Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2016 Páx. 50146

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Val do Dubra

ANUNCIO de convocatoria de bolsa de traballo para nomeamento por interinidade de funcionarios da escala de Administración xeral, subescala auxiliar.

No Boletín Oficial da provincia (BOP) da Coruña núm. 198, do 19 de outubro de 2016, publicáronse a convocatoria e as bases reguladoras da creación, no Concello de Val do Dubra, dunha bolsa de traballo para o nomeamento, en réxime de interinidade, de funcionarios da escala de Administración xeral, subescala auxiliar.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Val do Dubra, 19 de outubro de 2016

Antonio Negreira Noya
Alcalde