Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2016 Páx. 48172

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Parlamento de Galicia

ANUNCIO do 11 de outubro de 2016 sobre notificación de emprazamento en relación co recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 71/2016.

Intentada sen efecto a notificación do emprazamento ao interesado na forma establecida no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible practicala, en cumprimento do citado artigo, mediante este anuncio notifícase a Luis Taboada Hervella, con último domicilio coñecido na rúa Esmorga, 9, 15705 Santiago de Compostela, o presente emprazamento:

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, comunicou a interposición de recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 71/2016, por instancia de Vicente José Calvo del Castillo contra o acordo da Mesa do Parlamento de Galicia do 12.1.2016, polo que se resolve o procedemento de provisión por libre designación do posto de director/a-interventor/a da Intervención Xeral e Asuntos Económicos.

En cumprimento do establecido no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e por considerar que Luis Taboada Hervella pode ter a condición de interesado no procedemento, por medio da presente emprázase para que, se o considera conveniente, poida comparecer como parte no procedemento iniciado, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2016

Xosé Antón Sarmiento Méndez
Letrado oficial maior