Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx. 49880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de análise e implantación da tramitación electrónica integral nos procedementos administrativos da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 36/2016).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o servizo de análise e implantación da tramitación electrónica integral nos procedementos administrativos da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, Diario Oficial de la Unión Europea e Boletín Oficial del Estado.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia: 16 de maio de 2016.

Diario Oficial de la Unión Europea: 13 de maio de 2016.

Boletín Oficial del Estado: 24 de maio de 2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 3.053.280,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 1.272.200,00 € máis 267.162,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.539.362,00 € (un millón cincocentos trinta e nove mil trescentos sesenta e dous euros).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 7 de setembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 27 de outubro de 2016.

c) Contratista: Unión Temporal de Empresas Everis Spain, S.L.-Altia Consultores, S.A.

d) Importe de adxudicación: 1.394.525,00 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia