Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 31 de agosto de 2016 Páx. 38611

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o recoñecemento, a certificación e o rexistro da participación do profesorado en proxectos europeos como actividades de formación permanente do profesorado.

A Orde do 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia establece, no artigo 35, relativo ás actividades realizadas no estranxeiro, o procedemento e requisitos para o recoñecemento das actividades formativas realizadas no estranxeiro e organizadas por organismos oficiais, por universidades ou por institucións de formación do profesorado oficialmente recoñecidas e que conten con prestixio acreditado polas autoridades educativas do respectivo país, sempre que o seu contido garde relación coas ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación.

Así mesmo, no artigo 36 da mencionada orde establécese o procedemento para recoñecer, se é o caso, a participación do profesorado en programas internacionais impulsados polas administracións educativas, ata un máximo de 50 horas de acordo coa convocatoria correspondente, sempre que se xustifique a realización da actividade.

Desde a publicación da devandita Orde do 14 de maio de 2013 estanse a desenvolver no Sistema educativo galego actividades enmarcadas no programa Erasmus+, aprobado pola Unión Europea para o período 2014-2020. Así mesmo, con carácter transitorio, seguen en vigor actividades enmarcadas no Programa de aprendizaxe permanente (PAP) aprobado pola Unión Europea para o período 2007-2013. Por outra banda, cómpre recoñecer os esforzos do profesorado no desenvolvemento do programa e-Twinning, que impulsa a Comisión Europea como a iniciativa para establecer redes, irmandamentos e proxectos de colaboración a distancia entre centros de educación primaria e secundaria e fomento da formación do profesorado. A medida está dirixida a nivel europeo polo Servizo Central de Apoio (SCA) con sede en Bruxelas, coordinado a nivel nacional polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e con contactos nas distintas comunidades autónomas.

Do mesmo xeito, é necesario establecer a equivalencia en horas de formación para as convocatorias de proxectos que tramita directamente a Axencia Executiva no ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural (EACEA) da Comisión Europea.

En definitiva, é preciso adecuar e actualizar o escenario de recoñecemento das actividades vinculadas a programas europeos dentro do marco da formación do profesorado vista a importancia que teñen estes programas educativos como motores da innovación educativa, nos cales, ademais, participa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como promotor.

En consecuencia, en virtude das facultades atribuídas pola disposición derradeira primeira da Orde do 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Obxecto e ámbito de aplicación

Esta resolución ten como obxecto regular o recoñecemento, a certificación e o rexistro da participación nos programas europeos impulsados pola administración educativas para os efectos de formación permanente do profesorado, segundo o disposto nos artigos 35 e 36 da Orde do 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia.

Os efectos desta resolución serán de aplicación a aqueles programas europeos rematados con posterioridade á entrada en vigor da devandita orde, isto é, logo do 23 de maio de 2013.

Segundo. Destinatarios

Esta resolución será de aplicación ao profesorado que desenvolve o seu labor docente ou especializado nos centros sostidos con fondos públicos, dentro do ámbito de xestión desta consellería, que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación, e a aquel que ten destino nos servizos técnicos dependentes desta consellería.

Terceiro. Procedemento de recoñecemento

O profesorado interesado no recoñecemento, para os efectos de formación permanente do profesorado, da súa participación nun programa europeo deberá solicitalo, segundo o establecido no artigo 31 da Orde do 14 de maio de 2013, mediante unha solicitude dirixida ao Servizo de Formación Permanente do Profesorado, xuntando fotocopia compulsada da documentación acreditativa que posúa, na cal conste a denominación, a modalidade, as datas de inicio e finalización da actividade, as horas de duración desta, se procede, e o lugar de realización.

A dirección xeral competente en materia de formación permanente do profesorado resolverá a petición nun prazo máximo de seis meses desde a recepción da documentación. Para estes efectos poderá, se é o caso, requirir da persoa interesada ou solicitar de oficio doutras unidades administrativas, aquela documentación ou información complementaria necesaria para a valoración da acreditación da actividade como formación permanente do profesorado. Unha vez transcorrido o dito prazo sen resolución expresa por causas alleas ao interesado, entenderase concedida a petición.

Cuarto. Programas Erasmus+

A solicitude de recoñecemento de horas de formación permanente do profesorado pola participación en programas Erasmus+ seguirá o procedemento establecido no punto terceiro. A resolución de recoñecemento farase segundo as equivalencias recollidas no anexo I.

Quinto. Actividades formativas asociadas a Erasmus+

O recoñecemento da formación impartida e recibida en cursos estruturados ou ben en períodos de observación e outras actividades no marco de actividade KA1 (Erasmus+) farase de acordo co establecido no artigo 35 da Orde do 14 de maio de 2013. O recoñecemento da equivalencia en horas de formación realizarase segundo o establecido no anexo II.

Xunto coa solicitude de recoñecemento achegarase fotocopia compulsada do certificado en que conste que se superou a actividade, as horas de duración desta, así como o programa da actividade. O dito certificado deberá estar emitido en calquera das linguas oficiais da Unión Europea e incluír a tradución oficial para o galego ou para o castelán.

Sexto. Programas de aprendizaxe permanente

A solicitude de recoñecemento de horas de formación permanente do profesorado pola participación en programas de aprendizaxe permanente realizarase segundo o establecido no punto terceiro. O recoñecemento de horas de formación permanente do profesorado realizarase segundo as equivalencias recollidas no anexo III.

Sétimo. Proxecto e-Twinning

O profesorado participante en proxectos e-Twinning poderá pedir o recoñecemento como horas de formación permanente do profesorado xuntando certificación segundo o anexo V, ao que deberá anexar unha memoria da actividade que inclúa relación de obxectivos que ten que acadar e evidencias que sustenten o proxecto. Os proxectos que acrediten mediante copia compulsada que recibisen o selo de calidade nacional ou europeo estarán exentos da entrega da memoria da actividade.

O recoñecemento de horas de formación realizarase segundo as equivalencias establecidas no anexo IV. En ningún caso se recoñecerán máis horas das indicadas para proxectos de carácter anual.

O profesorado participante en proxectos e-Twinning que xa recibira acreditación pola mesma actividade a través doutro programa ou convocatoria non poderá solicitar un novo recoñecemento baseado nesta mesma actividade.

Disposición adicional única. Horas de formación xa recoñecidas previamente

En ningún caso poderán recoñecerse horas de formación por actividades que xa obtiveran un recoñecemento en horas de formación permanente do profesorado por diferente concepto previamente.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2016

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO I
Erasmus+

KA1

Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe

Coordinador/a

Proxecto de mobilidade ata 10 mobilidades

35 horas por curso

KA1

Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe

Coordinador/a

Proxecto de mobilidade de máis de 10 mobilidades

45 horas por curso

KA1

Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe

Coordinador/a

Consorcio

50 horas por curso

KA1

Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe

Coordinación como socio do consorcio

Consorcio ata 10 mobilidades

25 horas por curso

KA1

Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe

Coordinación como socio do consorcio

Consorcio de máis de 10 mobilidades

35 horas por curso

KA1

Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe

Colaborador/a

Xestión, seguimento e difusión dun proxecto

20 horas por curso

KA2

Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas

Coordinador/a

Institución coordinadora do proxecto

50 horas por curso

KA2

Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas

Coordinador/a

Institución socia no proxecto

45 horas por curso completo

KA2

Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas

Participante

Institución socia ou coordinadora no proxecto

35 horas por curso completo

Titor de alummado en prácticas

Docente titor/a

Titor de alumnado Erasmus+ en prácticas

10 horas por trimestre

Anexo II
Actividades formativas Erasmus+

KA1

Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe

Erasmus+

Asistente

Formación recibida nun curso estruturado

10 horas a 60 horas segundo a certificación da institución organizadora

KA1

Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe

Erasmus+

Asistente

Formación recibida nun período de observación e noutras actividades

5 horas por día lectivo ata un máximo de 100 horas

KA1

Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe

Erasmus+

Docente

Docencia (formación impartida).

Mínimo 8 horas, se se ten en conta o tempo de preparación con plan de traballo previo detallado e certificación final

20 horas/2 créditos por docencia de entre 8 e 12 horas semanais,

25 horas/2,5 créditos por docencia de entre 13 e 25 horas semanais,

máximo 100 horas

ANEXO III
PAP

Comenius 1.1 e 1.3

Proxectos escolares e proxectos de desenvolvemento escolar

Coordinador/a

Nun centro coordinador

50 horas por curso

Comenius 1.1 e 1.3

Proxectos escolares e proxectos de desenvolvemento escolar

Coordinador/a

Nun centro asociado

45 horas por curso

Comenius 1.1 e 1.3

Proxectos escolares e proxectos de desenvolvemento escolar

Profesor colaborador

Centro coordinador ou asociado

30 horas por curso

Comenius 1.2

Proxectos lingüísticos Comenius

Coordinador/a

50 horas por curso

Comenius 1.2

Proxectos lingüísticos

Profesor/a colaborador

30 horas por curso

Acollida de axudantes lingüísticos Comenius

Profesor/a colaborador

5 horas/trimestre ata un máximo de 20 horas por curso

Comenius 22A e 22C

Bolsas individuais para a formación do profesorado

Asistente

Bolsa individual para a formación do profesorado

As horas certificadas pola institución organizadora ata un máximo de 40 horas por actividade

Grundtvig 2

Asociacións de aprendizaxe para a educación de persoas adultas

Profesor/a coordinador/a

Nun centro coordinador do proxecto

50 horas por curso

Grundtvig 2

Asociacións de aprendizaxe para a educación de persoas adultas

Profesor/a coordinador/a

Nun centro asociado

45 horas por curso

Grundtvig 2

Asociacións de aprendizaxe para a educación de persoas adultas

Profesor/a colaborador

En centro asociado ou coordinador

30 horas por curso

Grundtvig 3

Mobilidade para os/as educadores/as de persoas adultas

Asistente

As horas certificadas pola institución organizadora ata un máximo de 50 horas

Arión

Visitas de estudo para responsables de sistemas educativos europeos

Asistente

35 horas

Programa Leonardo da Vinci (procedemento B)

Coordinador/a

Procedemento B

50 horas

Programa Leonardo da Vinci (mobilidade)

Coordinador/a

Mobilidade

50 horas

Programa Leonardo da Vinci (estadías)

Asistente

Estadías dunha duración entre unha e dúas semanas.

Estadías dunha duración entre tres e seis semanas

30 horas

40 horas

Intercambios lingüísticos (Xunta de Galicia)

Profesor/a coordinador/a

50 horas

Intercambios lingüísticos (Xunta de Galicia)

Profesor/a

colaborador

35 horas

Estadías do profesorado en empresas no estranxeiro

Profesor/a

coordinador

50 horas

Estadías do profesorado en empresas no estranxeiro

Profesor/a

participante

Profesorado participante na estadía de dúas a tres semanas

20 horas

Estadías do profesorado en empresas no estranxeiro

Profesor/a

participante

Profesorado participante na estadía de catro a seis semanas

35 horas

Actividades Portfolio

Profesor/a colaborador

25 horas

ANEXO IV
Proxectos e-Twinning

Proxectos cunha duración máxima de 3 meses

Coordinador/a

20 horas por proxecto

Proxectos cunha duración máxima de 3 meses

Profesorado colaborador

10 horas por proxecto

Proxectos cunha duración máxima de 6 meses

Coordinador/a

30 horas por proxecto

Proxectos cunha duración máxima de 6 meses

Profesorado colaborador

20 horas por proxecto

Proxectos cunha duración máxima dun curso escolar

Coordinador/a

40 horas por proxecto

Proxectos cunha duración máxima dun curso escolar

Profesorado colaborador

30 horas por proxecto

En ningún caso se recoñecerá a participación en proxectos simultáneos; de ser este o caso, terase en conta o proxecto de maior duración. Establécese un límite de 40 horas por curso escolar para profesorado coordinador e de 30 horas por curso para profesorado colaborador independentemente do número de proxectos en que se participe no mesmo curso escolar. En calquera caso, nunca se certificarán máis de 40 horas por participación en e-Twinning por curso escolar.

ANEXO V
Certificación de e-Twinning

Certificación da dirección do centro en que conste:

• Nome do proxecto.

• Curso de realización do proxecto.

• Socios participantes.

• Nome completo e DNI da persoa coordinadora no centro.

• Nome completo e DNI do profesorado colaborador no centro.

• Data de inicio e fin do proxecto.