Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2016 Páx. 46908

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2016 pola que se publica o Plan especial de protección civil ante o risco de inundacións en Galicia (Inungal).

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 29 de setembro de 2016 adoptou entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar o Plan especial de protección civil ante o risco de inundacións en Galicia (Inungal) segundo se dispón no artigo 33.1 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia.

2. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo se dispón no artigo 33.3 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia.

3. Deixar sen efecto o Plan especial de protección civil ante o risco de inundacións en Galicia, aprobado por acordo do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 27 de setembro de 2001 (DOG nº 78, do 23 de abril de 2002).

Para dar cumprimento ao disposto no punto 2 do devandito acordo

RESOLVO:

Proceder á publicación do Plan especial de protección civil ante o risco de inundacións en Galicia (Inungal), no enderezo da páxina web http://cpapx.xunta.es/plans-de-emerxencia

O mencionado plan estará dispoñible na sede da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, así como nas dependencias dos servizos de Emerxencias das delegacións territoriais.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2016

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza