planificación dos procesos de caracterización de personaxes.

Esta función abrangue aspectos como:

– Determinación dos procedementos de procura, elaboración e arquivamento da documentación.

– Determinación dos condicionantes de medios audiovisuais e escénicos que inflúen na planificación da caracterización.

– Identificación dos medios persoais, materiais e artísticos para realizar os proxectos de caracterización.

– Aplicación de técnicas de comunicación e atención á clientela na presentación de proxectos de caracterización.

– Supervisión e planificación da posta en práctica do proxecto de caracterización.

– Coordinación de equipos humanos.

– Supervisión e aplicación do plan de avaliación do proceso de caracterización.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Xestión de documentación.

– Determinación das características do personaxe.

– Determinación dos condicionantes técnicos dos medios audiovisuais e escénicos no proceso de caracterización.

– Elaboración e presentación de proxectos de caracterización.

– Planificación do desenvolvemento do proxecto de caracterización nos medios audiovisuais e escénicos.

– Establecemento do plan de control da calidade.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), f), g), n), o), p), q), r), s), t) e u) do ciclo formativo e as competencias a), b), d), e), j), l), m), n), ñ) e o).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Sistemática para a procura organizada de documentación.

– Modelos para a elaboración de fichas técnicas.

– Análise dos condicionantes técnicos que os medios audiovisuais e escénicos exercen sobre o proceso de caracterización.

– Determinación das características definitorias de personaxes a partir de proxectos artísticos.

– Metodoloxía para a creación de proxectos de caracterización.

– Técnicas para a presentación profesional de proxectos de caracterización.

– Planificación sistemática da posta en práctica de proxectos de caracterización.

– Valoración de criterios de calidade profesional á hora de planificar procesos de caracterización.

1.2. Módulo profesional: Caracterización de personaxes.

• Equivalencia en créditos ECTS: 9.

• Código: MP1261.

• Duración: 157 horas.

1.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Organiza o plan de traballo para caracterizar personaxes, analizando os requisitos do proxecto.

– CA1.1. Planificáronse e secuenciáronse as fases para realizar a caracterización dun personaxe.

– CA1.2. Estableceuse un método para a repartición das responsabilidades e as tarefas dentro do equipo de traballo.

– CA1.3. Interpretáronse as necesidades e as demandas do proxecto.

– CA1.4. Adaptáronse os bosquexos en función dos recursos persoais, materiais e técnicos.

– CA1.5. Establecéronse técnicas para o estudo do personaxe.

– CA1.6. Elaborouse a ficha técnica que inclúa as especificacións do personaxe.

– CA1.7. Describíronse as próteses necesarias para elaborar o personaxe.

– CA1.8. Determináronse os traballos técnicos necesarios para caracterizar o personaxe.

– CA1.9. Identificáronse os medios, os espazos e os materiais necesarios.

• RA2. Identifica as características da indumentaria escénica que definen o personaxe histórico ou de ficción, analizando a evolución do vestiario, os complementos e a silueta ao longo da historia.

– CA2.1. Identificouse a evolución da indumentaria ao longo da historia.

– CA2.2. Determinouse a evolución da silueta ao longo da historia.

– CA2.3. Definíronse os canons de beleza.

– CA2.4. Identificáronse os tipos de tecidos e de cores empregados.

– CA2.5. Identificáronse as características da indumentaria da época e do espazo onde se desenvolva o proxecto.

– CA2.6. Identificáronse as características do vestiario e do attrezzo do personaxe histórico ou ficticio.

– CA2.7. Seleccionáronse as pezas necesarias para caracterizar o personaxe.

– CA2.8. Seleccionáronse os complementos e adobíos.

• RA3. Organiza a zona de traballo, seleccionando os materiais e os produtos en función dos requisitos do personaxe, do espectáculo e da adaptación á persoa usuaria.

– CA3.1. Preparouse o espazo de traballo en función dos requisitos técnicos.

– CA3.2. Distribuíronse os materiais e os produtos segundo criterios de funcionalidade.

– CA3.3. Tivéronse en conta os requisitos sobre seguridade e hixiene dos procesos.

– CA3.4. Establecéronse as medidas de protección tanto para a persoa usuaria como para o persoal profesional.

– CA3.5. Aplicáronse os métodos de mantemento, hixiene e desinfección das instalacións, dos utensilios e dos aparellos.

– CA3.6. Seguíronse os procedementos de atención e acomodación da persoa usuaria.

– CA3.7. Identificouse o estado da pel, as súas características e as súas alteracións.

– CA3.8. Identificáronse as características morfolóxicas da persoa usuaria ou intérprete.

– CA3.9. Especificáronse as sensacións que se poden percibir no momento de realizar a caracterización.

– CA3.10. Rexistráronse os datos da persoa usuaria na ficha técnica.

• RA4. Adapta as próteses cutáneas fabricadas, realizando as técnicas de aplicación e acabamento das próteses sobre a pel.

– CA4.1. Estableceuse a secuencia que cumpra seguir na adaptación de próteses.

– CA4.2. Aplicáronse coidados de preparación e protección da pel previos á colocación das próteses.

– CA4.3. Relacionouse o tipo de próteses coa técnica que cumpra seguir.

– CA4.4. Establecéronse as técnicas de adaptación das próteses ao/á modelo.

– CA4.5. Fixáronse as próteses con produtos adhesivos.

– CA4.6. Realizáronse solapamentos de próteses.

– CA4.7. Aplicáronse técnicas de acabamento de próteses cutáneas.

– CA4.8. Seguíronse as instrucións técnicas de manipulación dos produtos que cumpra utilizar.

– CA4.9. Establecéronse as precaucións que se deben ter en conta á hora de aplicar as próteses.

– CA4.10. Aplicáronse medidas de seguridade e hixiene e de xestión de residuos durante todo o proceso.

• RA5. Adapta calotas, próteses pilosas e perrucas, seleccionando técnicas e aplicando o procedemento establecido.

– CA5.1. Preparouse a pel e o pelo para aplicar a calota.

– CA5.2. Colocáronse as calotas tendo en conta as características persoais e técnicas.

– CA5.3. Adaptouse o peiteado do personaxe ás características do/da intérprete ou modelo.

– CA5.4. Seleccionáronse as técnicas de peiteado en función das necesidades e do medio escénico.

– CA5.5. Determináronse as formas de aplicación e adaptación de perrucas e postizos.

– CA5.6. Colocáronse perrucas completas.

– CA5.7. Identificáronse as técnicas de colocación das próteses pilosas faciais e corporais en función do/da modelo e do traballo que cumpra realizar.

– CA5.8. Realizáronse técnicas de acabamento das próteses pilosas e/ou do cabelo.

– CA5.9. Seleccionáronse as combinacións de calotas, próteses capilares e/ou perrucas requiridas polo personaxe.

– CA5.10. Aplicáronse medidas de seguridade e hixiene e de xestión de residuos durante todo o proceso.

• RA6. Realiza a caracterización integral do personaxe, tendo en conta as relacións da maquillaxe, os efectos especiais, o vestiario e os demais elementos co proxecto artístico.

– CA6.1. Estableceuse o tipo de maquillaxe que se deba realizar en función do personaxe que cumpra caracterizar.

– CA6.2. Seleccionáronse os efectos especiais relacionados co personaxe.

– CA6.3. Realizouse a preparación da pel.

– CA6.4. Aplicáronse e creáronse efectos especiais de maquillaxe.

– CA6.5. Integrouse a maquillaxe de caracterización para a definición do personaxe.

– CA6.6. Integráronse as próteses aplicadas coa maquillaxe.

– CA6.7. Adaptáronse os complementos e o vestiario á maquillaxe de caracterización.

– CA6.8. Axustáronse todos os elementos que integran a caracterización, analizando o resultado final.

• RA7. Avalía os resultados finais, analizando os parámetros que determinan a calidade, e aplicáronse medidas correctoras.

– CA7.1. Aplicáronse medidas correctoras a posibles desviacións ao longo do proceso.

– CA7.2. Resolvéronse as incidencias xurdidas no traballo realizado.

– CA7.3. Comprobouse que nas fichas técnicas queden rexistrados todos os datos recollidos durante o proceso.

– CA7.4. Efectuáronse retoques de peiteado, maquillaxe e próteses de caracterización.

– CA7.5. Estableceuse o método de avaliación do resultado.

• RA8. Establece métodos de retirada dos elementos de caracterización, seleccionando os medios técnicos e seguindo as medidas de seguridade e hixiene.

– CA8.1. Identificáronse as fases que cumpra seguir para retirar as próteses.

– CA8.2. Seleccionáronse os produtos axeitados para unha correcta eliminación dos elementos de caracterización.

– CA8.3. Realizáronse procedementos de eliminación de próteses.

– CA8.4. Refugáronse ou conserváronse correctamente as próteses empregadas.

– CA8.5. Realizáronse técnicas de hidratación e restablecemento das condicións da pel.

– CA8.6. Asesorouse sobre os coidados da pel tras a retirada das próteses.

– CA8.7. Definíronse as medidas de actuación en caso de irritacións, alerxias ou sensación de abafo da persoa usuaria.

– CA8.8. Describíronse as normas de conservación e almacenamento das próteses utilizadas.

1.2.2. Contidos básicos.

BC1. Organización do plan de traballo para caracterizar personaxes.

• Plan de traballo: planificación, secuencia e fases na caracterización dun personaxe. Traballo en equipo.

• Análise da documentación técnica.

• Análise do personaxe: identificación do contexto histórico, así como das próteses e dos traballos técnicos necesarios para elaborar o personaxe (peiteados, maquillaxes, efectos especiais, vestiario, etc.). Ficha técnica.

• Adaptación e análise de bosquexos e maquetas en función dos recursos persoais, materiais e técnicos.

• Identificación de medios, espazos e materiais necesarios para levar a cabo o proxecto.

BC2. Identificación das características da indumentaria escénica que definen o personaxe.

• Evolución da indumentaria ao longo da historia: prehistoria; idades antiga, media e contemporánea, etc.

• Indumentaria dos personaxes de ficción.

• Evolución da silueta ao longo da historia. Canons de beleza.

• Características do traxe no espectáculo: tecidos, cores, etc.

• Identificación e clasificación dos attrezzos e complementos que acompañan o personaxe.

• Relación do vestiario coas características do personaxe.

BC3. Organización da zona de traballo.

• Características do espazo de traballo do persoal caracterizador.

• Preparación de equipamentos e materiais: criterios de selección e pautas para a manipulación. Precaucións.

• Criterios de selección de cosméticos e produtos: pautas para a preparación e a manipulación. Precaucións.

• Prevención de riscos no posto de traballo para modelos e persoal caracterizador.

• Pautas de aplicación dos métodos de desinfección e de esterilización dos utensilios, ferramentas e espazos.

• Atención e acomodación de modelos e intérpretes.

• Identificación das características de modelos e intérpretes. Ficha técnica.

• Identificación de posibles sensacións e/ou molestias durante o proceso.

BC4. Adaptación das próteses cutáneas fabricadas.

• Técnicas previas. Protección da pel: secuencia na adaptación das próteses.

• Métodos de aplicación das próteses cutáneas: manipulación, técnicas de acabamento e de unificación, adhesivos, posibles solapamentos, etc.

• Parámetros que determinan o tipo de acabamento das próteses: medios, vestiario, peiteado, planos, iluminación, etc.

• Precaucións.

• Seguridade e hixiene na manipulación de produtos e no proceso de aplicación de próteses non pilosas. Xestión de residuos.

BC5. Adaptación de calotas, próteses pilosas e perrucas.

• Técnicas previas. Características do cabelo da persoa. Preparación da pel e do pelo.

• Selección de próteses pilosas e de calotas: modo de aplicación e adaptación; conservación.

• Técnicas de acabamento.

• Combinacións na aplicación de próteses pilosas e calotas.

• Adaptación de perrucas completas.

• Parámetros que determinan o tipo de acabamento no cabelo: medios, vestiario, peiteado, planos, iluminación, etc.

• Seguridade e hixiene nos procesos de aplicación de próteses pilosas, perrucas e calotas. Xestión de residuos.

BC6. Realización da caracterización integral do personaxe.

• Criterios de selección das técnicas de maquillaxe integral do personaxe.

• Preparación da pel e do cabelo.

• Aplicación e creación de efectos especiais de maquillaxe. Precaucións.

• Finalización da caracterización co vestiario: colocación do vestiario e dos complementos; adaptación e acabamento dos elementos de caracterización coa vestimenta.

• Elaboración de maquillaxes base de caracterización. Trazos xerais definitorios.

• Aplicación de maquillaxe en próteses cutáneas. Maquillaxe de calotas.

BC7. Avaliación dos resultados finais.

• Control de calidade. Parámetros de calidade.

• Parámetros para avaliar o resultado final da caracterización.

• Procesos técnicos de retoques de caracterización. Temporalización dos retoques e características dos posibles cambios.

• Xeito de actuar en caso de desviacións nos procesos realizados. Retoques de peiteado e de efectos especiais.

• Avaliación do resultado e rexistros na ficha técnica.

BC8. Establecemento dos métodos de retirada dos elementos de caracterización.

• Procedemento de retirada de próteses faciais e calotas: aplicación de cosméticos para despegar as próteses. Modo de realización.

• Procedemento de retirada de próteses pilosas, perrucas e extensións. Produtos específicos: descrición e uso.

• Procedemento de retirada de maquillaxe e efectos especiais. Produtos específicos: descrición e uso.

• Coidados da pel posteriores á retirada de elementos de caracterización.

• Aplicación de medidas de actuación en caso de irritacións, alerxias ou sensación de abafo da persoa usuaria. Aplicación de tratamentos calmantes e reparadores.

• Conservación e almacenamento das próteses utilizadas. Factores determinantes: calor, luz, humidade, etc.

1.2.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de coordinar os traballos, os elementos e os recursos de caracterización para construír personaxes sobre modelos e intérpretes.

Esta función abrangue aspectos como:

– Análise das demandas e dos requisitos do proxecto.

– Planificación do proceso.

– Determinación, acondicionamento e colocación dos materiais e dos produtos no espazo de traballo.

– Supervisión, aplicación e retirada de próteses e perrucas no personaxe.

– Supervisión, aplicación e retirada de maquillaxe, efectos especiais, vestiario e demais elementos do proxecto artístico na caracterización integral do personaxe.

– Supervisión e aplicación de medidas de seguridade e prevención de riscos.

– Avaliación do proceso.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Organización do plan de traballo para caracterizar personaxes.

– Organización da zona de traballo.

– Adaptación das próteses cutáneas.

– Adaptación de calotas, próteses pilosas e perrucas.

– Realización da caracterización integral do personaxe.

– Avaliación dos resultados finais.

– Establecemento dos métodos de retirada dos elementos de caracterización.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais c), g), j), k), m), n), o), p), r), s) e u) do ciclo formativo e as competencias b), e), g), h), i), j), l), n), ñ) e o).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Identificación das demandas do proxecto.

– Identificación dos elementos de caracterización que integran o personaxe.

– Secuencia das operacións do proceso.

– Selección dos procesos de adaptación de calotas e de próteses faciais e corporais.

– Selección dos procesos de adaptación de próteses pilosas faciais e corporais, e de perrucas.

– Realización de maquillaxes de caracterización e de efectos especiais para a integración de todos os elementos que definen o personaxe.

– Adaptación do peiteado, o vestiario e os ornamentos no personaxe.

1.3. Módulo profesional: Maquillaxe profesional.

• Equivalencia en créditos ECTS: 11.

• Código: MP1262.

• Duración: 193 horas.

1.3.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Establece o procedemento de traballo do persoal profesional da maquillaxe, identificando o seu campo de actuación.

– CA1.1. Identificouse o campo de actuación do persoal profesional.

– CA1.2. Identificáronse e clasificáronse os tipos de maquillaxes en función do evento e/ou do tipo de medio.

– CA1.3. Especificáronse as funcións do persoal maquillador oficial das casas comerciais de maquillaxe.

– CA1.4. Planificáronse e secuenciáronse as fases para realizar as maquillaxes.

– CA1.5. Utilizáronse fontes documentais sobre a maquillaxe que se deba crear.

– CA1.6. Analizouse a información proporcionada polo equipo profesional e artístico do proxecto.

– CA1.7. Identificáronse as técnicas empregadas para a realización das maquillaxes.

– CA1.8. Establecéronse os protocolos de maquillaxe en diferentes ámbitos sociolaborais, audiovisuais e escénicos.

– CA1.9. Especificáronse procedementos para a avaliación e o control do procedemento.

– CA1.10. Propuxéronse modificacións no bosquexo orixinal que melloren a elaboración, a calidade e o custo do proceso.

– CA1.11. Realizáronse bosquexos de diversos tipos de maquillaxes.

• RA2. Determina o tipo de maquillaxe e as cores que cumpra empregar, identificando as características dos medios escénicos, audiovisuais, fotográficos e dos actos sociolaborais.

– CA2.1. Establecéronse os criterios para clasificar as maquillaxes.

– CA2.2. Especificáronse as características das maquillaxes sociolaborais.

– CA2.3. Determináronse as variables e as características técnicas que inflúen na selección do tipo de maquillaxe audiovisual e escénica.

– CA2.4. Identificáronse as características das maquillaxes en cada época histórica.

– CA2.5. Identificouse a influencia da iluminación na maquillaxe.

– CA2.6. Estableceuse a influencia da cor na maquillaxe, segundo a teoría da cor.

– CA2.7. Establecéronse as variables que determinan a selección das cores na maquillaxe.

– CA2.8. Analizáronse as características xerais dos cosméticos empregados na maquillaxe profesional.

– CA2.9. Establecéronse as variables que determinan a selección dos cosméticos de maquillaxe.

– CA2.10. Estableceuse o método para identificar o estilo, as necesidades e as demandas da persoa usuaria.

• RA3. Organiza o espazo de traballo, seleccionando os produtos e os equipamentos de maquillaxe.

– CA3.1. Identificáronse as características específicas dos espazos onde pode traballar o persoal maquillador.

– CA3.2. Preparouse e organizouse o espazo de traballo.

– CA3.3. Seleccionáronse os produtos, os utensilios e os equipamentos necesarios para a maquillaxe.

– CA3.4. Realizáronselle os tests de tolerancia ao/á modelo.

– CA3.5. Aplicáronse as normas de hixiene, seguridade e conservación en relación co equipamento e cos cosméticos de maquillaxe.

– CA3.6. Seleccionouse o material dun só uso necesario para a maquillaxe.

– CA3.7. Establecéronse os criterios para o almacenamento dos produtos cosméticos decorativos.

– CA3.8. Organizouse o maletín de maquillaxe e o de retoque.

– CA3.9. Identificáronse as partes do aerógrafo.

– CA3.10. Describíronse os mecanismos de montaxe, desmontaxe e limpeza do aerógrafo.

– CA3.11. Seleccionáronse os compresores, os produtos e os equipamentos necesarios para poder realizar unha maquillaxe con aerógrafo.

– CA3.12. Aplicáronse as medidas de xestión de residuos especificadas.

• RA4. Aplica técnicas de maquillaxe correctiva, en relación coas características morfolóxicas, psicolóxicas e cutáneas.

– CA4.1. Determináronse pautas para a análise das características físicas e morfolóxicas da persoa usuaria.

– CA4.2. Aplicáronse técnicas de psicomorfoloxía e visaxismo para identificar o tipo de óvalo e as características do rostro.

– CA4.3. Identificáronse as tipoloxías corporais.

– CA4.4. Estableceuse a harmonía en función da cor da pel, do cabelo e dos ollos, diferenciando as harmonías naturais.

– CA4.5. Identificouse a tipoloxía cutánea e as súas alteracións estéticas.

– CA4.6. Seleccionáronse os cosméticos en función das características cutáneas, a harmonía do rostro e o tipo de maquillaxe.

– CA4.7. Cubriuse a ficha técnica e artística da maquillaxe.

– CA4.8. Seleccionouse a técnica correctiva en función das características morfolóxicas e o tipo de efecto que se deba lograr.

– CA4.9. Xustificouse o emprego da técnica do claroscuro.

– CA4.10. Realizáronse correccións faciais e corporais a través da maquillaxe.

• RA5. Executa os protocolos de maquillaxes profesionais faciais e/ou corporais empregando as técnicas adecuadas.

– CA5.1. Establecéronse pautas de acomodación e preparación da persoa usuaria.

– CA5.2. Utilizáronse os equipamentos de protección individual.

– CA5.3. Preparouse a pel en función das características cutáneas e da maquillaxe.

– CA5.4. Seleccionouse a técnica de maquillaxe facial e corporal, tendo en conta as variables que determinan o proceso.

– CA5.5. Aplicáronse pestanas postizas, en grupo e en tira, e extensións.

– CA5.6. Colocáronse complementos e adobíos en función da maquillaxe.

– CA5.7. Seguiuse o proceso para a realización das maquillaxes e tívose en conta o seu raccord ou a súa continuidade nas rodaxes.

– CA5.8. Estableceuse o procedemento de aplicación de maquillaxe facial ou corporal con aerógrafo.

– CA5.9. Aplicáronse as técnicas de fixación, mantemento, retoque e transformación dunha maquillaxe.

– CA5.10. Realizáronse procesos de eliminación da maquillaxe.

– CA5.11. Aplicáronse as técnicas de recuperación, limpeza e conservación de accesorios e complementos.

– CA5.12. Seguíronse as recomendacións relacionadas coa ergonomía e a educación postural.

– CA5.13. Analizouse o resultado e aplicáronse medidas correctoras de resultados imprevistos.

• RA6. Executa os protocolos de maquillaxe de fantasía, adaptándoos á zona facial e/ou corporal, empregando as técnicas adecuadas.

– CA6.1. Realizouse o deseño da maquillaxe de fantasía, adaptándoo ao/á usuario/a ou modelo.

– CA6.2. Seleccionáronse os materiais, os patróns e os produtos en función da técnica que se vaia empregar.

– CA6.3. Preparouse a pel en función das características cutáneas e da maquillaxe.

– CA6.4. Preparouse o cabelo para o integrar na maquillaxe de fantasía.

– CA6.5. Aplicáronse técnicas de ocultamento en función do deseño.

– CA6.6. Aplicáronse os cosméticos e os accesorios para a elaboración de maquillaxes de fantasía, faciais e corporais, en función das súas texturas.

– CA6.7. Empregáronse técnicas de aplicación de produtos de fantasía con e sen aerógrafo.

– CA6.8. Seguíronse as pautas de realización de maquillaxes de fantasía faciais e corporais.

– CA6.9. Retiráronse as maquillaxes de fantasía.

– CA6.10. Aplicáronse as técnicas de recuperación, limpeza e conservación de accesorios e complementos.

– CA6.11. Analizouse o resultado e aplicáronse medidas correctoras de resultados imprevistos.

– CA6.12. Elaboráronse complementos, attrezzo e vestiario acordes coas maquillaxes de fantasía.

1.3.2. Contidos básicos.

BC1. Establecemento do procedemento de traballo do persoal profesional de maquillaxe.

• Análise dos campos de actuación. Maquillaxe nos actos sociais. Clasificación dos eventos sociais. Maquillaxe no contorno laboral. Clasificación dos eventos laborais. Maquillaxe nos medios audiovisuais. Tipo de maquillaxe segundo o medio audiovisual: televisión, cine, alta definición, fotografía, branco e negro, publicidade, etc. Maquillaxe nos medios escénicos e de moda. Tipo de maquillaxe segundo o medio escénico: de pasarela, de fantasía e para concurso. Persoal maquillador oficial das casas comerciais de maquillaxe.

• Fontes documentais e información necesaria para a realización da maquillaxe. Informes do equipo profesional e artístico do proxecto.

• Protocolos de maquillaxe: tipos e técnicas. Secuencia e temporalización: documentación, análise, execución, finalización, avaliación e control.

• Bosquexo de maquillaxe: deseño e presentación gráfica. Adaptación e/ou modificación do bosquexo orixinal.

BC2. Determinación do tipo e as cores da maquillaxe.

• Clasificación das maquillaxes. Maquillaxe sociolaboral: tipos e características. Maquillaxe audiovisual e escénica: características técnicas dos medios con influencia na maquillaxe. Maquillaxes de publicidade, fotografía e pasarela: características técnicas e artísticas con influencia na maquillaxe. Maquillaxes históricas: características.

• Características técnicas e artísticas dos medios con influencia nos procedementos e nos resultados da maquillaxe.

• Influencia da luz na maquillaxe. Teoría da luz aplicada á maquillaxe. Luz natural e luz artificial. Calidade e características da luz, e a súa interacción coas cores da maquillaxe.

• Influencia da cor na maquillaxe. Teoría da cor.

• Relacións entre as cores na maquillaxe: relacións harmónicas e de contraste.

• Variables relacionadas coa selección das cores empregadas na maquillaxe: relacións da cor cos medios audiovisuais, escénicos e de moda, cos tipos de iluminación, coas cores da vestimenta, dos complementos e do attrezzo, co significado, o simbolismo e a personalidade das cores, etc.

• Cosméticos para maquillaxe: características e criterios de selección, manipulación e conservación.

• Identificación do estilo, os criterios estéticos, as necesidades e as demandas da clientela.

BC3. Organización do espazo de traballo.

• Descrición do espazo de traballo.

• Preparación e organización do espazo de traballo, os produtos, os utensilios e os equipamentos para a maquillaxe profesional. Criterios de selección e pautas para a súa manipulación, a súa conservación e o seu almacenamento. Test de tolerancia. Maletín profesional: tipos e organización.

• O aerógrafo en maquillaxe profesional: características. Normas de uso, limpeza e conservación. Tipos de compresores de aerografía. Cosméticos de uso específico e accesorios: criterios de selección.

• Técnicas de limpeza, desinfección e esterilización do equipamento de maquillaxe: criterio de selección e pautas de aplicación. Material dun só uso utilizado en maquillaxe.

• Xestión de residuos.

BC4. Aplicación de técnicas de maquillaxe correctiva.

• Análise da morfopsicoloxía facial: descrición do rostro (marco, ton, zonas, etc.).

• Análise da morfopsicoloxía corporal: tipos morfopsicolóxicos corporais.

• Análise do óvalo.

• Análise das partes do rostro.

• Análise das características, as alteracións e a cor da pel, do cabelo e dos ollos. Trazos físicos dos principais grupos étnicos. Selección dos cosméticos axeitados.

• Ficha técnica e artística da maquillaxe: deseño e formalización.

• Relación entre a fisioloxía cutánea do rostro e a maquillaxe: maquillaxe e tipos de pel, idade, sexo, etc.

• Técnicas correctivas a través da maquillaxe: visaxismo do rostro e do corpo. Procedemento de aplicación: técnica de claroscuro, corrección de ollos, cellas, beizos, camuflaxe para tatuaxes, etc.

BC5. Execución dos protocolos de maquillaxes profesionais faciais e corporais.

• Fases previas ao proceso de maquillaxe: protección e acomodación de modelos e do persoal maquillador, preparación da pel e aplicación de bases correctoras.

• Técnicas de aplicación de produtos de maquillaxe e parámetros que determinan a súa aplicación: fondos de maquillaxe, maquillaxe de ollos, beizos, cellas, pestanas e fazulas, colocación de pestanas postizas, extensións, etc. Técnicas de aplicación con aerógrafo. Colocación de complementos, adobíos, etc.

• Técnicas de fixación e finalización da maquillaxe, mantemento, retoques e transformación.

• Raccord ou continuidade da maquillaxe nas rodaxes.

• Variabilidade do proceso en función do tipo de maquillaxe: maquillaxes de día, tarde, noite, cóctel, festa, pasarela, cerimonia, fotografía, publicidade, televisión, vídeo, cine, teatro, época, etc.

• Proceso de desmaquillaxe. Técnicas e cosméticos: criterios de selección.

• Técnicas de recuperación, limpeza e conservación de accesorios e complementos.

• Ergonomía e educación postural de modelos e profesionais no proceso de maquillaxe.

• Avaliación dos resultados da maquillaxe. Medidas de corrección.

BC6. Execución dos protocolos de maquillaxe de fantasía.

• Clasificación das maquillaxes de fantasía segundo a zona que se vaia maquillar (facial ou corporal), segundo o motivo (floral, animal, fantasía, etc.) ou segundo a técnica empregada (manual, con patróns, con aerógrafo, etc.).

• Fases previas ao proceso de maquillaxe de fantasía: selección de materiais e produtos, limpeza e preparación da pel (exfoliación, hidratación, depilación corporal ou rasurado, ocultamento de zonas como cellas, etc. Preparación do cabelo.

• Técnicas de maquillaxe de fantasía: de aplicación dos produtos (parámetros de dirección, zonas e material de aplicación, etc.), de aplicación de maquillaxes de fantasía segundo a textura e a presentación do produto (aerosol, á auga, con aerógrafo, etc.) e de aplicación de accesorios (adobíos brillantes, plumas, etc.).

• Elaboración de maquillaxe de fantasía facial e corporal.

• Proceso de desmaquillaxe da maquillaxe de fantasía.

• Eliminación, limpeza e conservación dos complementos.

• Avaliación dos resultados da maquillaxe de fantasía, seguindo o control de calidade. Medidas de corrección.

• Elaboración de attrezzo, complementos e vestiario para a maquillaxe de fantasía. Identificación dos materiais empregados.

1.3.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de deseño e elaboración de maquillaxes faciais, corporais e de fantasía para os ámbitos da caracterización, de empresas especializadas e da estética.

A función de deseño e elaboración de maquillaxes abrangue aspectos como:

– Elaboración do protocolo de traballo do persoal maquillador profesional.

– Deseño de maquillaxes para os medios escénicos, audiovisuais, fotográficos e dos actos sociolaborais.

– Determinación, acondicionamento e colocación dos materiais e dos produtos no espazo de traballo.

– Estudo morfolóxico facial e corporal dos/das intérpretes e/ou da clientela.

– Supervisión, aplicación e retirada de maquillaxes profesionais faciais e corporais.

– Supervisión, aplicación e retirada da maquillaxe de fantasía.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Protocolos de maquillaxe social, para medios audiovisuais e escénicos, para medios fotográficos e de fantasía.

– Cursos de automaquillaxe.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais c), k), n), o), p), r), s) e u) do ciclo formativo e as competencias b), h), j), l), n), ñ) e o).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Identificación dos datos necesarios para formalizar a documentación técnica.

– Selección e aplicación de cosméticos decorativos.

– Realización de estudos morfolóxicos faciais e corporais.

– Aplicación de correccións mediante visaxismo facial e corporal.

– Realización de diversos tipos de maquillaxe, tendo en conta as variables implicadas.

– Realización de maquillaxes de fantasía.

– Determinación de pautas para a automaquillaxe.

1.4. Módulo profesional: Efectos especiais a través da maquillaxe.

• Equivalencia en créditos ECTS: 4.

• Código: MP1263.

• Duración: 87 horas.

1.4.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Establece o procedemento de maquillaxe de efectos especiais, analizando as variables do proceso.

– CA1.1. Planificáronse e secuenciáronse as fases para realizar os efectos especiais de caracterización.

– CA1.2. Utilizáronse fontes documentais para procurar información sobre o efecto especial que cumpra crear.

– CA1.3. Identificáronse as técnicas empregadas para a realización das maquillaxes especiais.

– CA1.4. Identificáronse as características técnicas e artísticas que poden influír na maquillaxe de efectos especiais.

– CA1.5. Elaborouse a ficha técnica coas especificacións da maquillaxe de efectos especiais.

– CA1.6. Propuxéronse modificacións no bosquexo orixinal que melloren a elaboración, a calidade e o custo do proceso.

– CA1.7. Realizáronse bosquexos das maquillaxes de efectos especiais.

• RA2. Identifica os efectos especiais de caracterización, tendo en conta a relación das características da lesión ou da alteración cos materiais e coas técnicas que se vaian empregar.

– CA2.1. Estableceuse a relación entre os volumes, as cores e as texturas do efecto que se vaia simular, e as técnicas e os produtos que se vaian empregar.

– CA2.2. Identificáronse os tipos dos efectos que cumpra simular en alteracións, feridas, cadáveres ou cambios físicos.

– CA2.3. Describíronse as características anatómicas e morfolóxicas diferenciais de cada efecto que cumpra simular.

– CA2.4. Seleccionáronse as técnicas para empregar en función do efecto que haxa que simular.

– CA2.5. Identificáronse os equipamentos e os utensilios empregados nos efectos especiais.

– CA2.6. Seleccionáronse os equipamentos e os produtos necesarios para a execución do proceso.

• RA3. Realiza o proceso de modelaxe dos efectos especiais directamente sobre a pel, seleccionando a técnica en función do material que cumpra utilizar e aplicando parámetros de proporción, textura, cor, forma e volume.

– CA3.1. Identificáronse os efectos especiais susceptibles de elaborarse con técnica de modelaxe directa sobre a pel.

– CA3.2. Determináronse operacións de preparación da pel e probas de tolerancia previas á modelaxe.

– CA3.3. Seleccionáronse as técnicas de modelaxe (en frío, en quente, etc.) adecuadas ao material elixido.

– CA3.4. Seleccionáronse materiais, produtos e utensilios necesarios para a modelaxe.

– CA3.5. Realizouse o cálculo de masas e volumes dos compoñentes que interveñen, partindo dunha ficha de formulación.

– CA3.6. Creáronse volumes e texturas coa modelaxe directa.

– CA3.7. Seguiuse a orde e o tempo de manipulación dos compoñentes, segundo as especificacións establecidas.

– CA3.8. Realizouse o proceso de acabamento da modelaxe.

– CA3.9. Aplicáronse as normas de seguridade e hixiene durante o proceso de modelaxe directa.

– CA3.10. Aplicouse a normativa na xestión de residuos.

• RA4. Realiza os procesos de esculpido e adaptación de próteses ungulares e oculares, seleccionando a técnica en función do material que cumpra utilizar.

– CA4.1. Identificáronse as características das próteses ungulares e oculares.

– CA4.2. Seleccionáronse os materiais e os produtos de elaboración das próteses ungulares e oculares.

– CA4.3. Planificáronse as actividades para o esculpido de uñas e gadoupas.

– CA4.4. Elaboráronse, adaptáronse e adheríronse as próteses ungulares á zona que cumpra caracterizar.

– CA4.5. Realizáronse as técnicas de esculpido de ollos.

– CA4.6. Seguiuse o proceso de adaptación das lentes de contacto.

– CA4.7. Mantivéronse as normas de seguridade e hixiene na elaboración e na conservación das próteses ungulares e oculares.

– CA4.8. Realizáronse probas e axustes destas próteses.

– CA4.9. Aplicouse a normativa na xestión de residuos.

• RA5. Realiza o proceso de maquillaxe para crear efectos especiais, seleccionando produtos e analizando as variables do proceso.

– CA5.1. Determináronse as operacións de preparación da pel, as uñas e o pelo previas á maquillaxe de efectos especiais.

– CA5.2. Seleccionáronse materiais, produtos e utensilios necesarios para a maquillaxe do efecto que cumpra simular.

– CA5.3. Realizáronse efectos especiais con produtos de maquillaxe directamente sobre a pel, as uñas e o pelo.

– CA5.4. Realizáronse as maquillaxes sobre os materiais modelados e sobre as próteses aplicadas.

– CA5.5. Aplicouse sangue, elementos saíntes e outros produtos ou materiais de acabamento.

– CA5.6. Aplicáronse as técnicas de fixación, mantemento, retoque ou transformación da maquillaxe de efectos especiais.

– CA5.7. Realizáronse probas e axustes sobre a maquillaxe en función das especificacións.

– CA5.8. Seguíronse as recomendacións relacionadas coa ergonomía e a educación postural na creación de efectos especiais.

– CA5.9. Aplicáronse as técnicas de limpeza, desinfección e esterilización sobre o equipamento de maquillaxe de efectos especiais.

– CA5.10. Realizáronse procesos de retirada de próteses e desmaquillaxe de efectos especiais completos.

• RA6. Avalía os resultados finais, atendendo aos parámetros establecidos de calidade do proceso, e aplica medidas correctivas no caso de ser necesarias.

– CA6.1. Aplicáronse técnicas para o control do proceso de creación de efectos especiais en caracterización.

– CA6.2. Aplicáronse medidas correctoras de posibles desviacións ao longo do proceso.

– CA6.3. Resolvéronse as incidencias xurdidas no traballo realizado.

– CA6.4. Utilizáronse correctamente os protocolos de actuación establecidos.

– CA6.5. Describíronse as normas de recollida selectiva dos produtos utilizados.

– CA6.6. Definíronse as medidas de actuación en caso de irritacións, alerxias ou sensación de abafo da persoa usuaria.

– CA6.7. Avaliouse a calidade do proceso seguido para a obtención dos efectos especiais.

1.4.2. Contidos básicos.

BC1. Establecemento do procedemento de traballo da maquillaxe de efectos especiais.

• Protocolos de maquillaxe de efectos especiais: fases de realización.

• Clasificación das técnicas empregadas para a realización de maquillaxes de efectos especiais.

• Características técnicas e artísticas que inflúen nas maquillaxes de efectos especiais: iluminación e efectos especiais. O tipo de medio. Relación entre efectos especiais e maquillaxe: fume, lume, etc. Condicións de interpretación e vestiario: mobilidade, rozamentos, axustes, etc.

• Elaboración de protocolos: documentación. Análise das características do proxecto de maquillaxe de efectos especiais. Realización da ficha técnica de maquillaxe de efectos especiais. Organización do tempo e o espazo de traballo. Selección de medios, materiais, técnicas e produtos. Avaliación e control dos efectos especiais.

• Presentación gráfica do bosquexo de maquillaxe de efectos especiais.

• Propostas para introducir modificacións ou variantes que melloren a calidade, a elaboración, o custo, etc.

BC2. Identificación das características dos efectos especiais de caracterización.

• Identificación dos volumes, as cores e as texturas das alteracións da pel, o pelo, as uñas e outros órganos: alteracións de queratinización, pigmentación e vascularización, por infeccións por fungos, virus ou bacterias, etc.

• Identificación dos volumes, as cores e as texturas de feridas de diversos tipos producidas por diferentes axentes causantes.

• Identificación das coloracións e as texturas dos fenómenos cadavéricos, segundo a causa da morte, a súa evolución e a súa conservación (efectos derivados da autopsia, etc.).

• Identificación das características propias dos cambios producidos na pel, no pelo e nos dentes coa idade.

• Identificación dos cambios físicos relacionados cos estados emocionais: efecto suor, abafo, bágoas, etc.

• Identificación dos cambios físicos relacionados con deterioracións do organismo: doenzas, alcoholismo, drogadicción, etc.

• Selección de técnicas que cumpra empregar en relación coa simulación de efectos especiais.

• Selección dos materiais e os produtos empregados na simulación de efectos especiais.

• Descrición e selección dos utensilios e os equipamentos empregados na simulación de efectos especiais.

BC3. Realización do proceso de modelaxe de efectos especiais directamente sobre a pel.

• Identificación dos efectos especiais susceptibles de modelaxe directa sobre a pel.

• Técnicas previas á aplicación do material de modelaxe sobre a pel: preparación da pel; probas de tolerancia.

• Materiais, produtos e utensilios de modelaxe: xelatina, silicona, cera, látex, celulosa e algodón; punzóns, espátulas, etc. Preparación de materiais: peso, medidas, cálculos, mesturas, etc. Criterios de selección.

• Técnicas de modelaxe sobre a pel. Modelaxe en quente: parámetros e temperatura dos produtos. Esfumaxe dos bordos da modelaxe directa. Creación de volumes coa modelaxe directa. Pautas para a manipulación e a permanencia dos produtos.

• Aplicación das normas de seguridade e hixiene durante o proceso de modelaxe. Limpeza e desinfección dos utensilios empregados para modelar sobre a pel.

• Xestión de residuos.

BC4. Realización dos procesos de esculpido e adaptación de próteses ungulares e oculares.

• Próteses ungulares: tipos e características; vantaxes e inconvenientes.

• Próteses oculares: tipos, características dos ollos humanos e animais, reais ou ficticios, e doutras próteses; vantaxes e inconvenientes.

• Técnicas de esculpido de uñas e gadoupas para efectos especiais. Produtos e materiais para esculpido de uñas e gadoupas.

• Adaptación e fixación das próteses ungulares: técnicas, produtos e utensilios. Conservación de próteses ungulares.

• Técnicas de esculpido de ollos para efectos especiais. Selección da técnica en función das características do ollo. Produtos e materiais.

• Adaptación das próteses oculares (lentes de contacto, etc.). Técnicas de adaptación en función do tipo de próteses.

• Normas de seguridade e hixiene na elaboración e na conservación de próteses ungulares e oculares.

• Xestión de residuos.

BC5. Realización do proceso de maquillaxe para crear efectos especiais.

• Técnicas previas á aplicación dos produtos de maquillaxe sobre a pel, as uñas e o pelo.

• Selección de materiais, produtos e utensilios empregados na maquillaxe de efectos especiais.

• Técnicas de aplicación dos produtos de maquillaxe sobre a pel, as uñas e o pelo. Técnicas manuais e mecánicas (aerógrafo).

• Técnicas de aplicación de maquillaxe de efectos especiais sobre os materiais modelados.

• Técnicas de aplicación de maquillaxe sobre as próteses de feridas, de cicatrices e de alteracións da pel, as uñas e o pelo (incluídas as calotas).

• Aplicación de sangue e elementos saíntes: produtos ou materiais de acabamento. Efectos de bombeo do sangue.

• Técnicas de fixación, mantemento, retoques, axustes e transformación da maquillaxe de efectos especiais.

• Ergonomía e educación postural de modelos e profesionais no proceso de maquillaxe de efectos especiais.

• Aplicación das técnicas de limpeza, desinfección e esterilización do equipamento de maquillaxe de efectos especiais.

• Técnicas de retirada dos efectos especiais e desmaquillaxe: retirada de próteses modeladas e adaptadas sobre a pel. Limpeza e coidado da pel.

• Limpeza, conservación e reciclaxe de próteses e soportes.

BC6. Avaliación dos resultados finais.

• Control dos resultados. Parámetros de avaliación da prótese: tamaño, volume, proporcións, textura, credibilidade, fidelidade ao bosquexo, durabilidade e resistencia, bordos finos, colocación, etc.

• Avaliación dos resultados finais por parte do persoal caracterizador, da dirección artística e da persoa que sirva como modelo.

• Detección das causas das desviacións. Relación das desviacións co desenvolvemento das técnicas empregadas.

• Medidas correctoras da maquillaxe de efectos especiais. Técnicas correctoras mediante a maquillaxe e mediante o retoque de volumes.

• Medidas de actuación no caso de irritacións ou alerxias.

• Sistemas de recollida selectiva de produtos dun só uso empregados nas maquillaxes de efectos especiais.

1.4.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de elaboración de efectos especiais de caracterización a través da maquillaxe, da modelaxe directa sobre a pel e do esculpido de próteses ungulares e oculares.

A función de elaboración de efectos especiais de caracterización abrangue aspectos como:

– Elaboración do protocolo de creación de efectos especiais de caracterización.

– Deseño de maquillaxes de efectos especiais.

– Selección de materiais e produtos empregados na simulación de efectos especiais.

– Supervisión e elaboración de efectos especiais por modelaxe directa sobre a pel.

– Supervisión e/ou esculpido e adaptación de próteses ungulares e oculares.

– Realización de maquillaxes para crear efectos especiais nos personaxes.

– Avaliación dos resultados finais.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Protocolos de maquillaxe de efectos especiais.

– Protocolos de modelaxe directa sobre a pel e de maquillaxe de efectos especiais.

– Protocolos de elaboración e adaptación de próteses ungulares e oculares.

– Protocolos de elaboración de maquillaxe de efectos especiais.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais c), l), n), o), p), r), s), e u) do ciclo formativo e as competencias b), f), j), l), n), ñ) e o).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Identificación dos datos necesarios para formalizar a documentación técnica.

– Selección e aplicación de cosméticos para maquillaxe de efectos especiais.

– Realización de estudos e valoracións da relación das técnicas e os produtos que cumpra empregar co aspecto e a forma dos efectos que se deban simular.

– Realización de maquillaxes de efectos especiais de diversos tipos, tendo en conta as variables implicadas.

1.5. Módulo profesional: Creación de próteses faciais e corporais.

• Equivalencia en créditos ECTS: 13.

• Código: MP1264.

• Duración: 213 horas.

1.5.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Determina o tipo de próteses faciais e corporais, identificando as necesidades dos proxectos artísticos e as de modelos e intérpretes.

– CA1.1. Especificáronse os tipos e as características das próteses non pilosas.

– CA1.2. Identificáronse as próteses faciais e corporais necesarias para caracterizar personaxes en función dos requisitos do proxecto artístico.

– CA1.3. Determináronse as características físicas, psicolóxicas e socioeconómicas que definen os personaxes.

– CA1.4. Identificáronse as características morfolóxicas de modelos, actores e actrices.

– CA1.5. Relacionáronse as características que definen os personaxes coas de modelos, actores e actrices.

– CA1.6. Realizáronse bosquexos de próteses en soporte manual e informático.

– CA1.7. Propuxéronse modificacións no bosquexo orixinal que melloren a súa elaboración, a súa calidade e o seu custo.

– CA1.8. Seleccionouse o modelo de próteses, tendo en conta as características de modelos, actores e actrices, e a zona de aplicación.

– CA1.9. Establecéronse os métodos de prevención de reaccións adversas durante a manipulación, a aplicación e a utilización de próteses cutáneas.

– CA1.10. Rexistráronse na ficha de traballo os datos recollidos durante o proceso.

– CA1.11. Elaboráronse os raccords necesarios para o seguimento de personaxes.

• RA2. Establece o protocolo de elaboración de próteses, analizando e xustificando a secuencia e as variables do proceso.

– CA2.1. Determináronse os procedementos de elaboración de próteses non pilosas.

– CA2.2. Determináronse as fases de execución.

– CA2.3. Planificáronse e secuenciáronse as súas fases.

– CA2.4. Utilizouse e xerouse documentación asociada a estes procesos.

– CA2.5. Valorouse o traballo en equipo.

– CA2.6. Identificouse a terminoloxía propia da caracterización.

• RA3. Organiza o espazo de elaboración de próteses, identificando as áreas de traballo e seguindo as normas de seguridade e hixiene.

– CA3.1. Organizouse o espazo de traballo en función dos requisitos técnicos.

– CA3.2. Especificáronse os factores ambientais que poidan afectar o resultado final.

– CA3.3. Identificáronse as ferramentas utilizadas no procedemento de elaboración.

– CA3.4. Distribuíronse as ferramentas e os produtos segundo criterios de funcionalidade.

– CA3.5. Tivéronse en conta os requisitos sobre seguridade e hixiene dos procesos.

– CA3.6. Establecéronse as medidas de protección para modelos e para persoal profesional, en función da técnica utilizada.

– CA3.7. Aplicáronse os métodos de mantemento, hixiene e desinfección das instalacións, os utensilios e os aparellos.

– CA3.8. Seguíronse os procedementos de atención e acomodación de modelos e personaxes.

• RA4. Organiza e realiza a toma de impresión da zona que cumpra caracterizar e a súa positivaxe, secuenciando as fases de actuación e analizando os recursos e as variables do proceso.

– CA4.1. Especificáronse as sensacións que se poden percibir durante todo o proceso.

– CA4.2. Xustificouse a elección do material utilizado.

– CA4.3. Realizáronse a preparación da pel e a protección do cabelo previas á toma de impresión.

– CA4.4. Realizáronse os cálculos e as operacións de medida, pesaxe e mestura dos produtos necesarios para realizar a impresión no modelo.

– CA4.5. Aplicouse a mestura da base e o catalizador ou a auga en tempo e modo axeitados.

– CA4.6. Determinouse o sistema de apertura do molde.

– CA4.7. Realizouse a positivaxe do molde a través da envorcadura de escaiola ou outros produtos.

– CA4.8. Seleccionouse o sistema de rectificación do positivo.

– CA4.9. Establecéronse os coidados da pel posteriores á toma de impresión.

– CA4.10. Avaliouse a calidade do proceso seguido para a obtención do modelo mestre.

• RA5. Organiza e realiza a modelaxe e o moldeamento previos á obtención de próteses, secuenciando as fases de actuación e analizando os recursos e as variables do proceso.

– CA5.1. Identificáronse os materiais que cumpra utilizar para a modelaxe.

– CA5.2. Describiuse a técnica de modelaxe.

– CA5.3. Estableceuse a secuencia de actuación.

– CA5.4. Seleccionáronse os utensilios e as ferramentas que cumpra utilizar en función das características da técnica que haxa que realizar.

– CA5.5. Estableceuse o método de obtención de texturas.

– CA5.6. Confeccionáronse ferramentas propias para facilitar a modelaxe.

– CA5.7. Relacionáronse as técnicas de finalización co proceso realizado.

– CA5.8. Estableceuse a secuencia de actuación para a desmoldaxe.

– CA5.9. Especificouse o xeito de preparación de moldes para posteriormente obter o positivo.

• RA6. Obtén as próteses para a caracterización, aplicando técnicas de positivaxe sobre os moldes creados.

– CA6.1. Xustificouse a elección dos produtos e os utensilios para a obtención da prótese.

– CA6.2. Determináronse e ordenáronse as fases de execución.

– CA6.3. Realizáronse os cálculos e as operacións de medida, pesaxe e mestura dos produtos necesarios para realizar a positivaxe da prótese.

– CA6.4. Realizáronse técnicas de aplicación, vertedura, inxección ou encapsulaxe do produto, seguindo o procedemento establecido.

– CA6.5. Realizouse o secado en tempo e forma axeitados.

– CA6.6. Procedeuse a realizar a separación da prótese do molde, seleccionando o sistema de desmoldaxe.

– CA6.7. Establecéronse os factores que afecten o resultado final das próteses.

• RA7. Aplica técnicas de elaboración de calotas, próteses dentais e animatronic, identificando a secuencia de actuación e establecendo os recursos.

– CA7.1. Estableceuse a secuencia de actuación na elaboración de calotas, próteses dentais e animatronics.

– CA7.2. Seleccionáronse as técnicas previas ao proceso.

– CA7.3. Realizouse a toma de medidas de modelos ou intérpretes en función das próteses que se vaian elaborar.

– CA7.4. Seleccionáronse produtos, bases e ferramentas para a elaboración de calotas.

– CA7.5. Aplicáronse os produtos de elaboración de calotas sobre a base, seguindo o procedemento establecido.

– CA7.6. Realizouse o secado da calota en tempo e forma axeitados.

– CA7.7. Procedeuse a realizar a separación da prótese do molde.

– CA7.8. Elaboráronse próteses dentais.

– CA7.9. Describíronse os sistemas de mecanización dunha prótese.

– CA7.10. Verificouse o funcionamento da prótese mecanizada.

• RA8. Efectúa probas de próteses cutáneas elaboradas, analizando e aplicando procedementos de control.

– CA8.1. Estableceuse o procedemento para a proba en función do tipo de prótese.

– CA8.2. Comprobouse o estado dos bordos e separouse da peza troquelada.

– CA8.3. Axustouse a prótese á zona que cumpra caracterizar, segundo o procedemento.

– CA8.4. Aplicáronse os produtos adhesivos seguindo as normas de seguridade e hixiene.

– CA8.5. Describíronse as técnicas de degradación, esfumaxe e reparación de bordos.

– CA8.6. Aplicouse o método de detección de fallos e de corrección da prótese.

– CA8.7. Definíronse medidas de actuación en caso de irritacións, alerxias ou sensación de abafo da persoa usuaria.

– CA8.8. Establecéronse pautas de conservación e almacenamento das próteses realizadas.

– CA8.9. Avaliouse a calidade do proceso seguido para a obtención dos moldes e as próteses.

1.5.2. Contidos básicos.

BC1. Determinación do tipo de próteses faciais e corporais.

• Interpretación dun guión. Documentación histórica, social e económica. Identificación das características do personaxe.

• Análise comparativa entre o personaxe e o actor ou a actriz. Trazos físicos naturais.

• Descrición, clasificación e selección das próteses non pilosas faciais e corporais, parciais ou completas, para a creación do personaxe.

• Prevención de reaccións adversas aos produtos utilizados na elaboración e na adaptación das próteses cutáneas.

• Identificación e protección de zonas de aplicación.

• Establecemento de tolerancias no tempo, á temperatura, etc.

• Elaboración de ficha técnica e o raccord.

• Elaboración e modificación de bosquexos.

BC2. Establecemento do protocolo de elaboración de próteses.

• Tipos de procedementos de elaboración de próteses: moldeamento e modelaxe.

• Planificación do proceso de fabricación: temporalización, secuencia, materiais, equipamento, etc. Traballo en equipo.

• Terminoloxía propia da realización de próteses: encofradura, fragua coada, inxección, encapsulaxe, etc.

• Documentación asociada.

BC3. Organización do espazo de elaboración de próteses.

• Área de traballo: características e localización (iluminación, instalacións eléctricas e de auga, etc.).

• Factores ambientais que inflúen na elaboración das próteses (temperatura, humidade, etc.).

• Equipamentos e ferramentas para a realización de próteses: clasificación, características e precaucións.

• Produtos utilizados no proceso de fabricación: clasificación, características e precaucións.

• Medidas de mantemento e de seguridade e hixiene do ambiente, das persoas e dos equipamentos durante o proceso.

• Atención e acomodación de modelos e personaxes.

BC4. Organización e realización da toma de impresión da zona que se teña que caracterizar e a súa positivaxe.

• Tipos de impresión: segundo a zona (facial e corporal) e segundo o material empregado.

• Percepcións de modelos e personaxes durante o proceso de impresión.

• Técnicas previas á toma de impresión, previsión e acomodación de modelos e personaxes.

• Técnicas de protección do cabelo e da pel.

• Parámetros que determinan a toma de impresión: precaucións; medidas, pesaxes e temporalización (relación estequiométrica).

• Apertura do molde do/da modelo ou intérprete: desmoldaxe.

• Positivaxe do molde mestre: elección de procedemento.

• Rectificación da positivaxe: por exceso ou defecto.

• Duplicación do positivo, parcial, total, con base e sen base.

• Coidados da pel posteriores á toma de impresión.

• Calidade do proceso.

BC5. Organización e realización da modelaxe e o moldeamento previos á obtención de próteses.

• Materiais para a modelaxe (plastilina, arxila, ceras, etc.): características e propiedades; criterios de selección e adecuación ao uso que se vaia dar.

• Utensilios e ferramentas: criterios de selección.

• Técnicas previas na modelaxe: documentación, bosquexos previos, probas de tolerancia, etc.

• Tipos de modelaxe: vantaxes e inconvenientes. Secuencia e orde de execución. Precaucións. Conveniencia de respiradoiros, chaves, amordazados, etc.

• Creación de texturas e texturizadores.

• Técnicas do moldeamento. Tipos e características dos moldes: flexibles, ríxidos, mixtos, parciais, perdidos, nai, etc.

• Desmoldaxe e seladura dos moldes.

BC6. Obtención das próteses para a caracterización.

• Tipos de positivos de próteses.

• Relación dos produtos de positivaxe coa técnica máis axeitada, o efecto desexado e a zona de aplicación.

• Técnicas de aplicación, vertedura, inxección, encapsulaxe, etc.

• Procedemento de positivaxe das próteses: secuencia, temporalización, operacións previas, etc.

• Técnicas de secado dos materiais. Utilización de fornos: características, temperaturas e tempo de exposición.

• Desmoldaxe das próteses. Proceso de separación da prótese do molde.

• Relación entre a técnica de positivaxe e os medios onde se amosará.

• Factores que afectan o resultado final.

BC7. Aplicación de técnicas de elaboración de calotas, próteses dentais e animatronic.

• Técnicas previas á obtención de calotas e próteses dentais: toma de medidas; proba de tolerancia. Ficha técnica.

• Procedemento de elaboración de calotas. Tipos de calotas. Selección do material para a elaboración de calotas: látex, Glatzan ou Glatzan mate, etc. Vantaxes e inconvenientes dos materiais. Aplicación dos materiais no soporte. Secuencia e orde de execución.

• Próteses dentais: tipos e características. Secuencia e orde de execución segundo o material elixido.

• Procedemento de fabricación de animatronics. Mecanismos electrónicos. Secuencia e orde de execución do proceso de fabricación de animatronics. Tipos e efectos, materiais, etc.

• Relación entre a selección técnica de elaboración e animación da prótese, e o medio audiovisual e escénico.

BC8. Realización da proba das próteses cutáneas elaboradas.

• Control do estado da prótese. Verificación dos requisitos técnicos que determinan a calidade da prótese. Selección e preparación das próteses: comprobación e adaptación das próteses.

• Procedemento de realización da proba en función do tipo de prótese fabricada. Axuste e preparación da zona de aplicación: pel, uñas, cabelo, etc. Sistemas de fixación.

• Detección de fallos e medidas de corrección. Degradación dos bordos da prótese. Recorte, adaptación e modificación. Adaptación da prótese.

• Medidas de actuación en caso de irritacións, alerxias ou sensación de abafo da persoa usuaria.

• Conservación das próteses. Factores ambientais: temperatura, humidade, etc.

• Almacenamento das próteses. Características do almacén, ficha técnica do produto, data de caducidade, etc.

1.5.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de fabricación de próteses faciais e corporais de diversos modelos para a caracterización de personaxes.

A función de fabricación abrangue aspectos como:

– Análise das demandas e dos requisitos do proxecto.

– Planificación do proceso.

– Elaboración do protocolo de traballo.

– Determinación, acondicionamento e colocación dos materiais e produtos no espazo de traballo.

– Supervisión ou fabricación de calotas e próteses faciais e corporais.

– Verificación do produto final.

– Supervisión e aplicación de medidas de seguridade e prevención de riscos.

– Avaliación do proceso.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Protocolos de obtención do modelo mestre.

– Protocolos de modelaxe e moldeamento de próteses completas ou parciais.

– Protocolos de elaboración e adaptación de calotas e próteses faciais, dentais e corporais.

– Procedemento de fabricación de animatronics.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais c), h), n), o), p), r), s) e u) do ciclo formativo e as competencias b), f), j), l), n), ñ) e o).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Determinación dos tipos de próteses.

– Estudo e comparación das técnicas, e selección polas súas características.

– Deseño e personalización dos protocolos de actuación.

– Preparación do espazo, aplicando normas de medidas de seguridade para modelos e profesionais.

– Execución de protocolos de fabricación de próteses.

– Control dos procesos.

1.6. Módulo profesional: Peiteado para caracterización.

• Equivalencia en créditos ECTS: 7.

• Código: MP1265.

• Duración: 140 horas.

1.6.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Elabora os protocolos técnicos de peiteado para a caracterización, establecendo os procedementos de actuación e de control do proceso.

– CA1.1. Estableceuse o procedemento de elaboración de protocolos de peiteado.

– CA1.2. Interpretouse a documentación técnica para a preparación do proceso.

– CA1.3. Determináronse os tipos de procesos de peiteado empregados en caracterización.

– CA1.4. Establecéronse as pautas para realizar a análise de demandas e requisitos do proxecto artístico.

– CA1.5. Caracterizáronse os medios e os equipamentos necesarios para realizar os procedementos de peiteado de caracterización.

– CA1.6. Especificouse o fundamento técnico de cada proceso.

– CA1.7. Elaborouse o manual técnico de protocolos de peiteado.

– CA1.8. Secuenciáronse as fases para a execución técnica e a finalización.

– CA1.9. Establecéronse os factores que afecten o resultado e determinouse o xeito de actuación en caso de se detectaren resultados imprevistos.

– CA1.10. Establecéronse pautas para a prevención de riscos.

– CA1.11. Especificáronse medidas de protección de profesionais e clientela.

– CA1.12. Determináronse as medidas de hixiene, desinfección e xestión de refugos para aplicar nos procedementos de peiteado de caracterización.

• RA2. Determina os elementos que compoñen o peiteado e formula solucións para a súa configuración, segundo as características escénicas e persoais.

– CA2.1. Caracterizáronse os peiteados en cada época e os de personaxes de ficción.

– CA2.2. Relacionouse o contexto artístico coas características do peiteado do personaxe.

– CA2.3. Especificáronse os elementos que conforman o peiteado do personaxe que se deba caracterizar.

– CA2.4. Realizouse a análise das características de modelos e intérpretes.

– CA2.5. Aplicáronse métodos de observación do coiro cabeludo, do cabelo e do pelo facial.

– CA2.6. Identificáronse as alteracións do cabelo e da pel con influencia nos procesos de peiteado.

– CA2.7. Aplicáronse técnicas de visaxismo para peiteados e recollidos.

– CA2.8. Identificouse a influencia das características dos medios audiovisuais e escénicos na elaboración do peiteado.

– CA2.9. Determináronse as técnicas de peiteado necesarias para a confección do peiteado.

– CA2.10. Concretáronse os elementos específicos que deben incluír as fichas técnicas.

• RA3. Realiza cambios de lonxitude e de cor no cabelo e/ou en próteses pilosas para a caracterización, seleccionando recursos e procesos técnicos de peiteado.

– CA3.1. Clasificáronse e describíronse os tipos de cortes de cabelo e as técnicas, e relacionáronse cos tipos de ferramentas e co efecto requirido.

– CA3.2. Determináronse os criterios de selección e preparación de ferramentas para o corte de pelo.

– CA3.3. Establecéronse e tivéronse en conta os parámetros para a realización de corte de cabelo.

– CA3.4. Realizáronse cortes de cabelo, establecendo o método e a orde de execución.

– CA3.5. Clasificáronse e describíronse as técnicas de cambios de cor no cabelo.

– CA3.6. Seleccionáronse os cosméticos colorantes e descolorantes.

– CA3.7. Establecéronse normas para a preparación, a manipulación e a aplicación de medios, produtos e cosméticos colorantes.

– CA3.8. Preparouse o cabelo, as perrucas e os postizos antes da aplicación de cosméticos colorantes.

– CA3.9. Aplicáronse cosméticos para o cambio de cor.

– CA3.10. Retiráronse do cabelo os cosméticos colorantes e descolorantes.

– CA3.11. Aplicáronse técnicas de cambios de lonxitude e/ou coloración de perrucas e postizos, tras seleccionar as técnicas e os cosméticos.

• RA4. Realiza cambios de forma no cabelo e en perrucas como base de peiteados para a caracterización de personaxes, seleccionando recursos e aplicando técnicas mecánicas e térmicas.

– CA4.1. Determináronse as técnicas previas á realización de cambios de forma no cabelo, perrucas e postizos.

– CA4.2. Identificáronse os efectos da calor, a humidade e a tracción mecánica sobre a fibra capilar.

– CA4.3. Seleccionáronse os cosméticos, os utensilios e os aparatos para os cambios de forma temporais.

– CA4.4. Establecéronse pautas para a correcta preparación, aplicación e conservación de aparellos de calor.

– CA4.5. Aplicáronse técnicas de cambios de forma por calor.

– CA4.6. Aplicáronse técnicas de cambios de forma por humidade.

– CA4.7. Aplicáronse técnicas de cambios de forma mediante moldes.

– CA4.8. Aplicáronse técnicas de cambios de forma de perrucas e postizos con pelo natural e sintético.

• RA5. Organiza e realiza a montaxe de peiteados para os medios audiovisuais, seleccionando técnicas de elaboración e integrando os elementos que o conforman.

– CA5.1. Determináronse as operacións previas para a elaboración do peiteado.

– CA5.2. Aplicáronse criterios de selección de utensilios e cosméticos para realizar peiteados e recollidos.

– CA5.3. Aplicáronse técnicas de crepaxe e batedura no cabelo.

– CA5.4. Aplicáronse técnicas de pulido no cabelo.

– CA5.5. Aplicáronse técnicas de ancoraxe para a fixación do peiteado.

– CA5.6. Utilizáronse técnicas de creación de formas para a realización do peiteado.

– CA5.7. Aplicáronse recheos e estruturas como complemento da montaxe.

– CA5.8. Realizáronse os retoques, as modificacións e o acabamento do peiteado integrando técnicas diversas.

– CA5.9. Determináronse os factores que afectan o resultado final e propuxéronse medidas correctoras, en caso necesario.

• RA6. Aplica elementos complementarios do peiteado, realizando técnicas de integración e adaptación ao/á modelo.

– CA6.1. Caracterizáronse as técnicas de aplicación de recheos e estruturas, para integrar formas e volumes no peiteado.

– CA6.2. Colocáronse, suxeitáronse e camufláronse os recheos e as estruturas no peiteado.

– CA6.3. Determináronse as técnicas de colocación de base de postizos.

– CA6.4. Establecéronse os parámetros para a colocación e o acabamento de base de postizos.

– CA6.5. Colocáronse perrucas completas.

– CA6.6. Describíronse as características, as vantaxes e os inconvenientes de cada tipo de extensións e técnicas de fixación.

– CA6.7. Aplicáronse extensións pilosas, utilizando distintos mecanismos de fixación.

– CA6.8. Realizáronse extensións con rastas e cordóns.

– CA6.9. Elimináronse extensións en función do sistema de suxeición ao cabelo.

• RA7. Realiza arranxos, conformacións e cambios de cor no pelo facial para a caracterización de personaxes, seleccionando recursos e aplicando técnicas de corte e de tinguidura.

– CA7.1. Especificáronse as medidas de acomodación e protección persoal.

– CA7.2. Descargáronse e delimitáronse a barba e o bigote con técnicas de barbaría.

– CA7.3. Déuselles a forma ás patillas, ao pescozo, á caluga e ás cellas segundo o deseño orixinal.

– CA7.4. Aplicáronse patróns e deseños de pelo facial para realizar a caracterización do personaxe.

– CA7.5. Realizáronse as coloracións e as descoloracións sobre o pelo facial.

– CA7.6. Especificáronse as técnicas de finalización do tratamento de arranxo de pelo facial para caracterización.

• RA8. Deseña, elabora e aplica ornamentos para caracterización, identificando os elementos que os integran.

– CA8.1. Identificáronse as fontes documentais para o deseño de ornamentos para caracterización.

– CA8.2. Deseñáronse ornamentos para caracterización.

– CA8.3. Realizouse a toma de medidas e proporcións do/da modelo.

– CA8.4. Rexistráronse os datos na ficha.

– CA8.5. Formuláronse criterios de selección e preparación de materiais e patróns para a obtención de ornamentos.

– CA8.6. Realizouse a marcaxe e o corte de pezas do ornamento.

– CA8.7. Especificáronse as operacións e os tratamentos de preparación e aplicación de aprestos.

– CA8.8. Realizouse a conformación sobre forma para a moldeamento das pezas.

– CA8.9. Aplicáronse técnicas de cosedura para a preparación de materiais.

– CA8.10. Realizáronse probas no/na modelo e o acabamento do ornamento.

– CA8.11. Realizáronse apliques e promontorios capilares.

– CA8.12. Preparáronse adobíos variados aplicando diferentes técnicas.

– CA8.13. Adaptáronse os adobíos capilares suxeitándoos de xeito adecuado.

1.6.2. Contidos básicos.

BC1. Elaboración de protocolos técnicos de peiteado para caracterización.

• Protocolo: definición e fases para a súa elaboración.

• Fase de planificación. Documentación técnica. Procesos de peiteado empregados en caracterización: cambios de cor, de lonxitude, de forma, etc. Fundamento técnico de cada proceso: xeneralidades.

• Fase de execución: análise de demandas e requisitos do proxecto artístico; preparación e selección de técnicas, materiais e equipamentos; desenvolvemento ou núcleo do procedemento; finalización. Vantaxes e inconvenientes.

• Fase de avaliación e control. Factores que condicionan o resultado. Análise de resultados imprevistos producidos no proceso e medidas de corrección.

• Fase de prevención de riscos. Medidas de protección de profesionais e clientela. Hixiene postural.

• Medidas de hixiene e desinfección. Xestión de residuos.

BC2. Determinación dos elementos que compoñen o deseño do peiteado.

• Descrición e caracterización dos peiteados en cada época e de personaxes de ficción.

• Técnicas para a análise do peiteado do personaxe do proxecto artístico.

• Análise das características de intérpretes ou modelos: coiro cabeludo, cabelo e pelo facial. Alteracións do cabelo e da pel. Análise morfolóxica facial e corporal.

• Visaxismo para peiteados e recollidos.

• Análise das características escénicas: iluminación, contorno, distancia ao público, tipo de plano, etc. Influencia no deseño de peiteados.

• Determinación de solucións para a montaxe do peiteado do personaxe. Criterios de selección das técnicas.

• Ficha técnica.

BC3. Realización de cambios de lonxitude e cor no cabelo e/ou en próteses pilosas.

• Cambios de lonxitude do cabelo e/ou das próteses pilosas. Criterios de selección e preparación das ferramentas. Técnicas de corte. Procedemento de execución: fases e pautas de aplicación. Secuencia. Parámetros para a realización do corte de cabelo: liñas, seccións, mecha guía, etc. Tipos de cortes de pelo.

• Procesos de cambios de coloración no cabelo. Clasificación. Técnicas de cambio de cor no cabelo. Técnicas previas: preparación do cabelo. Criterios de selección de cosméticos colorantes e descolorantes. Pautas de preparación de medios, produtos e cosméticos. Procedemento de execución: fases e pautas de aplicación. Secuencia. Precaucións.

• Técnicas de cambios de lonxitude e coloración de perrucas e postizos. Criterios de selección das técnicas, utensilios e produtos segundo a natureza do cabelo.

BC4. Realización de cambios na forma do cabelo e perrucas como base de peiteados.

• Técnicas previas. Preparación e acomodación de modelos. Técnicas de hixiene e acondicionamento do cabelo, perrucas e postizos.

• Fundamento científico dos cambios de forma temporais. Efectos da calor, a humidade e a tracción mecánica na fibra capilar.

• Recursos e cosméticos para os cambios de forma temporais para caracterización. Criterios de selección, preparación e manipulación de cosméticos, aparellos, accesorios, etc.

• Técnicas de cambios de forma por calor. Moldeamentos e alisaduras térmicas. Características e procedemento de execución.

• Técnicas de cambios de forma por humidade: características e procedemento de execución.

• Técnicas de cambios de forma mediante moldes: características e procedemento de execución.

• Cambios de forma en postizos de cabelo natural, rizados, alisados e ondulados recollidos.

• Cambios de forma en postizos de cabelo sintético: proceso.

BC5. Organización e realización da montaxe de peiteados para os medios audiovisuais.

• Técnicas previas. Pautas para a preparación do peiteado. Dirección e movemento do cabelo. Liñas: particións e proxeccións.

• Selección de utensilios e cosméticos para peiteados e recollidos.

• Técnica de crepaxe e batedura: materiais, características, efectos e procedemento de traballo.

• Técnica de pulido: características, efectos e procedemento de traballo.

• Técnicas de ancoraxe: materiais, puntos de ancoraxe e procedementos de traballo.

• Técnica de creación de formas: características e xeito de realización (trenzados, enrolamentos e cocas, bucles e aros, retorcidos, cruzados, ataduras, rizados, plumaxes, etc.).

• Técnicas de soporte.

• Técnicas de acabamento. Parámetros de realización. Integración de técnicas.

• Avaliación do resultado final. Medidas correctoras.

BC6. Aplicación de elementos complementarios do peiteado.

• Aplicación de recheos, próteses capilares, crepés, bases ou estruturas, armazóns e promontorios. Operacións previas. Parámetros para a colocación. Pautas para a estabilidade na colocación. Situación e técnicas de ancoraxe. Sistemas de camuflaxe. Determinación de volume e forma.

• Colocación de base de postizos. Descrición e acomodación da zona que se debe cubrir. Técnicas de suxeición: de clip, de peita, banda de suxeición, etc. Parámetros que determinan a colocación. Técnicas de ancoraxe e de camuflaxe. Pautas para a estabilidade na colocación. Técnicas de acabamento.

• Colocación de perrucas completas. Operacións previas. Técnicas de ocultación do cabelo. Axuste ao cranio. Técnicas de suxeición. Técnicas de acabamento.

• Aplicación de extensións. Clasificación e características das extensións polo tipo de cabelo e/ou material, a técnica de fixación (adhesivas, cosidas, trenzadas, etc.), a duración, etc. Procedemento de aplicación: fases e pautas de aplicación. Secuencia. Precaucións. Operacións previas. Fixación de extensións. Extensións alternativas: rastas, cordóns, etc. Técnicas de eliminación de extensións.

BC7. Realización de arranxo, conformación e cambios de cor no pelo facial para a caracterización de personaxes.

• Arranxo e conformación de barba e bigote. Medidas de acomodación e protección. Descarga de barba e bigote. Delimitación e contorno da barba e do bigote.

• Arranxo e conformación de patillas e cellas. Determinación da lonxitude e o volume. Configuración de patillas. Configuración do pescozo ou da caluga. Configuración de cellas. Criterios de selección e xeitos de aplicación de cosméticos, utensilios, medios técnicos, patróns e deseños, en barba, en patillas e en cellas, para caracterización.

• Cambios de cor no pelo facial. Medidas de protección e preparación da pel. Criterio de selección de técnicas e cosméticos. Vantaxes e inconvenientes. Precaucións.

• Técnicas de finalización. Técnicas de acabamento, aplicación de produtos específicos e control visual.

BC8. Deseño, elaboración e aplicación de ornamentos para caracterización.

• Deseño. Fontes documentais. Representación gráfica.

• Estudo de modelos: toma de medidas e proporcións.

• Ficha técnica.

• Preparación de materiais para a obtención de ornamentos por modelaxe, superposición e encolado: criterios de selección.

• Patróns a partir de figurino ou modelo.

• Técnica de extensión, marcaxe e corte de pezas.

• Preparación e aplicación de aprestos. Tipos e resultados.

• Conformación sobre forma: con prancha, burís, quentadas a lume, etc. Desmoldaxe. Técnicas de moldeamento, fixación e forrado.

• Preparación de materiais por cosedura.

• Técnicas de proba e acabamento.

• Realización de apliques e promontorios capilares.

• Preparación de adobíos. Tipos de adobíos. Técnicas de elaboración.

• Aramado, pegado, cosedura e atadura para a unión de plumas, pelo e outros elementos.

• Aplicación e adaptación dos adobíos. Sistemas de ancoraxe.

• Transformación de materiais para a creación de novos efectos para o espectáculo.

1.6.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de realización de técnicas de peiteado para caracterización.

Esta función abrangue aspectos como:

– Elaboración do procedemento de traballo do persoal peiteador de caracterización.

– Deseño de peiteados segundo os requisitos do proxecto.

– Determinación e aplicación de técnicas de cambio de cor, forma e corte no cabelo e/ou as próteses pilosas.

– Organización e realización de montaxes de peiteados para os medios audiovisuais e escénicos.

– Organización e realización de ornamentos para caracterización.

– Deseño e arranxos do pelo facial.

– Avaliación do proceso.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Procesos de caracterización de personaxes.

– Transformacións de forma, lonxitude e cor de perrucas e postizos.

– Montaxes de peiteados en medios audiovisuais.

– Arranxo do pelo facial.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais c), j), n), o), p), r), s) e u) do ciclo formativo e as competencias b), g), j), l), n), ñ) e o).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Elaboración de protocolos técnicos de peiteado para caracterización.

– Realización de cambios de lonxitude e de cor no cabelo e/ou nas próteses pilosas para a caracterización.

– Realización de cambios de forma no cabelo e/ou nas perrucas, como base de peiteados para a caracterización de personaxes.

– Organización e realización de montaxes de peiteados para os medios audiovisuais.

– Aplicación de elementos complementarios do peiteado.

– Realización de arranxos e cambios de cor no pelo facial para a caracterización de personaxes.

– Elaboración de ornamentos para caracterización.

1.7. Módulo profesional: Postizaría.

• Equivalencia en créditos ECTS: 11.

• Código: MP1266.

• Duración: 213 horas.

1.7.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Organiza o proceso de confección de próteses pilosas, analizando os tipos de materiais e requisitos de personaxe ou modelo.

– CA1.1. Determináronse os documentos e os recursos asociados ao deseño de próteses pilosas.

– CA1.2. Realizáronse deseños das próteses pilosas en función das necesidades formuladas.

– CA1.3. Aplicáronse técnicas para o estudo de personaxe e modelo.

– CA1.4. Caracterizáronse as perrucas, os postizos e outras próteses pilosas.

– CA1.5. Relacionouse o tipo de próteses pilosas co efecto requirido.

– CA1.6. Seleccionouse o tipo de pelo en función dos requisitos de forma, cor, grosor, lonxitude, etc.

– CA1.7. Identificáronse os tipos de materiais e medios técnicos para a confección das próteses pilosas.

– CA1.8. Manipuláronse os produtos, os utensilios e os materiais para a elaboración de postizos e próteses pilosas en condicións de seguridade e hixiene.

• RA2. Establece as operacións previas á confección de perrucas, postizos e outras próteses pilosas, seleccionando medios técnicos.

– CA2.1. Determináronse as pautas de preparación da persoa usuaria.

– CA2.2. Seguiuse o procedemento para a toma de medidas.

– CA2.3. Determináronse os datos que cumpra consignar na ficha técnica.

– CA2.4. Elaboráronse patróns sobre o/a modelo.

– CA2.5. Seleccionouse o molde de madeira, goma ou outros materiais, en función do patrón e das medidas tomadas ao/á modelo.

– CA2.6. Realizouse o traslado de medidas ao molde.

– CA2.7. Preparáronse monturas ou armaduras seguindo as pautas indicadas.

– CA2.8. Acondicionouse, desenredouse e igualouse o pelo, antes da súa manipulación.

– CA2.9. Seleccionouse e combinouse o pelo antes da elaboración de perrucas, postizos e próteses pilosas, en función da cor e dos efectos desexados.

• RA3. Organiza e realiza a elaboración de crepé e adobíos con pelo, integrando as técnicas e seleccionando os medios.

– CA3.1. Describíronse as características dos postizos de crepé e as súas aplicacións.

– CA3.2. Establecéronse e aplicáronse as operacións previas á elaboración do crepé (organización do posto de traballo e selección e preparación do material e do pelo).

– CA3.3. Seguíronse as pautas para a preparación de teares.

– CA3.4. Aplicáronse técnicas de tecido de pelo para a elaboración do crepé.

– CA3.5. Executáronse as operacións fisicoquímicas para a preparación do crepé (cocedura e secado).

– CA3.6. Aplicáronse tratamentos para a hixiene e a conservación do crepé.

– CA3.7. Establecéronse criterios para a manipulación e o uso do crepé.

– CA3.8. Deseñáronse adobíos con pelo en función do seu uso posterior.

– CA3.9. Seleccionáronse os materiais e aplicáronse as técnicas para a elaboración de adobíos de pelo natural.

– CA3.10. Seleccionáronse os materiais e aplicáronse as técnicas para a elaboración de adobíos de pelo artificial con polivinilo, laca, etc.

• RA4. Organiza e elabora próteses capilares, seleccionando as técnicas de confección e analizando as variables do proceso.

– CA4.1. Describíronse as técnicas de confección de próteses capilares e as súas características.

– CA4.2. Determináronse as operacións necesarias para a realización do tecido ou da malla, e do picado.

– CA4.3. Seleccionáronse os materiais e os utensilios necesarios para a realización do tecido ou da malla, e do picado.

– CA4.4. Montouse o tear para realizar entretecido.

– CA4.5. Realizáronse entretecidos con nós M simple, M dobre, pasada final, etc.

– CA4.6. Realizáronse picados con nó simple, dobre, etc.

– CA4.7. Relacionáronse os tipos de pasadas e nós cos efectos conseguidos e coas posibles aplicacións.

– CA4.8. Seleccionouse a técnica de elaboración de próteses máis acaída para o deseño previsto.

– CA4.9. Realizáronse próteses pilosas coa técnica do tecido ou da malla, e do picado.

– CA4.10. Utilizouse silicona como base para o tecido e o picado de pelo.

– CA4.11. Utilizáronse técnicas de cosedura de entretecido sobre distintas superficies.

– CA4.12. Finalizouse a prótese, aplicando operacións técnicas asociadas de peiteado.

– CA4.13. Aplicáronse as técnicas de picado e/ou tecido na elaboración de trenzas e postizos varios.

– CA4.14. Analizáronse as diferenzas entre o produto obtido e o deseñado, e aplicáronse as posibles correccións.

• RA5. Organiza e realiza o proceso de elaboración de próteses pilosas faciais, seleccionando técnicas e establecendo o procedemento.

– CA5.1. Aplicouse o pelo directamente sobre a pel para a simulación de peluxe facial.

– CA5.2. Determinouse o proceso de elaboración de pestanas postizas, barbas, patillas, bigotes e outros elementos pilosos.

– CA5.3. Realizouse a toma de medidas e elaboración de patróns para a confección de próteses pilosas faciais.

– CA5.4. Aplicáronse técnicas de picado e tecedura sobre tule, siliconas e outras bases para a elaboración de próteses pilosas faciais.

– CA5.5. Finalizouse a prótese, aplicando operacións técnicas de peiteado.

– CA5.6. Establecéronse os sistemas para a caracterización e a camuflaxe de próteses pilosas faciais.

– CA5.7. Analizáronse as diferenzas entre o produto obtido e o deseñado, e aplicáronse as posibles correccións.

• RA6. Analiza o resultado final, realizando as probas e as correccións das próteses pilosas.

– CA6.1. Establecéronse as pautas para avaliar o resultado final.

– CA6.2. Preparouse a zona de aplicación da prótese.

– CA6.3. Realizáronse probas das próteses pilosas sobre a persoa usuaria.

– CA6.4. Comparouse o resultado final co deseño inicial.

– CA6.5. Aplicáronse parámetros para o arranxo e a conformación das próteses.

– CA6.6. Utilizáronse técnicas para a corrección das próteses pilosas.

– CA6.7. Aplicáronse técnicas de acabamento para a finalización da prótese pilosa.

– CA6.8. Mantívose unha actitude de interese, meticulosidade, orde e responsabilidade durante a realización das tarefas.

• RA7. Determina pautas de manipulación e conservación dos produtos terminados e dos materiais, aplicando operacións de mantemento e cumprindo as normas de seguridade e hixiene.

– CA7.1. Establecéronse os métodos de limpeza e conservación de utensilios, materiais e produtos.

– CA7.2. Seleccionáronse os produtos de limpeza en función do tipo de material.

– CA7.3. Establecéronse condicións de manipulación e conservación das materias primas.

– CA7.4. Establecéronse as normas para a manipulación de perrucas, postizos e outras próteses.

– CA7.5. Aplicáronse protocolos de limpeza, desinfección e mantemento de perrucas, postizos e outras próteses elaboradas.

– CA7.6. Valorouse a importancia da colocación de perrucas, postizos e próteses nos soportes para a súa manipulación e conservación.

– CA7.7. Establecéronse as condicións ambientais que inflúen na conservación de próteses pilosas.

– CA7.8. Aplicáronse medidas de protección persoal no proceso de elaboración de próteses pilosas.

– CA7.9. Controláronse os residuos, aplicando protocolos de xestión ambiental.

– CA7.10. Mantívose unha actitude ordenada e metódica.

1.7.2. Contidos básicos.

BC1. Organización do proceso de confección de próteses pilosas.

• Deseño. Representación gráfica. Documentación asociada. Mostrarios. Patróns.

• Estudo de personaxe e modelo.

• Tipos de próteses pilosas: descrición e clasificación. Criterios de selección.

• Tipos de pelo para a confección de próteses: convencionais (cabelo natural, sintético, yak, etc.) e non convencionais: cordón, cáñamo, etc. Formas, cores, grosores, lonxitudes, etc. Criterios de selección.

• Materiais e medios técnicos: tear, carda, palilleiro, bases de implantación, agullas de picar, formas, etc.

• Criterios de selección e manipulación de produtos, utensilios e materiais para a elaboración de postizos e próteses pilosas.

BC2. Establecemento de operacións previas á confección de perrucas, postizos e outras próteses pilosas.

• Preparación do/da modelo e acondicionamento do pelo.

• Toma de medidas: materiais e secuencia.

• Ficha técnica.

• Elaboración de patróns: materiais e secuencia.

• Tipos de moldes.

• Preparación de armaduras para a confección de postizos e próteses pilosas. Tipos de armaduras ou monturas con e sen fronte: materiais, criterios de selección, secuencia de traballo, proceso de realización e adaptación.

• Preparación e manipulación do pelo: coloración, acondicionamento, igualación e cadramento da mecha, etc.

BC3. Organización e realización do proceso de elaboración de crepé e adobíos con pelo.

• Clasificación dos postizos de crepé.

• Operacións previas á elaboración de crepé (organización do posto de traballo, e selección e preparación do material e do pelo).

• Preparación de teares: pautas de montaxe e axuste.

• Tecedura do pelo para elaboración de crepé.

• Operacións fisicoquímicas para preparación de crepé (cocedura e secado).

• Tratamentos para a hixiene e conservación do crepé.

• Manipulación e uso do crepé.

• Elaboración de adobíos con pelo natural: deseño, materiais e criterios de selección.

• Elaboración de adobíos con pelo artificial: deseño, material (laca, polivinilo, etc.) e criterios de selección. Técnicas con polivinilo, con laca, etc.

BC4. Organización e elaboración de próteses capilares.

• Técnicas de confección de próteses capilares. Clasificación: técnica de picado, de tecedura ou malla, de cosedura, etc.

• Operacións previas á realización das técnicas de tecedura e picado: selección e preparación do material e do pelo.

• Preparación de teares.

• Técnica de tecedura ou malla. Materiais. Tipos de nó: M simple e dobre, de pechamento, etc. Efectos. Aplicacións: postizos, trenzas, pestanas, etc.

• Técnica do picado. Materiais. Tipos de nós: simple, dobre, etc. Forma de realización do nó. Dirección de picado do pelo: efectos e aplicacións.

• Elaboración de próteses sobre silicona ou similares.

• Técnica de cosedura do tecido ou tress á armadura.

• Técnicas asociadas de acabamento de próteses: cambio de forma, cor, lonxitude, etc.

• Criterios de selección de cosméticos, utensilios e protocolos de execución.

• Elaboración e cosedura de trenzas postizas e postizos varios.

• Análise de resultados.

BC5. Organización e realización do proceso de elaboración de próteses pilosas faciais.

• Pegada de pelo directo sobre a pel para a simulación de peluxe facial: operacións previas e secuencia.

• Técnica de elaboración de pestanas postizas, barbas, patillas e bigotes, etc. Deseño e elaboración de patróns. Toma de medidas. Materiais e criterios de selección. Pautas de realización.

• Aplicación de cambios de cor, forma e lonxitude en postizos e próteses pilosas faciais: produtos e utensilios. Criterios de selección e aplicación.

• Sistemas para caracterización e camuflaxe de próteses pilosas faciais.

• Análise de resultados.

BC6. Análise do resultado final.

• Pautas e secuencia para probas de próteses pilosas: utensilios e materiais.

• Preparación da zona.

• Probas das próteses. Diferenzas entre o resultado final e o deseño inicial.

• Arranxo e conformación de próteses: utensilios e produtos.

• Técnicas de corrección de próteses pilosas.

• Peiteados, recollidos e acabamentos para a finalización da prótese pilosa.

BC7. Determinación de pautas de manipulación e conservación de materiais e produtos terminados.

• Limpeza e conservación de utensilios, materiais e produtos. Produtos de limpeza.

• Condicións de manipulación e conservación das materias primas.

• Condicións de manipulación de perrucas, postizos e outras próteses.

• Limpeza e desinfección de perrucas, postizos e outras próteses pilosas elaboradas.

• Técnicas de mantemento. Colocación nos soportes. Condicións ambientais para a conservación de próteses pilosas.

• Medidas de protección persoal na elaboración de perrucas e postizos.

• Xestión de residuos.

1.7.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de realización de procesos de confección de postizos, perrucas e próteses pilosas.

Esta función abrangue aspectos como:

– Elaboración do protocolo de traballo.

– Organización e programación da confección de próteses pilosas.

– Determinación, acondicionamento e colocación dos materiais e os produtos no espazo de traballo.

– Supervisión ou fabricación de próteses pilosas.

– Verificación do produto final.

– Supervisión e aplicación de medidas de seguridade e prevención de riscos.

– Avaliación do proceso.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Procesos de caracterización de personaxes.

– Tratamento e elaboración de crepé e adobíos de pelo.

– Fabricación de perrucas e postizos.

– Elaboración de próteses pilosas faciais.

– Mantemento e conservación de produtos e materiais terminados.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais c), i), n), o), p), r), s) e u) do ciclo formativo e as competencias b), f), j), l), n), ñ) e o).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Organización e programación da confección de próteses pilosas.

– Establecemento de operacións previas á confección de perrucas e postizos.

– Organización e realización do proceso de elaboración de crepé e adobíos con pelo.

– Coordinación dos traballos de elaboración de próteses capilares.

– Organización e realización do proceso de elaboración de próteses pilosas faciais.

– Verificación do resultado final.

– Determinación de pautas de manipulación e conservación de materiais e produtos terminados.

1.8. Módulo profesional: Deseño dixital de personaxes 2D 3D.

• Equivalencia en créditos ECTS: 5.

• Código: MP1267.

• Duración: 80 horas.

1.8.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Establece o procedemento para o deseño dixital de personaxes, analizando e xustificando a secuencia e as variables do proceso.

– CA1.1. Establecéronse as etapas que determinan un protocolo de deseño dixital de personaxes.

– CA1.2. Identificáronse os elementos de partida necesarios para realizar o deseño.

– CA1.3. Valorouse a importancia de empregar o elemento inicial axeitado.

– CA1.4. Secuenciáronse os pasos que se deben seguir na fase de creación de personaxes a través do deseño dixital, tendo en conta as modificacións da forma, a creación de fondos e a indumentaria.

– CA1.5. Identificouse o método para a avaliación do resultado final.

– CA1.6. Establecéronse as pautas para adaptar o personaxe deseñado ás características de modelos e intérpretes.

– CA1.7. Interpretáronse as necesidades e demandas de supostos prácticos de proxectos.

• RA2. Crea un banco de imaxes dixitais para o deseño de personaxes, seleccionando ferramentas e compilando documentación.

– CA2.1. Establecéronse os mecanismos de procura para a obtención da información.

– CA2.2. Utilizáronse diversas fontes para obter imaxes.

– CA2.3. Describíronse os equipamentos para capturar imaxes dixitais.

– CA2.4. Captáronse imaxes con cámaras fotográficas, escáners, ferramentas informáticas, etc.

– CA2.5. Organizáronse as imaxes mediante a creación de ficheiros doadamente identificables.

– CA2.6. Interpretouse a lexislación sobre a propiedade intelectual.

• RA3. Determina as características do personaxe que cumpra deseñar, analizando o proxecto de caracterización.

– CA3.1. Caracterizáronse os personaxes escénicos tipo.

– CA3.2. Establecéronse sistemas de recollida de datos sobre o personaxe definido no proxecto artístico.

– CA3.3. Identificáronse as características físicas, psicolóxicas, sociais e culturais do personaxe que cumpra deseñar.

– CA3.4. Identificouse o contexto histórico, social e escénico do personaxe.

– CA3.5. Identificáronse as características do vestiario e do attrezzo do personaxe.

– CA3.6. Seleccionáronse as imaxes a partir das cales se vaia construír o personaxe.

– CA3.7. Identificáronse as características morfolóxicas e visuais do/da modelo de partida que se utiliza como base do deseño dixital.

– CA3.8. Determináronse as semellanzas e as diferenzas entre o personaxe inicial e o final.

– CA3.9. Determináronse os cambios que se deben realizar na imaxe de partida para crear o personaxe.

• RA4. Elabora deseños dixitais en 2D de caracterización, seleccionando e aplicando programas informáticos.

– CA4.1. Comparáronse os programas de deseño en 2D máis empregados na profesión.

– CA4.2. Identificáronse os modos de cor, os formatos de ficheiro e a interface do programa.

– CA4.3. Establecéronse as características das imaxes dixitais utilizadas.

– CA4.4. Realizáronse operacións con capas e as súas máscaras, e cos filtros.

– CA4.5. Especificáronse os obxectivos e o modo de emprego dunha táboa gráfica.

– CA4.6. Utilizáronse ferramentas de deseño e edición, entre outras, do programa para o deseño de personaxes.

– CA4.7. Aplicáronse as ferramentas dixitais en 2D para transformar a imaxe inicial no personaxe.

– CA4.8. Modificáronse os deseños creados en 2D segundo a evolución do personaxe no proxecto artístico.

• RA5. Elabora deseños dixitais en 3D de caracterización, seleccionando e aplicando programas informáticos.

– CA5.1. Establecéronse as diferenzas entre deseños en 2D e en 3D.

– CA5.2. Especificouse o significado de deseño de concepto.

– CA5.3. Identificáronse programas dixitais para o deseño de personaxes en 3D.

– CA5.4. Describíronse as fases que cumpra seguir durante o deseño do personaxe.

– CA5.5. Empregáronse as ferramentas dos programas para a creación de personaxes en 3D.

– CA5.6. Establecéronse as pautas para crear personaxes en 3D a partir dun bosquexo en 2D.

– CA5.7. Modificáronse os deseños creados en 3D segundo a evolución do personaxe no proxecto artístico.

• RA6. Elabora a proposta de deseño, empregando presentacións impresas ou dixitais.

– CA6.1. Deseñáronse modelos para a proposta.

– CA6.2. Seleccionouse o fondo na presentación do deseño segundo o efecto desexado.

– CA6.3. Estableceuse o tamaño e as opcións de impresión nas presentacións en papel.

– CA6.4. Indicouse o tamaño da imaxe e o tipo de ficheiros, para envíos dixitais pola internet.

– CA6.5. Valorouse a importancia da realización dun portafolios como medio de presentación da proposta de deseño.

– CA6.6. Creouse un portafolios dixital e en papel cos personaxes deseñados.

– CA6.7. Empregáronse as ferramentas de comunicación na presentación da proposta de deseño.

1.8.2. Contidos básicos.

BC1. Establecemento do procedemento para o deseño dixital de personaxes.

• Protocolo xeral do deseño de personaxes.

• Elementos de partida. Pautas de selección: características que cumpra ter en conta. Documentación, fotografía, bosquexos, esculturas, maquetas, etc.

• Fases de realización do deseño do personaxe. Consideracións derivadas do personaxe que cumpra deseñar: modificacións da forma (cor de pel, peiteado, volumes, maquillaxe, elaboración de detalles, deformacións, etc.). Creación e modificación de fondos. Indumentaria do personaxe.

• Pautas para a análise do resultado final. Proposta de correccións. Retoques.

• Fase de adaptación do personaxe ás características de quen o interprete.

• Descrición das necesidades e as demandas de supostos prácticos de proxectos.

BC2. Creación dun banco de imaxes dixitais para o deseño de personaxes.

• Fontes documentais para a creación de personaxes: filmografía, bibliografía, internet, fotografías, pinturas, esculturas, etc.

• Métodos de obtención da información. Estratexias de procura. Tipos de imaxes: debuxos, ilustracións, fotografías, etc.

• Equipamentos para capturar imaxes (cámaras fotográficas, escáners e ferramentas informáticas): características técnicas e modo de emprego. Calidade da imaxe: cor, contraste, sombra, etc.

• Bancos de imaxes: métodos de organización. Análise e clasificación da información. Técnicas de creación de ficheiros.

• Lexislación sobre a propiedade intelectual: dereitos de autoría.

BC3. Determinación das características do personaxe que cumpra deseñar.

• Tipos de personaxes: características principais. Clasificación: personaxes reais humanos e animais; personaxes imaxinarios terrestres e extraterrestres.

• Aplicación das técnicas para o estudo e a análise das características do personaxe. Sistemas de recollida de datos dos personaxes. Características físicas, psicolóxicas, sociais e culturais do personaxe que cumpra deseñar.

• Identificación do contexto histórico, social e visual (ambiente e escenarios, vestiario e attrezzo, etc.) do proxecto artístico. Selección de imaxes.

• Análise das características do/da modelo de partida.

• Análise das semellanzas e as diferenzas entre o/a modelo de partida e o personaxe que haxa que crear.

• Adaptación do personaxe ás características do/da modelo ou intérprete.

• Evolución do personaxe: transformacións que cumpra realizar no personaxe.

BC4. Elaboración de deseños dixitais en 2D de caracterización.

• Programas de deseño en 2D. Configuración dos programas de deseño. Editores de gráficos vectoriais e editores de gráficos rasterizados (de trama).

• Características das imaxes: formato, propiedades, resolución, cor, etc.

• Táboas gráficas: tipos, obxectivos, funcionamento e mantemento.

• Ferramentas do programa: barra de opcións para o deseño dun elemento dixital. Ferramentas de deseño. Ferramentas de edición. Aplicación da cor aos obxectos.

• Manipulación de imaxes: formatos, resolución, retoque fotográfico, axustes, cor, etc.

• Realización de personaxes en 2D. Deseño de personaxes históricos, de terror, de fantasía, de ciencia ficción, etc.

• Realización de modificacións dixitais en 2D no aspecto de diferentes personaxes: avellentamento, rexuvenecemento, cambio de sexo, cambio de raza, feridas, hematomas, etc.

BC5. Elaboración de deseños dixitais en 3D de caracterización.

• Diferenzas entre deseños en 2D e en 3D.

• Diferenzas entre bosquexos en 2D e en 2D (deseño de concepto) previos á realización de personaxes en 3D.

• Programas de deseño en 3D: fases do deseño. Ferramentas para modelaxe dixital. Pautas para a súa utilización.

• Realización de personaxes en 3D a partir de bosquexos en 2D, empregando as tres vistas de referencia.

• Deseño en 3D de personaxes históricos, de terror, de fantasía, de ciencia ficción, etc.

• Realización de modificacións dixitais en 3D no aspecto do personaxe: avellentamento, rexuvenecemento, cambio de sexo, cambio de raza, feridas, hematomas, maquillaxes, etc.

BC6. Elaboración da proposta de deseño.

• Modelos de proposta de deseño. Estrutura e formato.

• Elección de fondos para a presentación de deseños: neutros, fotográficos, abstractos, etc. Importancia do fondo na presentación do personaxe.

• Presentacións en papel: tipo de papel, texturas, tamaño e resolución de impresión, etc.

• Presentacións dixitais: calidade e tamaño. Realización de envíos dixitais.

• Creación dun portafolios en papel e dixital: obxectivos, estrutura e medios de difusión.

• Aplicación de técnicas de comunicación na presentación do proxecto. Técnicas de comunicación oral e escrita. Desenvolvemento de habilidades comunicativas.

1.8.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de deseñar personaxes dixitais en dúas e en tres dimensións.

Esta función abrangue aspectos como:

– Elaboración do protocolo de deseño dixital de personaxes.

– Creación dun banco de imaxes de personaxes.

– Determinación das características do personaxe que cumpra deseñar.

– Supervisión e elaboración de bosquexos dixitais de personaxes en 2D e 3D.

– Comunicación e presentación de propostas coa clientela.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Deseño de personaxes para caracterización.

– Presentación de propostas de personaxes.

– Modificacións en personaxes de partida.

– Maquillaxe de personaxes.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais e), n), o) e p) do ciclo formativo e as competencias c), j) e l).

As liñas de actuación no proceso ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Establecemento do procedemento que cumpra seguir no deseño dixital de personaxes.

– Creación dun banco de imaxes.

– Determinación das características do personaxe que haxa que crear.

– Deseño de personaxes, empregando programas dixitais en dúas e tres dimensións.

– Elaboración e presentación dunha proposta de deseño de personaxes.

1.9. Módulo profesional: Deseño gráfico aplicado.

• Equivalencia en créditos ECTS: 10.

• Código: MP1268.

• Duración: 133 horas.

1.9.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Identifica a morfoloxía e a expresividade do corpo humano, analizando os factores determinantes do aspecto externo.

– CA1.1. Identificáronse as rexións e zonas do corpo humano.

– CA1.2. Determináronse os ósos, os músculos e os órganos con repercusión na forma externa do corpo.

– CA1.3. Relacionouse a estrutura ósea da cabeza cos trazos e os tipos faciais e craniais.

– CA1.4. Recoñecéronse as tipoloxías corporais.

– CA1.5. Recoñeceuse o aspecto xeral, a forma e as proporcións faciais e corporais femininas e masculinas.

– CA1.6. Establecéronse os trazos faciais diferenciais en función da raza.

– CA1.7. Relacionouse a xestualidade facial cos músculos da mímica do rostro.

– CA1.8. Identificáronse os elementos antropométricos, estéticos, artísticos e expresivos que definen o corpo humano.

– CA1.9. Estableceuse a relación psíquico-morfolóxica do individuo.

– CA1.10. Especificáronse as características morfolóxicas identificativas dos animais máis empregados en caracterización.

• RA2. Aplica técnicas de debuxo para a caracterización de personaxes, seleccionando os materiais e as ferramentas, e utilizando os recursos expresivos da linguaxe gráfica.

– CA2.1. Caracterizáronse as técnicas de expresión gráfica usadas no deseño de personaxes de caracterización.

– CA2.2. Identificáronse os elementos da linguaxe gráfica que compoñen un debuxo.

– CA2.3. Identificáronse as cores pigmento primarias e as súas mesturas.

– CA2.4. Relacionouse a cor coa súa capacidade expresiva e simbólica.

– CA2.5. Seleccionáronse modelos tridimensionais, debuxos e/ou imaxes como base para debuxar.

– CA2.6. Seleccionáronse materiais, soportes e utensilios en función da técnica de debuxo que haxa que empregar.

– CA2.7. Aplicáronse as técnicas de encaixe do debuxo.

– CA2.8. Realizáronse debuxos do corpo humano, tendo en conta as medidas, as proporcións e o seu movemento.

– CA2.9. Realizáronse debuxos da cabeza con vistas frontais, de perfil e de tres cuartos, tendo en conta a expresión gráfica dos xestos.

– CA2.10. Establecéronse as técnicas de corrección e de fixación de debuxos.

• RA3. Realiza bosquexos de maquillaxe e peiteado para caracterización, representando graficamente volumes, cores, formas e texturas.

– CA3.1. Describíronse as características da maquillaxe e do peiteado en función do proxecto artístico e/ou as necesidades sociais e escénicas.

– CA3.2. Realizáronse esbozos de maquillaxes, peiteados e os seus complementos.

– CA3.3. Empregouse a técnica do claroscuro para crear profundidade e volume á maquillaxe.

– CA3.4. Empregáronse técnicas correctivas para modificar as formas faciais.

– CA3.5. Transmitiuse graficamente o volume, a textura e a cor do cabelo.

– CA3.6. Realizáronse bosquexos de barbas e bigotes.

– CA3.7. Realizáronse propostas gráficas de peiteado e maquillaxe social, audiovisual e escénica para o proxecto de caracterización.

– CA3.8. Realizáronse bosquexos de maquillaxes de fantasía, explorado as posibilidades creativas e plásticas.

– CA3.9. Adaptouse a maquillaxe de fantasía á fisionomía humana.

• RA4. Realiza bosquexos de próteses e de efectos especiais de caracterización, identificando as características das alteracións e das deformidades, e representando graficamente volumes, cores, formas e texturas.

– CA4.1. Describíronse as características externas das alteracións, as lesións, as deformidades e as desproporcións con repercusión en caracterización.

– CA4.2. Realizáronse bosquexos de alteracións, lesións, deformidades e desproporcións, respectando fielmente as características anatómicas e patolóxicas.

– CA4.3. Transformáronse, a través dos bosquexos gráficos, personaxes de aparencia normal en personaxes con alteracións visibles.

– CA4.4. Modificouse, a través de bosquexos, a estrutura das mans e dos pés.

– CA4.5. Incorporáronse próteses ungulares aos bosquexos de mans e pés.

– CA4.6. Identificáronse as características gráficas que determinan a elaboración de bosquexos, e de próteses dentais e oculares.

• RA5. Deseña personaxes para producións escénicas e audiovisuais, analizando os requisitos do proxecto artístico e integrando o vestiario, os peiteados e demais elementos de caracterización no debuxo.

– CA5.1. Identificáronse as características físicas que definen o personaxe.

– CA5.2. Determinouse o trazo expresivo dominante do personaxe tendo en conta as características psicolóxicas descritas no guión.

– CA5.3. Identificáronse as características estéticas do personaxe e o estilo.

– CA5.4. Determinouse o contexto histórico e sociocultural do proxecto artístico.

– CA5.5. Describíronse as características gráficas das próteses e dos efectos especiais de caracterización.

– CA5.6. Especificáronse as características do peiteado, da maquillaxe, do vestiario e dos complementos do personaxe.

– CA5.7. Seguíronse as pautas para realizar o deseño do personaxe que cumpra caracterizar.

– CA5.8. Deseñouse o personaxe, reflectindo graficamente todas as características físicas, expresivas, históricas e socioculturais definidas no proxecto.

– CA5.9. Realizáronse deseños de personaxes tipo e elaboráronse bancos de imaxes.

– CA5.10. Realizáronse transformacións gráficas do bosquexo orixinal en función da idade.

• RA6. Adapta o bosquexo do personaxe á imaxe do/da modelo ou intérprete, empregando técnicas de transparencias superpostas.

– CA6.1. Identificáronse as semellanzas e as diferenzas entre o/a intérprete e o seu personaxe.

– CA6.2. Estableceuse o método para adaptar as características do personaxe ao/á modelo ou intérprete.

– CA6.3. Seleccionáronse os soportes e os materiais para realizar adaptacións do deseño do personaxe ao/á modelo ou intérprete.

– CA6.4. Realizáronse as modificacións para transformar o/a modelo ou intérprete no personaxe deseñado.

– CA6.5. Utilizouse unha terminoloxía precisa durante todo o proceso.

1.9.2. Contidos básicos.

BC1. Identificación da morfoloxía e expresividade do corpo humano.

• Estrutura xeral do corpo humano: rexións e zonas, planos e eixes anatómicos.

• Principais elementos anatómicos condicionantes da morfoloxía corporal: ósos, músculos e órganos con repercusión na forma externa do corpo.

• Constitución humana e tipoloxías corporais.

• Morfoloxía da cabeza humana: estrutura ósea, tipos e trazos. Proporcións faciais.

• Variacións físicas entre o corpo masculino e o feminino: cinturas escapular e pélvica, masa muscular e relación proporcional entre extremidades inferiores, tronco e cabeza.

• Variacións do rostro en función do sexo: forma do cranio, relevos óseos da cara, trazos faciais, aspecto da pel e do pelo.

• Variacións do rostro en función da raza: fisionomía, pel e pelo.

• Músculos da mímica: localización e movementos.

• Xestualidade facial: expresións básicas, músculos que interveñen, combinacións e posibilidades expresivas.

• Análise dos elementos externos antropométricos (talle, envergadura, volume e proporcións) e non antropométricos (pel, cabelo, dentes, uñas, xestualidade, posturas e actitudes).

• Relacións entre o psíquico e o morfolóxico.

• Anatomía comparada dos trazos humanos e animais.

BC2. Aplicación de técnicas de debuxo para a caracterización de personaxes.

• Debuxo: técnicas gráficas de expresión; importancia da observación; aprendizaxe a través da práctica e da copia de modelos; desenvolvemento da área artística do cerebro (organización da zona de traballo); teorías sobre a predominancia creativa do hemisferio cerebral dereito.

• Elementos da linguaxe gráfica: liña, sombreado, representación do volume, textura, formato, composición e fondo.

• Cor pigmento: propiedades da cor; cores pigmento primarias e secundarias; mesturas de cor pigmento; percepción e aspecto psicolóxico da cor.

• Técnicas de encaixe dun debuxo: sistema de eixes e de cuadrícula.

• Características que debe cumprir o espazo de debuxo.

• Materiais (os lapis, carbón, tinta chinesa, acuarelas, pasteis, etc.) e utensilios para debuxo (papeis, pinceis, borradores, esfuminos, visor, plumiñas, fixadores, etc.): clasificación, descrición e manexo.

• Debuxo do corpo humano: medidas e proporcións; concepto de canon; representación do movemento; representación de mans e pés; espido.

• Debuxo da cabeza humana: encaixe do rostro, medidas e proporcións e lei dos terzos; consideracións á hora de debuxar os trazos faciais; debuxo frontal, perfil e tres cuartos.

• Manifestación gráfica do xesto.

• Correccións e fixacións de debuxos.

BC3. Realización de bosquexos de maquillaxe e peiteado para caracterización.

• Función dos bosquexos no proceso de creación de maquillaxes e peiteados.

• Bosquexos de maquillaxe facial: social, para medios audiovisuais e escénicos, para moda e histórica. Reflexo gráfico dos tons. Técnica do claroscuro. Corrección das formas faciais.

• Bosquexos de maquillaxe corporal e de fantasía: tipos de deseño e adaptación do deseño á morfoloxía corporal.

• Debuxo do cabelo e peiteados: debuxo das liñas do cabelo e representación gráfica do volume, a textura e a cor do cabelo. Bosquexos de peiteados actuais e históricos. Debuxo dos complementos do peiteado.

• Debuxo de barbas e bigotes: técnicas.

• Propostas gráficas de peiteado e maquillaxe social, audiovisual e escénica para o proxecto de caracterización.

BC4. Realización de bosquexos de próteses e de efectos especiais de caracterización.

• Función dos bosquexos no proceso de creación de próteses e efectos especiais.

• Bosquexos de alteracións da pel e tecidos brandos. Características externas da alteración: alteracións na coloración da pel e da queratinización, infeccións cutáneas, signos de hipoxia e asfixia, úlceras, necroses tisulares, morte, etc.

• Bosquexos de lesións traumáticas na superficie corporal. Características externas das lesións: queimaduras e conxelacións; contusións, feridas e disparos, trabaduras, incisións cirúrxicas e suturas, cicatrices e queloides; fracturas abertas, amputacións, etc.

• Bosquexos de deformidades e desproporcións. Características externas das deformidades e desproporcións: na cabeza, no corpo, tumores, quistes, etc.

• Bosquexos de alteracións do pelo. Características externas das alteracións: por exceso (hipertricose) e por perda de cabelo (alopecias e tiñas).

• Bosquexos de modificacións nas uñas, nas mans e nos pés: características externas.

• Bosquexos de próteses dentais e oculares.

BC5. Deseño de personaxes para producións escénicas e audiovisuais.

• Bancos de imaxes: métodos de organización. Análise e clasificación da información. Técnicas de creación de arquivos.

• Determinación e deseño do compoñente físico do personaxe. Características físicas do personaxe determinantes para o persoal caracterizador: idade, sexo, raza, morfoloxía, pel e cabelo.

• Descrición e bosquexos dos trazos faciais.

• Determinación do compoñente psicolóxico e reflexo no deseño do xesto dominante. Características psicolóxicas do personaxe determinantes para o persoal caracterizador: personalidade, ideoloxía e comportamento, etc.

• Determinación das características estéticas do personaxe e o seu estilo.

• Contexto histórico e sociocultural, e a súa incidencia no deseño. Datos socioculturais do personaxe determinantes para o persoal caracterizador.

• Aplicación nos deseños de parámetros de proporción, expresividade, volume e cor.

• Proceso desde os bosquexos iniciais ao deseño definitivo. Pautas para o deseño do personaxe.

• Elementos de attrezzo e vestiario que afectan a caracterización e a súa presenza no deseño.

• Deseño de personaxes tipo: humanos reais (actuais e históricos) e animais; imaxinarios terrestres e extraterrestres.

• Deseño específico do avellentamento: modificacións na pel e nos anexos dentais e óseos. Evolución dos trazos faciais e da figura corporal coa idade.

BC6. Adaptación do bosquexo do personaxe á imaxe do/da modelo ou intérprete.

• Relación entre modelo e personaxe. Importancia do proceso de selección (casting).

• Estudo de semellanzas e diferenzas morfolóxicas entre o/a modelo ou intérprete que se elixa e o seu personaxe.

• Pautas para adaptar ao/á modelo ou intérprete o deseño do seu personaxe.

• Transformación do/da modelo ou intérprete no personaxe deseñado a través de fotografías e transparencias superpostas. Materiais para o debuxo sobre soportes transparentes.

1.9.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de deseño gráfico de personaxes.

Esta función abrangue aspectos como:

– Identificación da morfoloxía e a expresividade do corpo.

– Aplicación de técnicas de debuxo.

– Realización de bosquexos para caracterización.

– Deseño gráfico de personaxes para producións escénicas e audiovisuais.

– Adaptación do deseño á persoa que vaia interpretar o personaxe.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Deseño de personaxes para producións audiovisuais e escénicas.

– Modificacións en personaxes de partida.

– Deseño de personaxes para fotografía, moda e publicidade.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais d), n), o) e p) do ciclo formativo e as competencias c), j) e l).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Métodos para analizar o aspecto externo dunha persoa.

– Interpretación da relación mutua entre os planos físico e psicolóxico.

– Sistematización das variacións morfolóxicas causadas pola idade, o sexo ou a raza.

– Aplicación dos recursos expresivos da linguaxe gráfica ao deseño de personaxes.

– Realización de bosquexos para plasmar graficamente propostas de maquillaxe, próteses e peiteado para caracterización.

– Creación de deseños de personaxes con integración de todos os factores determinantes.

– Valoración de criterios de calidade profesional á hora de deseñar personaxes.

1.10. Módulo profesional: Produtos de caracterización e maquillaxe .

• Equivalencia en créditos ECTS: 6.

• Código: MP1269.

• Duración: 107 horas.

1.10.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Identifica os cosméticos e os produtos para caracterización, analizando as variables que condicionan a súa selección.

– CA1.1. Recoñecéronse os cosméticos e os produtos para caracterización.

– CA1.2. Especificáronse os factores cutáneos que inflúen no emprego de cosméticos e produtos para caracterización.

– CA1.3. Identificouse a estrutura da pel e as súas características.

– CA1.4. Determináronse os tipos, a estrutura e as funcións dos anexos cutáneos.

– CA1.5. Relacionouse cada tipo de pel coas súas características cutáneas, o seu aspecto e a súa reacción ante os axentes externos.

– CA1.6. Establecéronse as diferenzas entre a pel feminina e a masculina, e as variacións coa idade e as influencias hormonais.

– CA1.7. Identificáronse as características cutáneas diferenciais entre as razas.

– CA1.8. Estableceuse o método para a análise da pel e para a realización da ficha técnica.

• RA2. Interpreta a información técnica de cosméticos e produtos, analizando a etiquetaxe e a composición.

– CA2.1. Establecéronse as pautas para o estudo da documentación asociada aos cosméticos.

– CA2.2. Estableceuse a diferenza entre os cosméticos e os medicamentos, con interpretación da regulamentación técnica sanitaria.

– CA2.3. Especificouse a función dos principios activos, os excipientes e os aditivos nos cosméticos.

– CA2.4. Recoñecéronse os elementos que forman parte da etiquetaxe cosmética.

– CA2.5. Caracterizáronse os compoñentes externos do cosmético.

– CA2.6. Realizáronse análises dos elementos externos do cosmético.

– CA2.7. Especificáronse as formas de presentación dos cosméticos.

– CA2.8. Relacionouse a forma de presentación coa forma cosmética.

• RA3. Selecciona os cosméticos faciais e corporais utilizados en caracterización, identificando as súas características, os seus efectos e a zona de aplicación.

– CA3.1. Especificáronse os cosméticos de protección e coidados da pel.

– CA3.2. Establecéronse as diferenzas entre os cosméticos de hixiene e os seus mecanismos de acción.

– CA3.3. Identificouse a forma de actuar dos principios activos dos cosméticos hidratantes, adecuándoos ás necesidades cutáneas e aos resultados que se desexe conseguir.

– CA3.4. Caracterizáronse os tipos de produtos de maquillaxe.

– CA3.5. Estableceuse a maneira de aplicación das maquillaxes en función da forma cosmética.

– CA3.6. Establecéronse as pautas de selección de cosméticos para maquillaxe.

– CA3.7. Especificáronse as características das maquillaxes para próteses e de fantasía.

– CA3.8. Aplicouse a teoría da cor para a selección de correctores.

– CA3.9. Comparáronse as liñas cosméticas comerciais máis utilizadas na maquillaxe profesional.

– CA3.10. Relacionouse a composición dos produtos coa súa forma cosmética e o seu mecanismo de acción.

• RA4. Selecciona cosméticos de peiteado, tendo en conta a relación entre as súas características e o proceso técnico que cumpra realizar.

– CA4.1. Diferenciáronse os tipos de cosméticos que se empregan en peiteado.

– CA4.2. Relacionouse o mecanismo de acción dun xampú cos ingredientes activos que incorpora.

– CA4.3. Relacionouse a composición dun acondicionador cos efectos que orixina na fibra capilar.

– CA4.4. Determináronse os efectos dos protectores sobre a fibra capilar.

– CA4.5. Establecéronse as transformacións que teñen lugar na fibra capilar nos procesos de cambio de forma temporal do cabelo.

– CA4.6. Relacionouse a aplicación dos cosméticos específicos do proceso de cambio permanente do cabelo cos cambios químicos que teñen lugar nel.

– CA4.7. Identificáronse os compoñentes dos cosméticos para cambios de cor e a súa acción sobre o talo capilar.

– CA4.8. Establecéronse mesturas e proporcións de compostos e cosméticos que interveñen nos procesos de cambios de cor.

– CA4.9. Valorouse a importancia da elección do cosmético axeitado en cada proceso técnico.

• RA5. Selecciona produtos para moldeamento e modelaxe de próteses, tendo en conta as relacións entre as súas propiedades e os efectos que cumpra conseguir.

– CA5.1. Especificáronse as características de cada produto empregado para preparar moldes.

– CA5.2. Determinouse o produto que cumpra empregar en función do fin perseguido.

– CA5.3. Determinouse o material necesario para a preparación dos produtos que cumpra moldear.

– CA5.4. Realizáronse as operacións fisicoquímicas para a preparación dos produtos.

– CA5.5. Establecéronse as características dos produtos de modelaxe.

– CA5.6. Relacionouse cada produto co seu modo de emprego.

– CA5.7. Establecéronse as precaucións dos produtos durante a súa manipulación.

• RA6. Selecciona produtos para a elaboración de calotas e próteses, tendo en conta a relación entre as súas características e o obxectivo que cumpra conseguir.

– CA6.1. Describíronse os produtos para a preparación de próteses e calotas.

– CA6.2. Caracterizáronse os produtos para fixar e eliminar próteses e calotas.

– CA6.3. Establecéronse os criterios de elección e o modo de emprego.

– CA6.4. Especificáronse os produtos que se poden aplicar directamente sobre o organismo.

– CA6.5. Describíronse as súas características e o seu modo de emprego.

– CA6.6. Determináronse os elementos complementarios que se poden empregar en procesos de caracterización.

– CA6.7. Especificáronse as precaucións que cumpra ter en conta.

• RA7. Organiza o almacenamento, a hixiene e o mantemento dos recursos, establecendo as pautas de actuación e a xestión de residuos.

– CA7.1. Identificáronse as condicións óptimas para a conservación dos recursos de caracterización.

– CA7.2. Organizáronse os espazos destinados ao almacenamento, atendendo a criterios funcionais e ás necesidades ambientais.

– CA7.3. Establecéronse os métodos de desinfección e esterilización.

– CA7.4. Realizouse a desinfección de recursos, tendo en conta a relación entre o método elixido e as variables que determinan o proceso.

– CA7.5. Identificáronse as causas máis frecuentes que poden deteriorar ou danar os cosméticos e os produtos de caracterización.

– CA7.6. Establecéronse as pautas de manipulación dos produtos e dos cosméticos.

– CA7.7. Interpretouse a normativa sobre a xestión dos residuos xerados nos procesos de caracterización.

– CA7.8. Establecéronse as pautas para almacenar os residuos xerados.

• RA8. Identifica os riscos derivados do emprego de cosméticos e produtos para caracterización, determinando as reaccións que poidan orixinar.

– CA8.1. Identificáronse os riscos e o nivel de perigo que supón a manipulación dos produtos, os cosméticos e os utensilios.

– CA8.2. Caracterizáronse as reaccións adversas que poidan orixinar os produtos químicos utilizados.

– CA8.3. Establecéronse as pautas para as recoñecer e actuar ante a súa aparición.

– CA8.4. Identificáronse os produtos que poidan orixinar irritacións, alerxias ou intoxicacións.

– CA8.5. Determináronse os elementos de seguridade e de protección persoal que cumpra adoptar na preparación e na execución de cada operación do proceso.

– CA8.6. Identificáronse as doenzas profesionais de aparición nos procesos de caracterización.

– CA8.7. Valorouse a orde e a limpeza das instalacións e dos equipamentos como primeiro factor de prevención de riscos.

1.10.2. Contidos básicos.

BC1. Identificación de cosméticos e produtos para caracterización.

• Cosméticos e produtos empregados en caracterización: clasificación e funcións.

• Influencia do tipo de pel no emprego de cosméticos e produtos. Variables cutáneas e ambientais que condicionan a selección de cosméticos e produtos para caracterización.

• A pel: funcións, características e estrutura; aspecto externo e elementos que determinan a súa cor.

• Anexos cutáneos córneos e glandulares.

• Tipos de pel: clasificación segundo o seu carácter secretor; características visuais; elementos que determinan o tipo de pel.

• Variacións da pel en función do sexo, a raza, a idade e as influencias hormonais.

• Métodos de análise para o diagnóstico cutáneo. Historial estético. Protocolo de recoñecemento. Observación visual e palpación. Ficha técnica.

BC2. Interpretación da documentación técnica de cosméticos e produtos.

• Documentación técnica de cosméticos.

• Expedientes técnicos de produtos.

• Cosméticos: concepto, regulamentación técnico-sanitaria e diferenzas cos medicamentos.

• Composición xeral: principios activos, excipientes e aditivos.

• Composición cualitativa e cuantitativa.

• Parte externa do cosmético: recipientes, envase exterior ou embalaxe, prospecto e etiqueta. Normas para a etiquetaxe.

• Formas cosméticas.

BC3. Selección de cosméticos faciais e corporais.

• Cosméticos para protección e coidados da pel: clasificación.

• Cosméticos de hixiene: clasificación. Concepto de hixiene. Substancias limpadoras, mecanismo de acción e formas de presentación. Criterios de selección en función do tipo de pel e dos cosméticos empregados en caracterización e maquillaxe. Aplicación.

• Cosméticos de hidratación, protección e mantemento da pel. Mecanismo de acción e formas de presentación. Concepto de hidratación cutánea. Principios activos hidratantes. Hidratantes faciais, contorno de ollos, corporais e protectores para mans. Clasificación e composición. Aplicación.

• Cosméticos de maquillaxe. Composición xeral: principios activos e excipientes. Clasificación. Maquillaxes de fondo. Cosméticos para realizar correccións. Cosméticos para maquillar os ollos, as fazulas e os beizos. Criterios de selección da maquillaxe en función do tipo de pel e dos efectos que cumpra conseguir aplicando a teoría da cor.

• Cosméticos específicos para maquillaxe corporal.

• Maquillaxes para aerógrafo: características.

• Maquillaxes específicas para próteses: características.

• Cosméticos para fantasías faciais e corporais.

• Liñas cosméticas comerciais de maquillaxe profesional: estudo comparativo e criterios de selección.

BC4. Selección de cosméticos de peiteado.

• Clasificación dos cosméticos empregados en peiteado.

• Cosméticos para a hixiene do cabelo, para o seu acondicionamento e protectores do cabelo.

• Cosméticos para cambios de forma temporal e permanente do cabelo: fundamento científico, composición, xeito de actuar e tipos. Fixadores e cosméticos que facilitan o peiteado. Cosméticos redutores e neutralizantes. Cosméticos especiais. Cosméticos complementarios.

• Cosméticos para cambios de cor do cabelo. Tinturas e descolorantes capilares: composición, mecanismo de acción, mesturas e proporcións, formas cosméticas e precaucións.

• Criterios de selección dos cosméticos para procesos técnicos de peiteado.

BC5. Selección de produtos para moldeamento e modelaxe de próteses.

• Produtos para moldeamento (alxinatos, siliconas, escaiolas, gomas de uretano, fibra de vidro, Plasti-Paste, etc.): características, criterios de selección e modo de emprego.

• Preparación de produtos. Pautas para a realización de mesturas. Material necesario. Operacións fisicoquímicas.

• Produtos para modelaxe (ceras, pel e músculos artificiais, materiais plásticos, plastilinas, arxilas, etc.): características, criterios de selección e formas de utilización.

• Precaucións durante a manipulación.

BC6. Selección de produtos para a elaboración de calotas e próteses.

• Produtos para próteses e calotas (látex, Glatzan, espuma de látex, espuma de poliuretano, xelatina, adhesivos, disolventes e novos materiais): características, criterios de selección, preparación, forma de aplicación e precaucións no seu emprego.

• Produtos de aplicación directa sobre a pel (sangue artificial, cera para as cellas, laca dental, glicerina, etc.): características, criterios de selección e formas de aplicación.

• Dispositivos complementarios (dispositivos dentais, lentes de contacto, pestanas postizas, tips, uñas postizas, dispositivos de poliuretano ríxido e de poliéster, etc.): características, criterios de selección, formas de aplicación e precaucións.

BC7. Organización do almacenamento e o mantemento dos recursos, e da xestión de residuos.

• Almacén de produtos e cosméticos de caracterización: características e organización; distribución, instalacións eléctricas, ventilación, iluminación e precaucións.

• Métodos de desinfección e esterilización. Produtos para limpar, desinfectar e esterilizar materiais para caracterización. Equipamentos de esterilización.

• Estabilidade e alteracións dos cosméticos e dos produtos de caracterización.

• Condicións de conservación e almacenamento de produtos e cosméticos. Normas de seguridade. Etiquetaxe, caducidade, condicións e organización do almacén. Almacenamento e etiquetaxe de substancias perigosas.

• Manipulación de cosméticos e produtos: normas. Pautas para evitar a transmisión de infeccións e intoxicacións. Identificación de compoñentes que poidan orixinar riscos.

• Xestión de residuos: normativa sobre recollida de produtos e cosméticos contaminados e/ou alterados. Manipulación e control de produtos alterados.

BC8. Identificación dos riscos derivados do emprego de cosméticos e produtos para caracterización.

• Reaccións adversas a cosméticos e a produtos para caracterización. Reaccións alérxicas e irritativas: tipos, concepto, signos, síntomas, causas e consecuencias.

• Prevención de reaccións adversas. Probas previas de tolerancia.

• Pautas de actuación do persoal profesional fronte ás reaccións adversas.

• Intoxicacións: produtos que poden orixinalas, precaucións e maneiras de actuar.

• Doenzas profesionais desenvolvidas nos procesos de caracterización (doenzas da pel, feridas e traumatismos, alerxias, afeccións respiratorias, etc.): prevención.

1.10.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de determinar os produtos e os cosméticos que se empregan nos procesos de caracterización e maquillaxe profesional.

Esta función abrangue aspectos como:

– Identificación dos produtos e dos factores que inflúen na súa utilización.

– Interpretación da documentación técnica de produtos e cosméticos.

– Selección dos cosméticos e dos produtos máis axeitados en función do proceso de caracterización que haxa que realizar.

– Organización do lugar de traballo e do almacén.

– Organización do aprovisionamento, a conservación e a manipulación dos produtos.

– Xestión dos residuos xerados.

– Identificación dos riscos que entraña o emprego dos produtos de caracterización e prevención de reaccións adversas a estes.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Procedementos de elaboración de próteses e efectos especiais de caracterización.

– Procesos de caracterización de personaxes nos medios audiovisuais e escénicos.

– Procesos de maquillaxe profesional.

– Procedementos de peiteado para a caracterización.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais c), n) e s) do ciclo formativo e as competencias b), j) e ñ).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Identificación dos cosméticos e dos produtos que se empregan en caracterización.

– Interpretación da documentación técnica.

– Selección dos produtos para emprego facial e corporal, para peiteado, para modelaxe e moldeamento, e para próteses.

– Organización do aprovisionamento e xestión de residuos.

– Identificación dos riscos derivados do emprego de produtos para caracterización.

1.11. Módulo profesional: Proxecto de caracterización e maquillaxe profesional.

• Equivalencia en créditos ECTS: 5.

• Código: MP1270.

• Duración: 26 horas.

1.11.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Identifica necesidades do sector produtivo en relación con proxectos tipo que as poidan satisfacer.

– CA1.1. Clasificáronse as empresas do sector polas súas características organizativas e o tipo de produto ou servizo que ofrecen.

– CA1.2. Caracterizáronse as empresas tipo e indicouse a súa estrutura organizativa e as funcións de cada departamento.

– CA1.3. Identificáronse as necesidades máis demandadas ás empresas.

– CA1.4. Valoráronse as oportunidades de negocio previsibles no sector.

– CA1.5. Identificouse o tipo de proxecto requirido para dar resposta ás demandas previstas.

– CA1.6. Determináronse as características específicas requiridas ao proxecto.

– CA1.7. Determináronse as obrigas fiscais, laborais e de prevención de riscos, e as súas condicións de aplicación.

– CA1.8. Identificáronse as axudas e as subvencións para a incorporación de novas tecnoloxías de produción ou de servizo que se propoñan.

– CA1.9. Elaborouse o guión de traballo para seguir na elaboración do proxecto.

• RA2. Deseña proxectos relacionados coas competencias expresadas no título, onde inclúe e desenvolve as fases que o compoñen.

– CA2.1. Compilouse información relativa aos aspectos que se vaian tratar no proxecto.

– CA2.2. Realizouse o estudo da viabilidade técnica do proxecto.

– CA2.3. Identificáronse as fases ou as partes que compoñen o proxecto, e o seu contido.

– CA2.4. Establecéronse os obxectivos procurados e identificouse o seu alcance.

– CA2.5. Prevíronse os recursos materiais e persoais necesarios para realizar o proxecto.

– CA2.6. Realizouse o orzamento correspondente.

– CA2.7. Identificáronse as necesidades de financiamento para a posta en marcha do proxecto.

– CA2.8. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para o seu deseño.

– CA2.9. Identificáronse os aspectos que se deben controlar para garantir a calidade do proxecto.

• RA3. Planifica a posta en práctica ou a execución do proxecto, para o que determina o plan de intervención e a documentación asociada.

– CA3.1. Estableceuse a secuencia de actividades ordenadas en función das necesidades de posta en práctica.

– CA3.2. Determináronse os recursos e a loxística necesarios para cada actividade.

– CA3.3. Identificáronse as necesidades de permisos e autorizacións para levar a cabo as actividades.

– CA3.4. Determináronse os procedementos de actuación ou execución das actividades.

– CA3.5. Identificáronse os riscos inherentes á posta en práctica e definiuse o plan de prevención de riscos, así como os medios e os equipamentos necesarios.

– CA3.6. Planificáronse a asignación de recursos materiais e humanos e os tempos de execución.

– CA3.7. Fíxose a valoración económica que dea resposta ás condicións da posta en práctica.

– CA3.8. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para a posta en práctica ou execución.

• RA4. Define os procedementos para o seguimento e o control na execución do proxecto, e xustifica a selección das variables e dos instrumentos empregados.

– CA4.1. Definiuse o procedemento de avaliación das actividades ou intervencións.

– CA4.2. Definíronse os indicadores de calidade para realizar a avaliación.

– CA4.3. Definiuse o procedemento para a avaliación das incidencias que se poidan presentar durante a realización das actividades, así como a súa solución e o seu rexistro.

– CA4.4. Definiuse o procedemento para xestionar os cambios nos recursos e nas actividades, incluíndo o sistema para o seu rexistro.

– CA4.5. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para a avaliación das actividades e do proxecto.

– CA4.6. Estableceuse o procedemento para a participación na avaliación das persoas usuarias ou da clientela, e elaboráronse os documentos específicos.

– CA4.7. Estableceuse un sistema para garantir o cumprimento do prego de condicións do proxecto, cando este exista.

• RA5. Elabora e expón o informe do proxecto realizado e xustifica o procedemento seguido.

– CA5.1. Enunciáronse os obxectivos do proxecto.

– CA5.2. Describiuse o proceso seguido para a identificación das necesidades das empresas do sector.

– CA5.3. Describiuse a solución adoptada a partir da documentación xerada no proceso de deseño.

– CA5.4. Describíronse as actividades en que se divide a execución do proxecto.

– CA5.5. Xustificáronse as decisións tomadas de planificación da execución do proxecto.

– CA5.6. Xustificáronse as decisións tomadas de seguimento e control na execución do proxecto.

– CA5.7. Formuláronse as conclusións do traballo realizado en relación coas necesidades do sector produtivo.

– CA5.8. Formuláronse, de ser o caso, propostas de mellora.

– CA5.9. Realizáronse, de ser o caso, as aclaracións solicitadas na exposición.

– CA5.10. Empregáronse ferramentas informáticas para a presentación dos resultados.

1.11.2. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional complementa a formación establecida para o resto dos módulos profesionais que integran o título nas funcións de análise do contexto, deseño do proxecto e organización da execución.

A función de análise do contexto abrangue as subfuncións de compilación de información, identificación de necesidades e estudo de viabilidade.

A función de deseño do proxecto ten como obxectivo establecer as liñas xerais para dar resposta ás necesidades presentadas, concretando os aspectos salientables para a súa realización. Inclúe as subfuncións de definición do proxecto, planificación da intervención e elaboración da documentación.

A función de organización da execución inclúe as subfuncións de programación de actividades, xestión de recursos e supervisión da intervención.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións desenvólvense no sector da caracterización e a maquillaxe profesional.

Fomentarase e valorarase a creatividade, o espírito crítico e a capacidade de innovación nos procesos realizados, así como a adaptación da formación recibida en supostos laborais e en novas situacións.

O equipo docente exercerá a titoría das seguintes fases de realización do traballo, que se realizarán principalmente de xeito non presencial: estudo das necesidades do sector produtivo, deseño, planificación e seguimento da execución do proxecto.

A exposición do informe, que realizará todo o alumnado, é parte esencial do proceso de avaliación e defenderase ante o equipo docente.

Polas súas propias características, a formación do módulo relaciónase con todos os obxectivos xerais do ciclo e con todas as competencias profesionais, persoais e sociais, bardante no relativo á posta en práctica de diversos aspectos da intervención deseñada.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo están relacionadas con:

– Execución de traballos en equipo.

– Responsabilidade e autoavaliación do traballo realizado.

– Autonomía e iniciativa persoal.

– Uso das TIC.

1.12. Módulo profesional: Formación e orientación laboral.

• Equivalencia en créditos ECTS: 5.

• Código: MP1271.

• Duración: 107 horas.

1.12.1. Unidade formativa 1: Prevención de riscos laborais.

• Código: MP1271_12.

• Duración: 45 horas.

1.12.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Recoñece os dereitos e as obrigas das persoas traballadoras e empresarias relacionados coa seguridade e a saúde laboral.

– CA1.1. Relacionáronse as condicións laborais coa saúde da persoa traballadora.

– CA1.2. Distinguíronse os principios da acción preventiva que garanten o dereito á seguridade e á saúde das persoas traballadoras.

– CA1.3. Apreciouse a importancia da información e da formación como medio para a eliminación ou a redución dos riscos laborais.

– CA1.4. Comprendéronse as actuacións axeitadas ante situacións de emerxencia e risco laboral grave e inminente.

– CA1.5. Valoráronse as medidas de protección específicas de persoas traballadoras sensibles a determinados riscos, así como as de protección da maternidade e a lactación, e de menores.

– CA1.6. Analizáronse os dereitos á vixilancia e protección da saúde no sector de imaxe persoal.

– CA1.7. Asumiuse a necesidade de cumprir as obrigas das persoas traballadoras en materia de prevención de riscos laborais.

• RA2. Avalía as situacións de risco derivadas da súa actividade profesional analizando as condicións de traballo e os factores de risco máis habituais do sector de imaxe persoal.

– CA2.1. Determináronse as condicións de traballo con significación para a prevención nos contornos de traballo relacionados co perfil profesional de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional.

– CA2.2. Clasificáronse os factores de risco na actividade e os danos derivados deles.

– CA2.3. Clasificáronse e describíronse os tipos de danos profesionais, con especial referencia a accidentes de traballo e doenzas profesionais, relacionados co perfil profesional de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional.

– CA2.4. Identificáronse as situacións de risco más habituais nos contornos de traballo das persoas coa titulación de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional.

– CA2.5. Levouse a cabo a avaliación de riscos nun contorno de traballo, real ou simulado, relacionado co sector de actividade.

• RA3. Participa na elaboración dun plan de prevención de riscos e identifica as responsabilidades de todos os axentes implicados.

– CA3.1. Valorouse a importancia dos hábitos preventivos en todos os ámbitos e en todas as actividades da empresa.

– CA3.2. Clasificáronse as formas de organización da prevención na empresa en función dos criterios establecidos na normativa sobre prevención de riscos laborais.

– CA3.3. Determináronse as formas de representación das persoas traballadoras na empresa en materia de prevención de riscos.

– CA3.4. Identificáronse os organismos públicos relacionados coa prevención de riscos laborais.

– CA3.5. Valorouse a importancia da existencia dun plan preventivo na empresa que inclúa a secuencia de actuacións para realizar en caso de emerxencia.

– CA3.6. Estableceuse o ámbito dunha prevención integrada nas actividades da empresa e determináronse as responsabilidades e as funcións de cadaquén.

– CA3.7. Definiuse o contido do plan de prevención nun centro de traballo relacionado co sector profesional da titulación de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional.

– CA3.8. Proxectouse un plan de emerxencia e evacuación para unha pequena ou mediana empresa do sector de actividade do título.

• RA4. Determina as medidas de prevención e protección no contorno laboral da titulación de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional.

– CA4.1. Definíronse as técnicas e as medidas de prevención e de protección que se deben aplicar para evitar ou diminuír os factores de risco, ou para reducir as súas consecuencias no caso de materializarse.

– CA4.2. Analizouse o significado e o alcance da sinalización de seguridade de diversos tipos.

– CA4.3. Seleccionáronse os equipamentos de protección individual (EPI) adecuados ás situacións de risco atopadas.

– CA4.4. Analizáronse os protocolos de actuación en caso de emerxencia.

– CA4.5. Identificáronse as técnicas de clasificación de persoas feridas en caso de emerxencia onde existan vítimas de diversa gravidade.

– CA4.6. Identificáronse as técnicas básicas de primeiros auxilios que se deben aplicar no lugar do accidente ante danos de diversos tipos, así como a composición e o uso da caixa de urxencias.

1.12.1.2. Contidos básicos.

BC1. Dereitos e obrigas en seguridade e saúde laboral.

• Relación entre traballo e saúde. Influencia das condicións de traballo sobre a saúde.

• Conceptos básicos de seguridade e saúde laboral.

• Análise dos dereitos e das obrigas das persoas traballadoras e empresarias en prevención de riscos laborais.

• Actuación responsable no desenvolvemento do traballo para evitar as situacións de risco no seu contorno laboral.

• Protección de persoas traballadoras especialmente sensibles a determinados riscos.

BC2. Avaliación de riscos profesionais.

• Análise de factores de risco ligados a condicións de seguridade, ambientais, ergonómicas e psicosociais.

• Determinación dos danos á saúde da persoa traballadora que poden derivar das condicións de traballo e dos factores de risco detectados.

• Riscos específicos no sector de imaxe persoal en función das probables consecuencias, do tempo de exposición e dos factores de risco implicados.

• Avaliación dos riscos atopados en situacións potenciais de traballo no sector de imaxe persoal.

BC3. Planificación da prevención de riscos na empresa.

• Xestión da prevención na empresa: funcións e responsabilidades.

• Órganos de representación e participación das persoas traballadoras en prevención de riscos laborais.

• Organismos estatais e autonómicos relacionados coa prevención de riscos.

• Planificación da prevención na empresa.

• Plans de emerxencia e de evacuación en contornos de traballo.

• Elaboración dun plan de emerxencia nunha empresa do sector.

• Participación na planificación e na posta en práctica dos plans de prevención.

BC4. Aplicación de medidas de prevención e protección na empresa.

• Medidas de prevención e protección individual e colectiva.

• Protocolo de actuación ante unha situación de emerxencia.

• Aplicación das técnicas de primeiros auxilios.

• Actuación responsable en situacións de emerxencias e primeiros auxilios.

1.12.2. Unidade formativa 2: Equipos de traballo, dereito do traballo e da seguridade social, e procura de emprego.

• Código: MP1271_22.

• Duración: 62 horas.

1.12.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Participa responsablemente en equipos de traballo eficientes que contribúan á consecución dos obxectivos da organización.

– CA1.1. Identificáronse os equipos de traballo en situacións de traballo relacionadas co perfil de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional e valoráronse as súas vantaxes sobre o traballo individual.

– CA1.2. Determináronse as características do equipo de traballo eficaz fronte ás dos equipos ineficaces.

– CA1.3. Adoptáronse responsablemente os papeis asignados para a eficiencia e a eficacia do equipo de traballo.

– CA1.4. Empregáronse axeitadamente as técnicas de comunicación no equipo de traballo para recibir e transmitir instrucións e coordinar as tarefas.

– CA1.5. Determináronse procedementos para a resolución dos conflitos identificados no seo do equipo de traballo.

– CA1.6. Aceptáronse de forma responsable as decisións adoptadas no seo do equipo de traballo.

– CA1.7. Analizáronse os obxectivos alcanzados polo equipo de traballo en relación cos obxectivos establecidos, e coa participación responsable e activa dos seus membros.

• RA2. Identifica os dereitos e as obrigas que derivan das relacións laborais e recoñéceos en diferentes situacións de traballo.

– CA2.1. Identificáronse o ámbito de aplicación, as fontes e os principios de aplicación do dereito do traballo.

– CA2.2. Distinguíronse os principais organismos que interveñen nas relacións laborais.

– CA2.3. Identificáronse os elementos esenciais dun contrato de traballo.

– CA2.4. Analizáronse as principais modalidades de contratación e identificáronse as medidas de fomento da contratación para determinados colectivos.

– CA2.5. Valoráronse os dereitos e as obrigas que se recollen na normativa laboral.

– CA2.6. Determináronse as condicións de traballo pactadas no convenio colectivo aplicable ou, en ausencia deste, as condicións habituais no sector profesional relacionado co título de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional.

– CA2.7. Valoráronse as medidas establecidas pola lexislación para a conciliación da vida laboral e familiar, e para a igualdade efectiva entre homes e mulleres.

– CA2.8. Analizouse o recibo de salarios e identificáronse os principais elementos que o integran.

– CA2.9. Identificáronse as causas e os efectos da modificación, a suspensión e a extinción da relación laboral.

– CA2.10. Identificáronse os órganos de representación das persoas traballadoras na empresa.

– CA2.11. Analizáronse os conflitos colectivos na empresa e os procedementos de solución.

– CA2.12. Identificáronse as características definitorias dos novos contornos de organización do traballo.

• RA3. Determina a acción protectora do sistema da Seguridade Social ante as continxencias cubertas e identifica as clases de prestacións.

– CA3.1. Valorouse o papel da seguridade social como piar esencial do Estado social e para a mellora da calidade de vida da cidadanía.

– CA3.2. Delimitouse o funcionamento e a estrutura do sistema da Seguridade Social.

– CA3.3. Identificáronse, nun suposto sinxelo, as bases de cotización dunha persoa traballadora e as cotas correspondentes a ela e á empresa.

– CA3.4. Determináronse as principais prestacións contributivas da Seguridade Social, os seus requisitos e a súa duración, e realizouse o cálculo da súa contía nalgúns supostos prácticos.

– CA3.5. Determináronse as posibles situacións legais de desemprego en supostos prácticos sinxelos e realizouse o cálculo da duración e da contía dunha prestación por desemprego de nivel contributivo básico.

• RA4. Planifica o seu itinerario profesional seleccionando alternativas de formación e oportunidades de emprego ao longo da vida.

– CA4.1. Valoráronse as propias aspiracións, motivacións, actitudes e capacidades que permitan a toma de decisións profesionais.

– CA4.2. Tomouse conciencia da importancia da formación permanente como factor clave para a empregabilidade e a adaptación ás exixencias do proceso produtivo.

– CA4.3. Valoráronse as oportunidades de formación e emprego noutros Estados da Unión Europea.

– CA4.4. Valorouse o principio de non-discriminación e de igualdade de oportunidades no acceso ao emprego e nas condicións de traballo.

– CA4.5. Deseñáronse os itinerarios formativos profesionais relacionados co perfil profesional de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional.

– CA4.6. Determináronse as competencias e as capacidades requiridas para a actividade profesional relacionada co perfil do título, e seleccionouse a formación precisa para as mellorar e permitir unha axeitada inserción laboral.

– CA4.7. Identificáronse as principais fontes de emprego e de inserción laboral para as persoas coa titulación de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional.

– CA4.8. Empregáronse adecuadamente as técnicas e os instrumentos de procura de emprego.

– CA4.9. Prevíronse as alternativas de autoemprego nos sectores profesionais relacionados co título.

1.12.2.2. Contidos básicos.

BC1. Xestión do conflito e equipos de traballo.

• Diferenciación entre grupo e equipo de traballo.

• Valoración das vantaxes e os inconvenientes do traballo de equipo para a eficacia da organización.

• Equipos no sector de imaxe persoal segundo as funcións que desempeñen.

• Dinámicas de grupo.

• Equipos de traballo eficaces e eficientes.

• Participación no equipo de traballo: desempeño de papeis, comunicación e responsabilidade.

• Conflito: características, tipos, causas e etapas.

• Técnicas para a resolución ou a superación do conflito.

BC2. Contrato de traballo.

• Dereito do traballo.

• Organismos públicos (administrativos e xudiciais) que interveñen nas relacións laborais.

• Análise da relación laboral individual.

• Dereitos e deberes derivados da relación laboral.

• Análise dun convenio colectivo aplicable ao ámbito profesional da titulación de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional.

• Modalidades de contrato de traballo e medidas de fomento da contratación.

• Análise das principais condicións de traballo: clasificación e promoción profesional, tempo de traballo, retribución, etc.

• Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.

• Sindicatos de traballadores e asociacións empresariais.

• Representación das persoas traballadoras na empresa.

• Conflitos colectivos.

• Novos contornos de organización do traballo.

BC3. Seguridade social, emprego e desemprego.

• A seguridade social como piar do Estado social.

• Estrutura do sistema da Seguridade Social.

• Determinación das principais obrigas das persoas empresarias e das traballadoras en materia de seguridade social.

• Protección por desemprego.

• Prestacións contributivas da Seguridade Social.

BC4. Procura activa de emprego.

• Coñecemento dos propios intereses e das propias capacidades formativo-profesionais.

• Importancia da formación permanente para a traxectoria laboral e profesional das persoas coa titulación de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional.

• Oportunidades de aprendizaxe e emprego en Europa.

• Itinerarios formativos relacionados coa titulación de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional.

• Definición e análise do sector profesional do título de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional.

• Proceso de toma de decisións.

• Proceso de procura de emprego no sector de actividade.

• Técnicas e instrumentos de procura de emprego.

1.12.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para que o alumnado se poida inserir laboralmente e desenvolver a súa carreira profesional no sector de imaxe persoal.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais ñ), o), p), q), s) e w) do ciclo formativo e as competencias k), l), m), ñ) e q).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Manexo das fontes de información para a elaboración de itinerarios formativo-profesionalizadores, en especial no referente ao sector de imaxe persoal.

– Posta en práctica de técnicas activas de procura de emprego:

– Realización de probas de orientación e dinámicas sobre as propias aspiracións, competencias e capacidades.

– Manexo de fontes de información, incluídos os recursos da internet para a procura de emprego.

– Preparación e realización de cartas de presentación e currículos (potenciarase o emprego doutros idiomas oficiais na Unión Europea no manexo de información e elaboración do currículo Europass).

– Familiarización coas probas de selección de persoal, en particular a entrevista de traballo.

– Identificación de ofertas de emprego público ás cales se pode acceder en función da titulación e resposta á súa convocatoria.

– Formación de equipos na aula para a realización de actividades mediante o emprego de técnicas de traballo en equipo.

– Estudo das condicións de traballo do sector de imaxe persoal a través do manexo da normativa laboral, dos contratos máis comunmente utilizados e do convenio colectivo de aplicación no sector de imaxe persoal.

– Superación de calquera forma de discriminación no acceso ao emprego e no desenvolvemento profesional.

– Análise da normativa de prevención de riscos laborais que lle permita a avaliación dos riscos derivados das actividades desenvolvidas no sector produtivo, así como a colaboración na definición dun plan de prevención para a empresa e das medidas necesarias para a súa posta en práctica.

O correcto desenvolvemento deste módulo exixe a disposición de medios informáticos con conexión á internet e que polo menos dúas sesións de traballo semanais sexan consecutivas.

1.13. Módulo profesional: Empresa e iniciativa emprendedora.

• Equivalencia en créditos ECTS: 4.

• Código: MP1272.

• Duración: 53 horas.

1.13.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Desenvolve o seu espírito emprendedor identificando as capacidades asociadas a el e definindo ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación e a creatividade.

– CA1.1. Identificouse o concepto de innovación e a súa relación co progreso da sociedade e o aumento no benestar dos individuos.

– CA1.2. Analizouse o concepto de cultura emprendedora e a súa importancia como dinamizador do mercado laboral e fonte de benestar social.

– CA1.3. Valorouse a importancia da iniciativa individual, a creatividade, a formación, a responsabilidade e a colaboración como requisitos indispensables para ter éxito na actividade emprendedora.

– CA1.4. Analizáronse as características das actividades emprendedoras no sector de imaxe persoal.

– CA1.5. Valorouse o concepto de risco como elemento inevitable de toda actividade emprendedora.

– CA1.6. Valoráronse ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación, pola creatividade e pola súa factibilidade.

– CA1.7. Decidiuse a partir das ideas emprendedoras unha determinada idea de negocio do ámbito da caracterización e a maquillaxe profesional, que servirá de punto de partida para a elaboración do proxecto empresarial.

– CA1.8. Analizouse a estrutura dun proxecto empresarial e valorouse a súa importancia como paso previo á creación dunha pequena empresa.

• RA2. Decide a oportunidade de creación dunha pequena empresa para o desenvolvemento da idea emprendedora, tras a análise da relación entre a empresa e o contorno, do proceso produtivo, da organización dos recursos humanos e dos valores culturais e éticos.

– CA2.1. Valorouse a importancia das pequenas e medianas empresas no tecido empresarial galego.

– CA2.2. Analizouse o impacto ambiental da actividade empresarial e a necesidade de introducir criterios de sustentabilidade nos principios de actuación das empresas.

– CA2.3. Identificáronse os principais compoñentes do contorno xeral que rodea a empresa e, en especial, nos aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural.

– CA2.4. Apreciouse a influencia na actividade empresarial das relacións coa clientela, con provedores, coas administracións públicas, coas entidades financeiras e coa competencia como principais integrantes do contorno específico.

– CA2.5. Determináronse os elementos do contorno xeral e específico dunha pequena ou mediana empresa de caracterización e maquillaxe profesional en función da súa posible localización.

– CA2.6. Analizouse o fenómeno da responsabilidade social das empresas e a súa importancia como un elemento da estratexia empresarial.

– CA2.7. Valorouse a importancia do balance social dunha empresa relacionada coa caracterización e a maquillaxe profesional e describíronse os principais custos sociais en que incorren estas empresas, así como os beneficios sociais que producen.

– CA2.8. Identificáronse, en empresas de caracterización e maquillaxe profesional, prácticas que incorporen valores éticos e sociais.

– CA2.9. Definíronse os obxectivos empresariais incorporando valores éticos e sociais.

– CA2.10. Analizáronse os conceptos de cultura empresarial, e de comunicación e imaxe corporativas, así como a súa relación cos obxectivos empresariais.

– CA2.11. Describíronse as actividades e os procesos básicos que se realizan nunha empresa de caracterización e maquillaxe profesional, e delimitáronse as relacións de coordinación e dependencia dentro do sistema empresarial.

– CA2.12. Elaborouse un plan de empresa que inclúa a idea de negocio, a localización, a organización do proceso produtivo e dos recursos necesarios, a responsabilidade social e o plan de márketing.

• RA3. Selecciona a forma xurídica tendo en conta as implicacións legais asociadas e o proceso para a súa constitución e posta en marcha.

– CA3.1. Analizouse o concepto de persoa empresaria, así como os requisitos que cómpren para desenvolver a actividade empresarial.

– CA3.2. Analizáronse as formas xurídicas da empresa e determináronse as vantaxes e as desvantaxes de cada unha en relación coa súa idea de negocio.

– CA3.3. Valorouse a importancia das empresas de economía social no sector de imaxe persoal.

– CA3.4. Especificouse o grao de responsabilidade legal das persoas propietarias da empresa en función da forma xurídica elixida.

– CA3.5. Diferenciouse o tratamento fiscal establecido para cada forma xurídica de empresa.

– CA3.6. Identificáronse os trámites exixidos pola lexislación para a constitución dunha pequena ou mediana empresa en función da súa forma xurídica.

– CA3.7. Identificáronse as vías de asesoramento e xestión administrativa externas á hora de pór en marcha unha pequena ou mediana empresa.

– CA3.8. Analizáronse as axudas e subvencións para a creación e posta en marcha de empresas de caracterización e maquillaxe profesional tendo en conta a súa localización.

– CA3.9. Incluíuse no plan de empresa información relativa á elección da forma xurídica, os trámites administrativos, as axudas e as subvencións.

• RA4. Realiza actividades de xestión administrativa e financeira básica dunha pequena ou mediana empresa, identifica as principais obrigas contables e fiscais e formaliza a documentación.

– CA4.1. Analizáronse os conceptos básicos de contabilidade, así como as técnicas de rexistro da información contable: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais.

– CA4.2. Describíronse as técnicas básicas de análise da información contable, en especial no referente ao equilibrio da estrutura financeira e á solvencia, á liquidez e á rendibilidade da empresa.

– CA4.3. Definíronse as obrigas fiscais (declaración censual, IAE, liquidacións trimestrais, resumos anuais, etc.) dunha pequena e dunha mediana empresa relacionada coa caracterización e a maquillaxe profesional, e diferenciáronse os tipos de impostos no calendario fiscal (liquidacións trimestrais e liquidacións anuais).

– CA4.4. Formalizouse con corrección, mediante procesos informáticos, a documentación básica de carácter comercial e contable (notas de pedido, albarás, facturas, recibos, cheques, obrigas de pagamento e letras de cambio) para unha pequena e unha mediana empresa de caracterización e maquillaxe profesional, e describíronse os circuítos que percorre esa documentación na empresa.

– CA4.5. Elaborouse o plan financeiro e analizouse a viabilidade económica e financeira do proxecto empresarial.

1.13.2. Contidos básicos.

BC1. Iniciativa emprendedora.

• Innovación e desenvolvemento económico. Principais características da innovación na actividade de caracterización e maquillaxe profesional (materiais, tecnoloxía, organización da produción, etc.).

• A cultura emprendedora na Unión Europea, en España e en Galicia.

• Factores clave das persoas emprendedoras: iniciativa, creatividade, formación, responsabilidade e colaboración.

• A actuación das persoas emprendedoras no sector de imaxe persoal.

• O risco como factor inherente á actividade emprendedora.

• Valoración do traballo por conta propia como fonte de realización persoal e social.

• Ideas emprendedoras: fontes de ideas, maduración e avaliación destas.

• Proxecto empresarial: importancia e utilidade, estrutura e aplicación no ámbito da caracterización e a maquillaxe profesional.

BC2. A empresa e o seu contorno.

• A empresa como sistema: concepto, funcións e clasificacións.

• Análise do contorno xeral dunha pequena ou mediana empresa de caracterización e maquillaxe profesional: aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural.

• Análise do contorno específico dunha pequena ou mediana empresa de caracterización e maquillaxe profesional: clientela, provedores/as, administracións públicas, entidades financeiras e competencia.

• Localización da empresa.

• A persoa empresaria. Requisitos para o exercicio da actividade empresarial.

• Responsabilidade social da empresa e compromiso co desenvolvemento sustentable.

• Cultura empresarial e comunicación e imaxe corporativas.

• Actividades e procesos básicos na empresa. Organización dos recursos dispoñibles. Externalización de actividades da empresa.

• Descrición dos elementos e estratexias do plan de produción e do plan de márketing.

BC3. Creación e posta en marcha dunha empresa.

• Formas xurídicas das empresas.

• Responsabilidade legal do empresariado.

• A fiscalidade da empresa como variable para a elección da forma xurídica.

• Proceso administrativo de constitución e posta en marcha dunha empresa.

• Vías de asesoramento para a elaboración dun proxecto empresarial e para a posta en marcha da empresa.

• Axudas e subvencións para a creación dunha empresa de caracterización e maquillaxe profesional.

• Plan de empresa: elección da forma xurídica, trámites administrativos e xestión de axudas e subvencións.

BC4. Función administrativa.

• Análise das necesidades de investimento e das fontes de financiamento dunha pequena e dunha mediana empresa no sector de imaxe persoal.

• Concepto e nocións básicas de contabilidade: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais.

• Análise da información contable: equilibrio da estrutura financeira e razóns financeiras de solvencia, liquidez e rendibilidade da empresa.

• Plan financeiro: estudo da viabilidade económica e financeira.

• Obrigas fiscais dunha pequena e dunha mediana empresa.

• Ciclo de xestión administrativa nunha empresa de caracterización e maquillaxe profesional, documentos administrativos e documentos de pagamento.

• Coidado na elaboración da documentación administrativo-financeira.

1.13.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desenvolver a propia iniciativa no ámbito empresarial, tanto cara ao autoemprego como cara á asunción de responsabilidades e funcións no emprego por conta allea.

A formación do módulo permite alcanzar os obxectivos xerais o), p) e v) do ciclo formativo e as competencias l) e p).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Manexo das fontes de información sobre o sector das empresas de caracterización e maquillaxe profesional, incluíndo a análise dos procesos de innovación sectorial en marcha.

– Realización de casos e dinámicas de grupo que permitan comprender e valorar as actitudes das persoas emprendedoras e axustar a súa necesidade ao sector de imaxe persoal.

– Utilización de programas de xestión administrativa e financeira para pequenas e medianas empresas do sector.

– Realización dun proxecto empresarial relacionado coa actividade de caracterización e maquillaxe profesional, composto por un plan de empresa e un plan financeiro e que inclúa todas as facetas de posta en marcha dun negocio.

O plan de empresa incluirá os seguintes aspectos: maduración da idea de negocio, localización, organización da produción e dos recursos, xustificación da súa responsabilidade social, plan de márketing, elección da forma xurídica, trámites administrativos e axudas e subvencións.

O plan financeiro incluirá o plan de tesouraría, a conta de resultados provisional e o balance previsional, así como a análise da súa viabilidade económica e financeira.

É aconsellable que o proxecto empresarial se vaia realizando conforme se desenvolvan os contidos relacionados nos resultados de aprendizaxe.

O correcto desenvolvemento deste módulo exixe a disposición de medios informáticos con conexión á internet e que polo menos dúas sesións de traballo sexan consecutivas.

1.14. Módulo profesional: Formación en centros de traballo.

• Equivalencia en créditos ECTS: 22.

• Código: MP1273.

• Duración: 384 horas.

1.14.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Identifica a estrutura e organización da empresa en relación co tipo de servizo que presta.

– CA1.1. Identificáronse a estrutura organizativa da empresa e as funcións de cada área.

– CA1.2. Comparouse a estrutura da empresa coas organizacións empresariais tipo existentes no sector.

– CA1.3. Relacionáronse as características do servizo e o tipo de clientela co desenvolvemento da actividade empresarial.

– CA1.4. Identificáronse os procedementos de traballo no desenvolvemento da prestación de servizo.

– CA1.5. Valoráronse as competencias necesarias dos recursos humanos para o desenvolvemento óptimo da actividade.

– CA1.6. Valorouse a idoneidade das canles de difusión máis frecuentes nesta actividade.

• RA2. Amosa hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da súa actividade profesional, de acordo coas características do posto de traballo e cos procedementos establecidos na empresa.

– CA2.1. Recoñecéronse e xustificáronse:

– Dispoñibilidade persoal e temporal necesarias no posto de traballo.

– Actitudes persoais (puntualidade, empatía, etc.) e profesionais (orde, limpeza, responsabilidade, etc.) necesarias para o posto de traballo.

– Requisitos actitudinais ante a prevención de riscos na actividade profesional.

– Requisitos actitudinais referidos á calidade na actividade profesional.

– Actitudes relacionais co propio equipo de traballo e coa xerarquía establecida na empresa.

– Actitudes relacionadas coa documentación das actividades realizadas no ámbito laboral.

– Necesidades formativas para a inserción e a reinserción laboral no ámbito científico e técnico do bo facer profesional.

– CA2.2. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais e os aspectos fundamentais da Lei de prevención de riscos laborais de aplicación na actividade profesional.

– CA2.3. Aplicáronse os equipamentos de protección individual segundo os riscos da actividade profesional e as normas da empresa.

– CA2.4. Mantívose unha actitude de respecto polo ambiente nas actividades desenvolvidas.

– CA2.5. Mantivéronse organizados, limpos e libres de obstáculos o posto de traballo e a área correspondentes ao desenvolvemento da actividade.

– CA2.6. Responsabilizouse do traballo asignado, interpretando e cumprindo as instrucións recibidas.

– CA2.7. Estableceuse unha comunicación eficaz coa persoa responsable en cada situación e cos membros do equipo.

– CA2.8. Coordinouse co resto do equipo, comunicando as incidencias salientables.

– CA2.9. Valorouse a importancia da súa actividade e a necesidade de adaptación aos cambios de tarefas.

– CA2.10. Responsabilizouse da aplicación das normas e dos procedementos no desenvolvemento do seu traballo.

• RA3. Realiza operacións de preparación da actividade laboral, aplicando técnicas e procedementos de acordo con instrucións e normas establecidas.

– CA3.1. Interpretáronse as instrucións recibidas da titoría na empresa.

– CA3.2. Manexáronse os tipos de documentación utilizada e xerada asociada aos procesos laborais.

– CA3.3. Aplicáronse normas de atención á clientela a través dunha comunicación eficaz, segundo instrucións e normas establecidas.

– CA3.4. Colaborouse na realización do proxecto de caracterización, especificando as necesidades artísticas, técnicas e económicas do guión.

– CA3.5. Realizáronse deseños gráficos e dixitais para definir os personaxes.

– CA3.6. Identificáronse os traballos técnicos necesarios para caracterizar os personaxes logo de analizado o proxecto artístico e as características do/da intérprete.

– CA3.7. Identificáronse as necesidades de acondicionamento dos espazos en que se vaia realizar a actividade laboral.

– CA3.8. Planificouse o aprovisionamento de materiais e equipamentos.

– CA3.9. Programáronse as actividades para a posta en marcha do proceso de caracterización dos personaxes.

– CA3.10. Colaborouse na elaboración de protocolos técnicos, comerciais, de seguridade e hixiene, de calidade, etc. da empresa.

• RA4. Colabora no deseño e na realización de maquillaxes profesionais, analizando as características do/da cliente/a e/ou intérprete, aplicando técnicas decorativas faciais, corporais e de fantasía.

– CA4.1. Seleccionáronse técnicas, equipamentos e produtos para a realización dos procesos de maquillaxe.

– CA4.2. Distribuíronse os materiais e os produtos segundo criterios de funcionalidade.

– CA4.3. Identificouse o estado da pel do/da cliente ou intérprete, as súas características e as súas alteracións.

– CA4.4. Deseñáronse maquillaxes en función das características persoais, sociolaborais e escénicas.

– CA4.5. Xustificouse o emprego de técnicas de preparación da pel previas á maquillaxe profesional.

– CA4.6. Realizáronse maquillaxes faciais, corporais e de fantasía.

• RA5. Pon en marcha as actividades previstas no caderno ou plan de traballo de caracterización, relacionando as necesidades da posta en escena coas técnicas inherentes ás actividades que cumpra desenvolver.

– CA5.1. Interpretáronse as instrucións recibidas para a realización da actividade laboral.

– CA5.2. Seleccionáronse técnicas, equipamentos e produtos para a realización dos procesos de caracterización.

– CA5.3. Seguíronse os procedementos de atención e acomodación do/da modelo ou intérprete.

– CA5.4. Identificáronse as características morfolóxicas do/da usuario/a ou intérprete.

– CA5.5. Especificáronse as sensacións que se poden sentir no momento de realizar a toma de impresión ou a colocación das próteses no/na intérprete.

– CA5.6. Elaboráronse próteses, tendo en conta os protocolos establecidos.

– CA5.7. Realizáronse efectos especiais de caracterización segundo as especificacións do guión.

– CA5.8. Establecéronse os cambios que cumpra realizar no personaxe a través do peiteado.

– CA5.9. Adaptáronse as próteses, os efectos especiais, a maquillaxe, o peiteado e demais elementos para realizar a caracterización integral do personaxe.

– CA5.10. Establecéronse métodos de retirada dos elementos da caracterización.

• RA6. Cumpre as medidas de seguridade e hixiene cos produtos, os procesos e as instalacións de caracterización e maquillaxe, actuando segundo criterios hixiénico-sanitarios, de seguridade laboral e de protección ambiental.

– CA6.1. Responsabilizouse da aplicación de normas hixiénico-sanitarias durante todo o proceso de caracterización.

– CA6.2. Recoñecéronse os comportamentos e as aptitudes susceptibles de producir problemas hixiénico-sanitarios ou de seguridade.

– CA6.3. Empregouse a indumentaria apropiada para a actividade.

– CA6.4. Utilizáronse os equipamentos de protección individual segundo os riscos da actividade profesional e as normas da empresa.

– CA6.5. Realizáronse as operacións de recollida, selección, clasificación e eliminación ou vertedura de residuos, mantendo unha actitude de respecto polo ambiente.

– CA6.6. Establecéronse pautas de conservación e almacenamento dos medios e dos produtos empregados e elaborados.

• RA7. Avalía os procesos de maquillaxe e caracterización, analizando os parámetros que determinan a calidade, e aplica medidas correctivas.

– CA7.1. Identificáronse os procedementos e os instrumentos de xestión da calidade.

– CA7.2. Aplicáronse os criterios deontolóxicos da profesión.

– CA7.3. Aplicáronse métodos e técnicas para avaliar o nivel de satisfacción.

– CA7.4. Resolvéronse as incidencias xurdidas ao longo do proceso de caracterización.

– CA7.5. Utilizáronse adecuadamente as canles de transmisión da información establecidas na empresa ou institución.

– CA7.6. Amosouse unha actitude participativa na realización das actividades.

– CA7.7. Traballouse en equipo mostrando iniciativa e interese.

1.14.2. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contribúe a completar as competencias do título de técnico superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional e os obxectivos xerais do ciclo, tanto os que se alcanzasen no centro educativo como os de difícil consecución nel.

2. Anexo II.

A) Espazos mínimos.

Espazo formativo

Superficie en m2

(30 alumnos/as)

Superficie en m2

(20 alumnos/as)

Grao de utilización

Aula polivalente e de deseño e iluminación.

120

90

35 %

Aula técnica de maquillaxe e peiteado.

120

90

45 %

Taller de fabricación de próteses.

120

90

20 %

• A consellería con competencias en materia de educación poderá autorizar unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos e alumnas, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

• O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas no centro educativo, por un grupo de alumnado, respecto da duración total destas.

• Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos ou alumnas que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

• En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

B) Equipamentos mínimos.

Equipamento

– Moblaxe axeitada para cada espazo.

– Equipamentos de laboratorio: baño maría, vibrador de escaiola e peso dixital.

– Equipamentos para limpeza e a desinfección de utensilios.

– Vertedoiros industriais con decantador de escaiola.

– Fundidor de cera.

– Ferramentas e materiais para a confección de perrucas e postizos.

– Moblaxe específica: butacas de salón de peiteado, lavacabezas, mesas carro con bandexa e toucadores con espello e luz; butacas de maquillaxe modificables en altura e con repousacabezas.

– Secadores fixos.

– Persoa clástica e modelos anatómicos e xeométricos.

– Equipamentos audiovisuais. Cámara de vídeo e fotográfica.

– Equipamentos informáticos en rede e con conexión á internet. Software.

– Panos de fondo.

– Utensilios, aparellos e materiais de peiteado e barbaría.

– Dimmer.

– Mesa de control de iluminación.

– Táboas gráficas.

– Filtros e pantallas reflectantes.

– Focos con accesorios e trípodes.

– Fotómetro.

– Aerógrafos e compresores.

– Bancos de traballo para moldeamento.

– Batedor cenital.

– Campá extractora de laboratorio (para vapores).

– Contedores para material reciclable e contaminante.

– Trade.

– Ferramentas rotativas de alta velocidade para lixadura e pulidura.

– Recortadora de escaiola.

– Sopretes ou acendedores.

– Fornelo.

– Forno de grandes dimensións.

– Forno polimerizador.

– Microondas.

3. Anexo III.

A) Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Caracterización e Maquillaxe Profesional.

Módulo profesional

Especialidade do profesorado

Corpo

• MP0685. Planificación e proxectos.

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP1261. Caracterización de personaxes.

Estética.

Profesorado técnico de formación profesional.

• MP1262. Maquillaxe profesional.

Estética.

Profesorado técnico de formación profesional.

• MP1263. Efectos especiais a través da maquillaxe.

Estética.

Profesorado técnico de formación profesional.

• MP1264. Creación de próteses faciais e corporais.

Estética.

Profesorado técnico de formación profesional.

• MP1265. Peiteado para caracterización.

Perrucaría.

Profesorado técnico de formación profesional.

• MP1266. Postizaría.

Perrucaría.

Profesorado técnico de formación profesional.

• MP1267. Deseño dixital de personaxes 2D 3D.

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP1268. Deseño gráfico aplicado.

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP1269. Produtos de caracterización e maquillaxe.

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP1270. Proxecto de caracterización e maquillaxe profesional.

Perrucaría.

Estética.

Profesorado técnico de formación profesional.

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP1271. Formación e orientación laboral.

Formación e Orientación Laboral.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP1272. Empresa e iniciativa emprendedora.

Formación e Orientación Laboral.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

B) Titulacións equivalentes para os efectos de docencia.

Corpos

Especialidades

Titulacións

• Profesorado de ensino secundario.

Formación e Orientación Laboral

– Diplomado/a en Ciencias Empresariais.

– Diplomado/a en Relacións Laborais.

– Diplomado/a en Traballo Social.

– Diplomado/a en Educación Social.

– Diplomado/a en Xestión e Administración Pública.

• Profesorado técnico de formación profesional.

Perrucaría.

– Técnico/a superior en Asesoría de Imaxe Persoal ou outros títulos equivalentes.

Estética.

– Técnico superior en Estética ou outros títulos equivalentes.

C) Titulacións requiridas para a impartición dos módulos profesionais que conforman o título para os centros de titularidade privada e doutras administracións distintas da educativa, e orientacións para a Administración educativa.

Módulos profesionais

Titulacións

• MP0685. Planificación e proxectos.

• MP1267. Deseño dixital de personaxes 2D 3D.

• MP1268. Deseño gráfico aplicado.

• MP1269. Produtos de caracterización e maquillaxe.

• MP1271. Formación e orientación laboral.

• MP1272. Empresa e iniciativa emprendedora.

• Licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia.

• MP1261. Caracterización de personaxes.

• MP1262. Maquillaxe profesional.

• MP1263. Efectos especiais a través da maquillaxe.

• MP1264. Creación de próteses faciais e corporais.

• MP1265. Peiteado para caracterización.

• MP1266. Postizaría.

• MP1270. Proxecto de caracterización e maquillaxe profesional.

• Licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes.

• Diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou arquitecto/a técnico/a, ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes.

• Técnico/a superior en Asesoría de Imaxe Persoal ou outros títulos equivalentes.

• Técnico/a superior en Estética ou outros títulos equivalentes.

4. Anexo IV.

A) Correspondencia das unidades de competencia acreditadas consonte o establecido no artigo 8 da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, cos módulos profesionais para a súa validación.

Unidades de competencia acreditadas

Módulos profesionais validables

• UC1254_3: elaborar proxectos de caracterización de personaxes en función de proxectos artísticos.

• UC1255_3: planificar, organizar e xestionar proxectos de caracterización.

• MP0685. Planificación e proxectos.

• UC1259_3: realizar a caracterización de personaxes e os efectos especiais de maquillaxe.

• UC1517_3: procurar información e documentar a historia e a evolución do vestir para proxectos escénicos.

• MP1261. Caracterización de personaxes.

• UC0066_2: maquillar para medios escénicos e producións audiovisuais.

• UC1259_3: realizar a caracterización de personaxes e os efectos especiais de maquillaxe.

• MP1262. Maquillaxe profesional.

• UC1259_3: realizar a caracterización de personaxes e os efectos especiais de maquillaxe.

• MP1263. Efectos especiais a través da maquillaxe.

• UC1256_3: elaborar próteses faciais e corporais para caracterización.

• MP1264. Creación de próteses faciais e corporais.

• UC0794_3: realizar protocolos técnicos e peiteados para salóns de peiteado e producións audiovisuais e escénicas.

• UC1258_2: aplicar técnicas de peiteado para caracterización.

• MP1265. Peiteado para caracterización.

• UC1257_3: elaborar próteses pilosas para caracterización.

• MP1266. Postizaría.

Nota: as persoas matriculadas neste ciclo formativo que teñan acreditadas todas as unidades de competencias incluídas no título, de acordo co procedemento establecido no Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, terán validados os módulos profesionais MP1269. Produtos de caracterización e maquillaxe e MP1268. Deseño gráfico aplicado.

B) Correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación.

Módulos profesionais superados

Unidades de competencia acreditables

• MP0685. Planificación e proxectos.

• UC1254_3: elaborar proxectos de caracterización de personaxes en función de proxectos artísticos.

• UC1255_3: planificar, organizar e xestionar proxectos de caracterización.

• MP1261. Caracterización de personaxes.

• UC1517_3: procurar información e documentar a historia e a evolución do vestir para proxectos escénicos.

• MP1262. Maquillaxe profesional.

• UC0066_2: maquillar para medios escénicos e producións audiovisuais.

• MP1261. Caracterización de personaxes.

• MP1262. Maquillaxe profesional.

• MP1263. Efectos especiais a través da maquillaxe.

• UC1259_3: realizar a caracterización de personaxes e os efectos especiais de maquillaxe.

• MP1264. Creación de próteses faciais e corporais.

• UC1256_3: elaborar próteses faciais e corporais para caracterización.

• MP1265. Peiteado para caracterización.

• UC1258_2: aplicar técnicas de peiteado para caracterización.

• UC0794_3: realizar protocolos técnicos e peiteados para salóns de peiteado e producións audiovisuais e escénicas.

• MP1266. Postizaría.

• UC1257_3: elaborar próteses pilosas para caracterización.

5. Anexo V.

Organización dos módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Caracterización e Maquillaxe Profesional para o réxime ordinario.

Curso

Módulo

Duración

Especialidade do profesorado

• MP0685. Planificación e proxectos.

107

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

• MP1264. Creación de próteses faciais e corporais.

213

Estética.

• MP1266. Postizaría.

213

Perrucaría.

• MP1267. Deseño dixital de personaxes 2D 3D.

80

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

• MP1268. Deseño gráfico aplicado.

133

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

• MP1269. Produtos de caracterización e maquillaxe.

107

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

• MP1271. Formación e orientación laboral.

107

Formación e Orientación laboral.

Total 1º

(FCE)

960

• MP1261. Caracterización de personaxes.

157

Estética.

• MP1262. Maquillaxe profesional.

193

Estética.

• MP1263. Efectos especiais a través da maquillaxe.

87

Estética.

• MP1265. Peiteado para caracterización.

140

Perrucaría.

• MP1272. Empresa e iniciativa emprendedora.

53

Formación e Orientación laboral

Total 2º

(FCE)

630

• MP1270. Proxecto de caracterización e maquillaxe profesional.

26

Perrucaría.

Estética.

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

• MP1273. Formación en centros de traballo.

384

6. Anexo VI.

Organización dos módulos profesionais en unidades formativas de menor duración.

Módulo profesional

Unidades formativas

Duración

• MP1271. Formación e orientación laboral.

• MP1271_12. Prevención de riscos laborais.

45

• MP1271_22. Equipos de traballo, dereito do traballo e da seguridade social, e procura de emprego

62