Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2016 Páx. 48804

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 17 de outubro de 2016 polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia na resolución do procedemento de reintegro e perda do dereito ao cobramento de axuda para a creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais do expediente 15150002/2010.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación será a que determina a eficacia do acto notificado, logo de ser intentada sen éxito a notificación a Entorno Fértil del Norte, S.L. (CIF ****39845) nos intentos efectuados no seu enderezo, comunicámoslle que o 7 de xullo de 2016 se resolveu declarar o reintegro da axuda indebidamente percibida no expediente 15150002/2010 pola cantidade de 17.604,97 €.

De encontrar conforme a liquidación que se lle formula, pode efectuar o pagamento da débeda mediante transferencia á conta corrente da entidade financeira Abanca número ES19 2080 0388 2831 1000 1396, dentro dos seguintes prazos (artigo 62 da Lei xeral tributaria):

a) Se esta publicación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a dita data ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

b) Se esta publicación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a dita data ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, a entidade interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente formular recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contados ambos a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Esgotado o prazo voluntario de ingreso sen que se efectuase o pagamento da débeda, procederase ao inicio do procedemento de recadación na vía de constrinximento ante a Axencia Tributaria, de acordo coa normativa vixente.

Os expedientes atópanse, en todo caso, á disposición da interesada no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2016

Belén María do Campo Piñeiro
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente: 15150002/2010.

Interesada: Entorno Fértil del Norte, S.L.

Acto de notificación: resolución de reintegro e perda do dereito ao cobramento da axuda para a creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais.

Último enderezo coñecido: rúa Agrelo, 10, oficina 13, Bertamiráns, 15220 Ames (A Coruña).