Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 13 de setembro de 2016 Páx. 42121

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

EXTRACTO da Orde do 6 de setembro de 2016 pola que se modifica a Orde do 4 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2016.

BDNS (Identif.): 316705.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/inditex):

Primeiro. Beneficiarios/as

Toda persoa que exerza a actividade agraria e estea inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) como titular dunha explotación, e as explotacións agrarias destinadas ao autoconsumo onde se constatasen os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril.

Segundo. Obxecto

Compensar os danos causados polo xabaril nos cultivos agrícolas, que sexan comunicados desde a entrada en vigor desta orde ata o 10 de outubro de 2016.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orden do 6 de setembro de 2016 pola que se modifica a Orde do 4 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2016.

Cuarto. Contía

Importe total da convocatoria: 600.000 €. O importe das axudas por m2, segundo o tipo de cultivo, figura no anexo I da orde.

Importe máximo por persoa beneficiaria e ano: 1.500 €, aínda que os danos excedan este importe.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano.

Sexto. Outros datos

Comunicar o dano, no prazo máximo dos tres días seguintes a aquel en que se produciu, chamando ao teléfono 012 das 8.00 ás 20.00 horas de luns a venres, e das 8.00 ás 17.30 horas os sábados.

O expediente de axudas será único e comprenderá todos os danos producidos polo xabaril a unha mesma persoa beneficiaria antes da colleita.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2016

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio