A Orde da Consellería de Facenda do 15 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (DOG núm. 220, do 18 de novembro), dispón na base II.1.3 que o prazo máximo para a realización do terceiro exercicio será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.
Unha vez realizado o segundo exercicio o día 20 de outubro de 2016, tendo en conta diversas cuestións relacionadas co desenvolvemento dos exercicios e a proposta elevada para tal efecto polo tribunal cualificador deste proceso selectivo, de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería
DISPÓN:
A ampliación do prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, en vinte días hábiles.
Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe ningún recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2016
Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda