1. Mediante a Resolución do 11 de agosto desta dirección, referida no encabezamento, publicada no Diario Oficial de Galicia número 171, do 8 de setembro de 2016, acordouse a aprobación das bases reguladoras xunto coa convocatoria de subvencións, cuxo procedemento administrativo de concesión se tramitará en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa.
2. Tal e como consta na parte expositiva da citada resolución, o financiamento desta convocatoria, 4.500.000 euros, faise con cargo aos orzamentos do Instituto Enerxético de Galicia para os anos 2016 e 2017, sendo a procedencia dos fondos de diversa natureza: fondos da Comunidade Autónoma, fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e fondos dos orzamentos xerais do Estado.
3. No transcurso do procedemento administrativo de concesión das axudas, cando xa rematou o prazo de presentación de solicitudes (8.10.2016), nalgunha das epígrafes o número de solicitantes é inferior ao agardado, mentres que noutros o volume de axuda solicitada superou a dispoñibilidade orzamentaria, polo que cómpre facer unha redistribución de fondos entre as distintas epígrafes e ampliar o crédito orzamentario.
4. O artigo 3 da resolución, relativo ao financiamento, no parágrafo segundo establece que o crédito máximo poderá ser redistribuído se nalgunha das epígrafes non se rexistran solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles ou a calidade dos proxectos solicitados non alcanza a puntuación mínima exixida.
Nese mesmo artigo establécese a posibilidade de incrementar o crédito coa condición dunha maior dispoñibilidade derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.
Por todo o anterior, coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recurso públicos, maximizando o impulso de proxectos de aforro e eficiencia enerxética, atendendo á totalidade das solicitudes en cada unha das epígrafes da convocatoria,
RESOLVO:
Primeiro. Ampliar a dotación de fondos inicialmente prevista para esta convocatoria na contía de 994.000 euros na anualidade 2016. O importe total asignado para estas axudas tras esta ampliación ascende a 5.494.000 euros.
Segundo. Ampliados os fondos, estes redistribúense, en función do volume de solicitudes por tipoloxía de beneficiario, do seguinte xeito:
Axudas a proxectos de redes de distribución de calor con biomasa
Dotación orzamentaria inicial |
||||
Beneficiarios |
Aplicación orzamentaria |
Anualidade |
Anualidade |
Total |
Administración pública autonómica |
09.A2.733A.714.2 |
1.500.000,00 |
100.000,00 |
1.600.000,00 |
Administración pública local |
09.A2.733A.760.5 |
1.650.000,00 |
115.000,00 |
1.765.000,00 |
Empresas |
09.A2.733A.770.5 |
1.000.000,00 |
70.000,00 |
1.070.000,00 |
Institucións sen ánimo de lucro |
09.A2.733A.781.1 |
59.658,00 |
5.342,00 |
65.000,00 |
Total |
4.209.658,00 |
290.342,00 |
4.500.000,00 |
|
Modificacións |
||||
Beneficiarios |
Aplicación orzamentaria |
Anualidade |
Anualidade |
Total |
Administración pública autonómica |
09.A2.733A.714.2 |
-1.286.890,60 |
-88.109,40 |
-1.375.000,00 |
Administración pública local |
09.A2.733A.760.5 |
715.987,93 |
17.012,07 |
733.000,00 |
Empresas |
09.A2.733A.770.5 |
1.624.560,67 |
76.439,33 |
1.701.000,00 |
Institucións sen ánimo de lucro |
09.A2.733A.781.1 |
-59.658,00 |
-5.342,00 |
-65.000,00 |
Total |
994.000,00 |
0,00 |
994.000,00 |
|
Dotación orzamentaria final |
||||
Beneficiarios |
Aplicación orzamentaria |
Anualidade |
Anualidade |
Total |
Administración pública autonómica |
09.A2.733A.714.2 |
213.109,40 |
11.890,60 |
225.000,00 |
Beneficiarios |
Aplicación orzamentaria |
Anualidade |
Anualidade |
Total |
Administración pública local |
09.A2.733A.760.5 |
2.365.987,93 |
132.012,07 |
2.498.000,00 |
Empresas |
09.A2.733A.770.5 |
2.624.560,67 |
146.439,33 |
2.771.000,00 |
Institucións sen ánimo de lucro |
09.A2.733A.781.1 |
0,00 |
0,00 |
0,00 |
Total |
5.203.658,00 |
290.342,00 |
5.494.000,00 |
Terceiro. A eficacia da presente resolución producirase coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2016
Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia