Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 2 de decembro de 2016 Páx. 53500

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2016 pola que se nomea catedrática de universidade da área de coñecemento de Física Aplicada a María del Carmen Ramírez Gómez.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade mediante Resolución do 28 de xullo de 2016 (BOE do 9 de agosto) para a provisión da praza número 16/003, de catedrática de universidade da área de coñecemento de Física Aplicada, do Departamento de Física desta universidade, a favor de María del Carmen Ramírez Gómez, con DNI núm. 32607655A, e unha vez que a interesada acreditase os requisitos establecidos na convocatoria, esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María del Carmen Ramírez Gómez catedrática de universidade da área de coñecemento de Física Aplicada, do Departamento de Física desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 9 de novembro de 2016

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña