Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2016 Páx. 48806

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 21 de outubro de 2016, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia do requirimento 36R002/R-CAM/44/2016 (expediente 36R002/2248/2016 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 sen que esta se puidese efectuar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Unidade de Consumo de Vigo, con enderezo na praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 21 de outubro de 2016

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Requirimento: 36R002/R-CAM/44/2016.

Expediente: 36R002/2248/2016 e outros.

Interesada: Space Milán Models-Spain, S.L.

CIF/NIF: B27823186.

Acto notificado: requirimento de Inspección de Consumo.