Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx. 49876

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de outubro de 2016 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-960, treitos A Susana-polígono industrial (puntos quilométricos 0+000-0+810) e polígono industrial-A Eirexe (puntos quilométricos 1+170-2+250), clave AC/16/087.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Antecedentes.

A Lei 8/2013, de estradas de Galicia, determina no seu artigo 6.2 que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados que permitan minimizar as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

Os beneficios esperados con esta iniciativa son, entre outros, a mellora da mobilidade, a mellora da calidade do aire, da saúde, da igualdade e do benestar, da economía, do patrimonio e do urbanismo.

Mediante Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas do 27 de outubro de 2016 aprobouse provisionalmente o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-960, treitos: A Susana-polígono industrial (p.q. 0+000-0+810) e polígono industrial-A Eirexe (p.q. 1+170-2+250), de clave: AC/16/087.06.

O dito proxecto construtivo ten por obxecto a execución dun itinerario mixto (peonil e ciclista) na marxe dereita da estrada AC-960, coa finalidade de comunicar o núcleo da Susana e o lugar da Eirexe, que constituirá así un itinerario continuo entre ambas as poboacións. A senda obxecto deste proxecto executarase en dous treitos:

1. A Susana-polígono industrial: p.q. 0+000-0+810.

Neste treito existen dúas seccións características, ambas en formigón coloreado e nas cales o ancho varía entre os 3,15 metros e os 1,80 metros, con separador vexetal naquelas zonas onde existe máis espazo e bordo delimitador.

2. Polígono industrial-A Eirexe: p.q. 1+170-2+250.

Este treito de 1.080 metros en total proxéctase de forma xenérica en todo o seu percorrido, cunha sección de 3,15 metros, con separador vexetal de 0,9 metros e bordo delimitador de formigón.

As obras previstas comprenden tamén as seguintes actuacións complementarias á execución da senda e que son necesarias para garantir a súa funcionalidade:

– Reposición e ampliación da drenaxe existente. Execución de cunetas para dar continuidade á drenaxe lonxitudinal.

– Realización dun prisma de servizos para futuras canalizacións.

– Reposición da sinalización horizontal. Mellora e recuamento da sinalización vertical.

– Colocación de proteccións peonís e reposición dos sistemas de contención e de balizamentos.

– Reposición de servizos públicos e privados.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta á información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo da Delegación Provincial da Coruña (rúa Vicente Ferrer 2, 15008 A Coruña), no Concello de Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi, praza do Obradoiro, 15700 Santiago de Compostela, A Coruña) e no Concello de Boqueixón (Forte s/n, 15881 Boqueixón, A Coruña). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://www.civ.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas) atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados
Proxecto de construción: itinerario peonil e ciclista na AC-960
Treitos: A Susana-polígono industrial (p.q. 0+000-0+810) e
polígono industrial-A Eirexe (p.q. 1+170-2+250)
Clave: AC/16/087.06

Concello de Santiago de Compostela, parroquia de Marrozos.

Núm.

orde

Referencia catastral

Titular

Superficie S.U. m2

Superficie S.N.R. m2

Superficie R.U. m2

Total m2

Dentro aliñación

Fóra aliñación

Dentro aliñación

Fóra aliñación

1

1918501NH4411H0001MR 

Val de Grobas, S.L.

19

0

0

19

2

1918513NH4411H0001SR 

Quintáns Vázquez, Carmen

67,5

109

0

0

176,5

3

2120805NH4422A0001TI 

Ferreiro Collazo, Gloria

45

17,5

0

0

62,5

4

2120802NH4422A0001QI 

Illobre Ferreiro, María Josefa (herdeiros de)

22

39

0

0

61

5

2120801NH4422A0001GI 

Illobre Ferreiro, Manuel

60

0

0

60

Concello de Boqueixón, parroquia de Sergude.

Núm.

orde

Referencia catastral

Titular

Superficie S.U. m2

Superficie S.N.R. m2

Superficie R.U. m2

Total m2

Dentro aliñación

Fóra aliñación

Dentro aliñación

Fóra aliñación

6

15012C505001420000DR

Silva Chico, Concepción

0

0

44,75

44,75

7

15012C505009460000DE

Asorey López, María del Carmen

0

0

81,25

81,25

8

15012C505001430000DD

Asorey López, Manuel

0

0

354

354

9

15012C505001440000DX

López Ferreiro, María Carmen

0

0

320

320

10

000404000NH44A0001BE

General de

Hormigones, S.A.

0

0

103

103

11

15012A017000830000ET

Vázquez Viña, José Antonio

0

177,5

0

177,5

12

15012A017000820000EL

Barcala Villa, Solitario

0

127,5

0

127,5

13

15012A017001960000EU

Barcala Villa, Solitario

0

159,5

0

159,5

14

15012A017001720000EY

Rodríguez Raviña, Manuel (herdeiros de)

0

92,5

0

92,5

15

15012A017001920000EJ

Rodríguez Ferreiro, José Antonio

0

43

0

43

16

15012A017001730000EG

Raviña Rubio, José Manuel

0

21,6

0

21,6

17

15012A017001740000EQ

Cepeda Ben, Esclavitud

0

24,6

0

24,6

18

000400300NH44A0000QW

Munín Mareque, Encarnación

0

40,5

0

40,5

19

15012A017001760000EL

Mareque Picón, Alfonso (herdeiros de)

0

46,8

0

46,8

20

15012C505205890000DF

Rubio Regueiro, José

0

19,5

0

19,5

21

15012C505105890000DW

Mareque Rubio, Manuel

0

16,5

0

16,5

22

15012C505008350000DL

Masa común

0

138

0

138

23

15012C505009450000DJ

Torres Ferreiro, José

0

68,25

96,75

165

24

15012C505001840000DZ

Brocos Mareque, Jesús

0

185,8

6,2

192

25

15012C505050030000DS

López Sánchez, Serafina

0

162

0

162

26

15012C505001830000DS

López Picón, Antonio hros.

0

8,8

446,7

0

455,5

27

15012C505001820000DE

López López, Jesús

0

25,4

0

25,4

28

15012C505009250000DY

López Rouco, David

0

17,7

0

17,7