Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 17 de agosto de 2016 Páx. 36610

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5274/2014).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5274/2014 desta sección, seguido por instancia de Campus na Nube, S.L. (antes Tórculo Artes Gráficas, S.A.) e Tórculo Artes Gráficas, S.A., contra o Fogasa; Randstad Empleo ETT, S.A., subrogada Laboram-antes Vedior; Fotocopias Maxim, S.L.U.; Unidixital, S.L., Beatriz Allo Recarey, a administración concursal Fotocopias Maxim, S.L.U. (María Rodríguez Sierra), sobre despedimento disciplinario, a Sala do Social do Tribunal Supremo ditou con data do 10.5.2016 a seguinte resolución:

«A Sala acorda declarar a non admisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Manuel Lobato Iglesias, en nome e representación de Campus na Nube, S.L. e Tórculo Artes Gráficas, S.A., contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 13 de abril de 2015, no recurso de suplicación número 5274/2014, interposto por Campus na Nube, S.L. e Tórculo Artes Gráficas, S.A., fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela do 25 de abril de 2014, no procedemento nº 915/2013 seguido por instancia de Beatriz Allo Recarey contra Campus na Nube, S.L.; Tórculo Artes Gráficas, S.A.; Unidixital, S.L.; Randstad Empleo ETT, administración concursal Fotocopias Maxim, S.L. (María Sierra Domínguez); Fotocopias Maxín, S.L.U e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento.

Declárase a firmeza da sentenza contra a que se recorre, con imposición das custas á parte recorrente e a perda do depósito constituído. Á consignación efectuada daráselle o destino legal ou, de ser o caso, manterase o aval prestado ata que se cumpra a sentenza ou se resolva a realización deste.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia, con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Fotocopias Maxim, S.L.U., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando a copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións sexan auto ou de sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza