Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 24 de novembro de 2016 Páx. 52529

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2016, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

En sesión que tivo lugar o día 21 de novembro de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de abril de 2016 (DOG núm. 72, do 15 de abril), modificado pola Orde do 27 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. Convocar as persoas aspirantes que, de acordo co que dispón a base II.1.4 da convocatoria, non acreditaron en prazo posuír o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo).

Relación de persoas aspirantes convocadas:

Apelidos e nome

NIF

González Álvarez, José Ramón

34963904V

Otero Hermida, Xoana

77407163L

Segundo. Este terceiro exercicio da fase de oposición terá lugar na sala D da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio da Pirámide, San Caetano, nº 8), en Santiago de Compostela o día 29 de novembro de 2016 en chamamento único ás 16.30 horas.

O exercicio constará de dúas probas: unha primeira, de tradución dun texto do castelán para o galego proposto polo tribunal; e unha segunda, de tradución do galego para o castelán proposto polo tribunal. O exercicio terá unha duración máxima dunha (1) hora.

As persoas aspirantes irán provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo azul.

Non se permitirá o acceso á sala onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento do cal se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non haberá servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016

María Dolores Veiga Gondelle
Presidenta do tribunal