Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2016 Páx. 50144

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Negreira

ANUNCIO da oferta de emprego público do ano 2016.

A oferta de emprego público correspondente ao ano 2016 é a contida no Decreto desta Alcaldía nº 195/2016, do 20 de outubro, e está integrada pola seguinte praza:

Persoal funcionario:

Escala de Administración xeral. Subescala administrativa. Praza nº 6 da relación de postos de traballo vixente. Denominación: administrativo/a. Sistemas de acceso/provisión: promoción interna vertical por concurso-oposición.

Nº de vacantes: 1.

O que se fai público en cumprimento do preceptuado polo artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público.

Negreira, 20 de outubro de 2016

Jorge J. Tuñas Caamaño
Alcalde presidente