Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 53970

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1623/2015).

Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fai saber que no presente procedemento de modificación de medidas nº 1623/2015-CH, seguido por instancia de María del Rosario Álvarez Iglesias fronte a Antonio Trullenque Domingo, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolución:

Estimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Fernández Ramos, en nome e representación de María Rosario Álvarez Iglesias, fronte a Antonio Trullenque Domingo, e declaro a modificación das medidas acordadas na sentenza do 20.1.2012, nos autos de modificación de medidas 229/11 que, pola súa vez, modificaban a sentenza do 12.11.2010, nos autos de divorcio de mutuo acordo 834/10, nos seguintes termos:

Establécense como visitas dous días á semana, supervisadas no punto de encontro familiar, en horario non superior a dúas horas. Deberanse concretar segundo a dispoñibilidade do punto de encontro familiar, ao seren estas supervisadas, e deberase comunicar ao xulgado o inicio das visitas e, de ser o caso, o cumprimento por parte do pai.

O incumprimento do réxime de visitas por parte do pai durante un mes consecutivo ou dous meses non consecutivos determinará a suspensión do réxime de visitas e, nese caso, deberá ser o pai quen propoña a modificación de medidas.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. LAC) ante este tribunal, para o cal se deberá constituír o depósito legalmente establecido.

Así o acorda, manda e asina S.Sª. Dou fe.

E ao estar o dito demandado, Antonio Trullenque Domingo, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 8 de novembro de 2016.

A letrada da Administración de xustiza