Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53644

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 1 de decembro de 2016 pola que se modifica a Orde do 12 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións que desenvolverán as corporacións locais para a posta en marcha de programas de axudas económicas a familias con menores a cargo para a compensación dos seus gastos farmacéuticos, e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017.

No Diario Oficial de Galicia núm. 161, do venres 26 de agosto de 2016, publicouse a Orde do 12 de agosto pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións que desenvolverán as corporacións locais para a posta en marcha de programas de axudas económicas a familias con menores a cargo para a compensación dos seus gastos farmacéuticos, e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017.

No artigo 15, punto 2, letra a), establécese: «a) A xustificación correspondente a 2016 presentarase con data límite do 5 de decembro de 2016, mediante a presentación da solicitude de pagamento, documentación xustificativa do gasto realizado segundo o exposto no seguinte punto».

A tardía data de publicación da convocatoria determinou que a fase de instrución e a resolución dos expedientes finalizase máis alá das datas inicialmente previstas, polo que, co fin de garantir a maior eficacia posible da convocatoria, é necesario modificar o prazo de xustificación inicialmente establecido.

En consecuencia, en uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e en virtude do Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación da Orde do 12 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións que desenvolverán as corporacións locais para a posta en marcha de programas de axudas económicas a familias con menores a cargo para a compensación dos seus gastos farmacéuticos, e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017

A letra a) do punto 2 do artigo 15 queda redactada como segue:

«a) A xustificación correspondente a 2016 presentarase con data límite do 19 de decembro de 2016, mediante a presentación da solicitude de pagamento, documentación xustificativa do gasto realizado segundo o exposto no seguinte punto».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2016

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social