Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2016 Páx. 45658

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 19 de setembro de 2016 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para o inicio de estudos universitarios no curso 2016/17 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

BDNS (Identif: 318796).

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

O alumnado que inicie estudos universitarios conducentes á obtención dun título oficial de grao no curso 2016/17 no Sistema universitario de Galicia.

Segundo. Obxecto

Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula de inicio de estudos universitarios nun grao oficial do Sistema universitario de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Orzamento e contía das bolsas

O importe global previsto na orde é de 200.000 euros.

A dotación asignada a cada beneficiario/a será a do importe total da matrícula, incluídas as taxas de apertura de expediente e a expedición e o mantemento de tarxeta de identidade. Será dun máximo de 862,90 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura e grao en Belas Artes, e dun máximo de 618,10 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria