Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 53968

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública (AC-01/2016, do 13 de xuño) para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefe/a da Sección de Oncoloxía Médica.

Convocada por Resolución AC-01/2016, do 13 de xuño (DOG nº 140, do 26 de xullo), a provisión do posto de xefe/a da Sección de Oncoloxía Médica, polo sistema de avaliación colexiada, esta Xerencia de Xestión Integrada, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; Decreto 193/2010, do 18 de novembro, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ferrol; Orde do 28 de setembro de 2011, polo que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ferrol e se delegan competencias nos seus órganos directivos, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde.

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a da Sección de Oncoloxía Médica, realizada mediante Resolución AC-01/2016, do 13 de xuño (DOG nº 140, do 26 de xullo).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo á presente resolución.

Terceiro. De conformidade coa base décimo primeira da convocatoria, o candidato nomeado será avaliado, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 11 de novembro de 2016

Ángel José Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

1. Posto de traballo: xefe/a da Sección de Oncoloxía Médica.

Nombre e apellidos: Laura María de Paz Arias.

DNI: *****371T.