Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2016 Páx. 48168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación da subministración sucesiva de xiringas e material de punción con dispositivo de seguridade con destino ás estruturas de xestión integrada (expediente MI-SER1-16-023).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 5.11.2016.

d) Número de expediente: MI-SER1-16-023.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de xiringas e material de punción con dispositivo de seguridade con destino ás estruturas de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/24.

d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV(referencia de nomenclatura): 33141320-9, 33141310-6 e 33141200-2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Lotes: 1-2-3-4-5-6-10-11-12

Calidade técnica do produto

0-1

Proba do produto

0-44

Lotes: 7-8-9-13-14-15-16-17-18-19-20-21-22-23

Calidade técnica do produto e do dispositivo de seguridade

0-21

Proba do produto

0-24

Lote: 24

Calidade técnica do produto

0-5

Proba do produto

0-40

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Lotes: 1-2-3-4-5-6-10-11-12-24

Oferta económica

0-50

Loxística e servizo

0-5

Lotes: 7-8-9-13-14-15-16-17-18-19-20-21-22-23

Oferta económica

0-45

Formación

0-5

Loxística e servizo

0-5

4. Valor estimado do contrato: 22.431.565,33 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 8.627.525,14 euros. Importe total: 10.394.398,31 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da licitación do lote excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver números 16 y 17 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 15.11.2016.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 6 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, ver o número 26 da folla de especificacións.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 6.10.2016.

12. Outras informacións: si, ver o número 27 da folla de especificacións.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos