Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2016 Páx. 50145

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases reguladoras para o acceso a un posto de axente TIC.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 226, do 30 de setembro de 2016, publícanse íntegramente as bases reguladoras do acceso a un posto de axente TIC con carácter de funcionario interino (artigo 10.1.c do EBEP) para o desenvolvemento dun programa temporal.

De conformidade co previsto na base 8ª das referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo.

Ribadeo, 13 de outubro de 2016

Fernando Suárez Barcia
Alcalde