Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2016 Páx. 43439

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 12 de setembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, das subvencións para o financiamento das bolsas ás persoas novas que realizan prácticas non laborais en empresas, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil (código de procedemento TR363A).

BDNS (Identif.): 317595.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias as empresas con centro de traballo en Galicia que, logo da sinatura dun convenio de prácticas non laborais co Servizo Público de Emprego de Galicia no marco do Real decreto 1543/2011, do 31 de outubro, subscriban acordos con persoas novas para a realización de prácticas non laborais.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública das subvencións para o financiamento ás empresas das bolsas das persoas novas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que realizan prácticas non laborais nestas empresas.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras establécense nesta Orde do 12 de setembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, das subvencións para o financiamento das bolsas ás persoas novas que realizan prácticas non laborais en empresas, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil (código de procedemento TR363A).

Cuarto. Importe

Importe das axudas recollidas no artigo 10.2 da orde de convocatoria correspondentes ás bolsas ás persoas novas que realizan prácticas non laborais ao abeiro do Real decreto 1543/2011, do 31 de outubro, polo que se regulan as prácticas non laborais en empresas: 763.800,00 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas comezará o día seguinte ao da publicación da presente orde no DOG e rematará o 15 de novembro de 2016.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2016

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria