Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2016 Páx. 48492

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 23 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se acorda a inscrición da denominada Batería do Soberano ou do Castelo no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

Advertidos erros na publicación da Resolución do 23 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se acorda a inscrición da denominada Batería do Soberano ou do Castelo no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia número 193, do 10 de outubro de 2016, cómpre facer as oportunas correccións no sentido que se indica a continuación:

– Na páxina 46354, no parágrafo terceiro, onde di: «decretos 51/1963 e 499/1973», debe dicir: «decretos 571/1963 e 499/1973».

– Na páxina 46355, no parágrafo terceiro, onde di «Primeiro. Ordenar a inscrición no Rexistro de Bens de Interese Cultural», debe dicir: «Ordenar a inscrición no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia».

– Na páxina 46355, no parágrafo cuarto, onde di: «Segundo. Publicar o presente acordo no Diario Oficial de Galicia para xeral coñecemento, notificalo ao seu titular e ao Concello de Camariñas e ordenar a súa inclusión definitiva no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia», debe dicir: «Segundo. Ordenar a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, notificalo ao seu titular e ao Concello de Camariñas, e comunicalo ao Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural da Administración do Estado».