Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53646

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 20 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións destinadas a confederacións, federacións e entidades de iniciativa social, non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e tendo en conta o disposto no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Así, de conformidade coa normativa indicada, se procede á seguinte publicación:

Convocatoria: Orde do 20 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións destinadas a confederacións, federacións e entidades de iniciativa social, non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017.

Programa: 312E.

Crédito orzamentario: 12.04.312E.481.1.

Código proxecto 2016 00171, por importe de trescentos noventa e seis mil douscentos dez euros con cincuenta e catro céntimos (396.210,54 €).

Finalidade: contribuír á mellora da empregabilidade mediante a adquisición de habilidades e capacidades prelaborais das persoas con discapacidade en idades comprendidas, preferentemente, entre os 21 e os 35 anos e cun nivel de discapacidade de entre o 33 e o 80 %, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, mediante o desenvolvemento de accións formativas.

Entidades beneficiarias e contía: as entidades beneficiarias e o importe concedido relaciónanse no anexo á resolución.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2016

Coro Piñeiro Vázquez
Directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

ANEXO

Número
do proxecto

Denominación do proxecto

CIF/NIF entidade

Nome entidade

Sub. aprobada

2016/01.01

Formación e preparación de oposicións autonómicas e estatais para persoas con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

G15665144

Federación Down

59.900,88 €

2016/02.01

Mellora da capacitación sociolaboral das PCDID de Galicia

G36620037

Fademga

56.688,24 €

2016/03.01

Habilidades prelaborais para a inclusión sociolaboral de persoas con discapacidade por mor de enfermidade mental

G15545353.

Feafes

60.000,00 €

2016/04.01

Formación prelaboral en Lugo

G32115941

Cogami 1

45.667,11 €

2016/04.02

Formación prelaboral en Pontevedra

G32115941

Cogami 2

60.000,00 €

2016/04.03

Formación prelaboral na Coruña

G32115941

Cogami 3

10.168,80 €

2016/05.01

Itinerarios personalizados para persoas con necesidades de apoio similares para a adquisición de formación prelaboral e habilidades na vida cotiá

G15549306

Federación Autismo

19.986,96 €

2016/06.01

Adquisición de habilidades para a vida autónoma e mellora da empregabilidade

G15068091

Federación FAXPG

20.937,13 €

2016/07.01

Programa de formación prelaboral na discapacidade auditiva

G15048762

Acopros

19.363,08 €

2016/08.01

Inserción sociolaboral para persoas con diversidade funcional da comarca da Limia

G32302671

Entidade Limisi

33.968,00 €

2016/09.01

Programa de formación prelaboral na discapacidade auditiva

Q2866001G

Cruz Roja Española

9.530,34 €