Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 53931

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2016 pola que se conceden as axudas da Orde do 11 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2016, modificada parcialmente pola Orde do 20 de outubro de 2016.

A Orde do 11 de agosto de 2016 (DOG núm. 164, do 31 de agosto), modificada pola Orde do 20 de outubro (DOG núm. 206, do 28 de outubro), estableceu as bases reguladoras e convocou, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

Unha vez finalizada a tramitación, de acordo co establecido no artigo 14 da orde de convocatoria, e atendendo á proposta de resolución elevada polo órgano instrutor a través da Secretaría Xeral de Universidades, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Concederlles ás universidades do Sistema universitario de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas que se relacionan a continuación (con indicación da denominación do centro ou agrupación, o acrónimo e o nome da persoa directora científica) para a acreditación, estruturación e mellora de centros singulares de investigación de Galicia e agrupacións estratéxicas consolidadas, na modalidade e contía que se indica en cada caso.

Modalidade A: centros singulares de investigación de Galicia:

Nº exp.

Univ.

Denominación

Acrónimo

Importes (en euros)

2016

2017

2018

2019

Total

ED431G/09

USC

Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares

Ciqus

400.000,00

800.000,00

800.000,00

800.000,00

2.800.000,00

ED431G/05

USC

Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas

Cimus

360.000,00

720.000,00

720.000,00

720.000,00

2.520.000,00

ED431G/01

UDC

Centro de Investigacións en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións

Citic

255.000,00

510.000,00

510.000,00

510.000,00

1.785.000,00

ED431G/02

UVIGO

Centro de Investigacións Biomédicas

Cinbio

250.000,00

500.000,00

500.000,00

500.000,00

1.750.000,00

ED431G/06

UVIGO

Océano-Ecimat

Ecimat

250.000,00

500.000,00

500.000,00

500.000,00

1.750.000,00

Totais

1.515.000,00

3.030.000,00

3.030.000,00

3.030.000,00

10.605.000,00

Modalidade B: agrupacións estratéxicas consolidadas:

Nº exp.

Univ.

Denominación

Acrónimo

Importes (en euros)

2016

2017

2018

2019

Total

ED431G/08

USC

Centro Singular de Investigación en Tecnoloxía da Información

Citius

200.000,00

400.000,00

400.000,00

400.000,00

1.400.000,00

ED431G/04

UVIGO

Atlanttic

Atlanttic

181.250,00

362.500,00

362.500,00

362.500,00

1.268.750,00

 

 

 

Totais

381.250,00

762.500,00

762.500,00

762.500,00

2.668.750,00

Segundo. Establecer as condicións xerais e particulares da subvención que se especifican nos anexos I e II, respectivamente.

Terceiro. As solicitudes non incluídas na resolución de concesión entenderanse denegadas ou desestimadas.

Cuarto. Esta resolución queda condicionada á aprobación da actuación 1.2.3.3 no documento CPSO no seo do próximo comité de seguimento en canto á incorporación da utilización de custos simplificados na modalidade de custos fixos para custos indirectos.

Quinto. Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

ANEXO I
Condicións xerais

Primeira. As unidades de investigación seleccionadas recibirán a acreditación de centros singulares de investigación de Galicia ou agrupación estratéxica consolidada segundo corresponda. Esta acreditación estará vixente como máximo durante o tempo de duración da axuda.

A acreditación será nominativa para cada unha das unidades, sen que alcance ao conxunto da universidade a que pertence.

Segunda. A persoa que exerza a dirección científica asumirá a responsabilidade da xestión, administración e o impulso do desenvolvemento das actividades obxecto da axuda desta convocatoria.

Terceira. A unidade de investigación deberá aprobar, a través dos órganos de goberno existentes ou que se poidan establecer, a documentación correspondente aos criterios e requisitos para todos os procedementos destinados á asignación de recursos correspondentes á axuda recibida, como por exemplo: procedementos para a selección de persoal técnico, predoutoral e posdoutoral, criterios de avaliación e selección correspondentes a programas de investigación, asignación de complementos salariais, etc. En todos os casos a unidade comprometerase a asegurar a publicidade das ofertas a través dos medios más idóneos para estas. Todos os procesos deberán cumprir coa normativa da universidade a que pertence, así como seguir estándares internacionais, ademais de ser coñecidos por todos os investigadores e investigadoras da unidade e, se é o caso, referendados polos seus órganos asesores e de goberno e xestión. Os ditos procesos deberán ser implantados durante o período de execución da axuda. Os documentos que os establecen deberán ser enviados á Secretaría Xeral de Universidades e a súa implantación poderá ser obxecto de seguimento.

Cuarta. Durante o período de vixencia da axuda recibida, as universidades beneficiarias e as unidades deberán publicar a concesión na súa páxina web e dar publicidade a esta, mencionando, así mesmo, a axuda nas referencias a calquera aspecto da actividade en medios de comunicación e accións de difusión.

A publicidade consistirá na inclusión de maneira visible do distintivo e da lenda «Centro singular de investigación de Galicia» ou «Agrupación estratéxica consolidada», segundo corresponda, e de acordo coas instrucións que poida ditar a Secretaría Xeral de Universidades, en placas conmemorativas, na construción ou mellora de edificios, en material inventariable, en foros e actividades de difusión de resultados, materiais impresos e en medios electrónicos. O distintivo e a lenda irán acompañados dos anos de inicio e fin da acreditación, do logo oficial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como de lendas relativas ao financiamento da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Se a actuación estivese cofinanciada, a publicidade e difusión da axuda concedida ao amparo desta convocatoria, así como a súa relevancia, deberán ser polo menos equivalentes ás das outras fontes de financiamento.

No caso concreto de publicacións científicas, relatorios, presentacións en congresos, contratos laborais e outras axudas ao persoal, contratos de adquisición de bens e servizos, equipamentos, e contratos de transferencia de tecnoloxía financiados con cargo á axuda obtida, deberá, polo menos, citarse a lenda de «Centro singular de investigación de Galicia» ou «Agrupación estratéxica consolidada», así como facer alusión ao financiamento da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Quinta. Poderá producirse a perda da acreditación nos seguintes casos:

a) A finalización anticipada do período de execución da axuda como consecuencia da concorrencia dalgunha das causas de reintegro total previstas na orde de convocatoria ou na lexislación vixente, ou por renuncia voluntaria do beneficiario.

b) No caso de que se detecte un incumprimento total dos obxectivos ou da actividade para a cal se concedeu a axuda, a través dos procedementos de seguimento e comprobación da xustificación.

c) A vacante do director ou directora científico/a durante un período superior a un ano.

d) Unha perda de masa crítica que, de acordo cos procedementos de avaliación e mecanismos de control e seguimento establecidos na orde de convocatoria, imposibilitase a correcta execución do proxecto estratéxico de investigación.

e) A escisión do centro ou da agrupación acreditados.

f) Cambios na determinación do centro ou da agrupación que non fosen autorizados mediante resolución da Secretaría Xeral de Universidades.

ANEXO II
Condicións particulares

Primeira. As universidades beneficiarias destas axudas deberán aceptar a subvención concedida no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación. A aceptación da axuda implicará as seguintes obrigas:

a) Presentar unha estimación orzamentaria en que se detallen e axusten as diferentes partidas de gasto para unha adecuada execución da axuda concedida, de acordo cos dereitos e obrigas fixados na orde reguladora e na resolución de concesión, se é o caso.

b) Aceptar a inclusión da operación, dos seus datos e dos beneficiarios na lista de operacións que se publicará co contido previsto no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, así como na Base de datos nacional de subvencións.

c) A declaración de que a entidade beneficiaria ten capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para cumprir as condicións que se establecen na convocatoria.

d) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que facilite a pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondente cos investimentos realizados ao abeiro desta convocatoria, e conservar a documentación xustificativa relativa aos gastos financiados durante un prazo de tres anos, ou dous anos no caso de operacións cun gasto subvencionable igual ou superior a 1.000.000 de €, a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación.

e) Cumprir todas as actividades a que se comprometeron dentro do desenvolvemento do proxecto e que consten na memoria de solicitude da axuda, e de acordo cos requisitos e condicións establecidos na orde de convocatoria destas axudas.

Segunda. A subvención será librada á universidade solicitante á cal pertenza o centro singular de investigación ou a agrupación estratéxica de investigación consolidada, conforme a resolución de concesión e de acordo coa normativa vixente.

As axudas terán como data de inicio o 1 de xaneiro de 2016 e como data límite de finalización o 30 de novembro de 2019, polo que se admitirán gastos e pagamentos dese período, de acordo co establecido no artigo 6 da Orde do 11 de agosto de 2016.

A Secretaría Xeral de Universidades poderá ditar instrucións específicas co fin de aclarar a elixibilidade dos gastos.

Para poder proceder ao libramento dos fondos será preciso que a universidade beneficiaria expida, no ano 2016 na data límite do 15 de decembro de 2016 e nos demais exercicios con data límite do 30 de novembro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, a seguinte documentación:

a) Certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma en razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida, de acordo co artigo 27 da Lei 12/2014, do 30 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

b) Memoria explicativa do logro dos obxectivos do proxecto estratéxico de investigación. Esta memoria explicativa irá asinada polo/a director/a científico/a correspondente.

c) Certificación das variacións na composición do centro ou da agrupación durante a anualidade que se xustifica.

d) Informe de auditor inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre os conceptos, período de realización e pagamento dos gastos presentados nesa anualidade.

e) As entidades beneficiarias deben informar sobre o nivel de logro dos indicadores de produtividade. Este indicador é E021, investigadores-ano participando en proxectos cofinanciados: persoas-ano.

Para poder facer o pagamento da subvención, de conformidade co artigo 31.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de conformidade co establecido no artigo 11.e) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, a obriga de presentar a certificación do cumprimento de obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma, coa Administración do Estado e coa Seguridade Social, será substituída por unha declaración responsable de cada universidade de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Para efectuar o último pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

Poderán realizarse pagamentos parciais á conta da liquidación final nas condicións establecidas na normativa vixente.

Nos proxectos plurianuais enténdese que os investimentos e pagamentos que se efectúan dende a data límite de xustificación da anualidade corrente ata final do ano corresponden á anualidade seguinte e, polo tanto, poderán presentarse como xustificante para o cobramento desta anualidade. No caso dos custos de contratación de persoal investigador ou auxiliar, os pagamentos de nóminas e seguridade social dos meses de outubro e novembro de cada anualidade poderán presentarse como xustificantes para o cobramento da anualidade seguinte.

Terceira. As universidades beneficiarias quedan obrigadas a someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o órgano concedente da axuda, especificamente estarán sometidas á función interventora e de control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello.

A aceptación da axuda implica aceptar a obriga de aplicar medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión e cumprir a normativa en materia de subvencións (RDC art. 125.4.c).

Cuarta. Estas axudas están cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, categoría de intervención 060; actuación CPSO:1.1.3.3; obxectivo temático 1. Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación; prioridade de investimento 2. Fomento do investimento por parte das empresas en innovación e investigación, desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes; obxectivo específico 3. Fomento e xeración de coñecemento de fronteira e de coñecemento orientado aos retos da sociedade, desenvolvemento de tecnoloxías emerxentes; e liña de actuación 25. Medidas de mellora e apoio aos centros de investigación singulares do Sistema universitario de Galicia (SUG), y está sometida ao disposto no Regulamento UE 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 e no Regulamento (UE) 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006, así como a normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.

O organismo intermedio baixo cuxa xestión está o beneficiario do proxecto é a Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos da Consellería de Facenda, que abarca todo o ámbito da Xunta de Galicia e os organismos dependentes.

O organismo en cuxa senda financeira (OSF) está enmarcado o proxecto é a Xunta de Galicia.

Esta resolución é coherente coa normativa comunitaria e coas directrices elaboradas pola Comisión Europea sobre as opcións de custos simplificados, que teñen por obxecto a simplificación da xestión administrativa e das obrigas de xustificación impostos ás entidades beneficiarias, e a redución da posibilidade de erro e carga administrativa aos promotores do proxecto. De acordo co previsto no artigo 20 da Orde do 11 de agosto de 2016, e en aplicación do artigo 68 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, distinguen entre custos reais de xustificación por medio de documentos xustificativos de gastos e pagamentos e custos indirectos suxeitos ao réxime de custos simplificados a través dun tipo fixo do 15 % dos custos directos de persoal subvencionables.

Quinta. As entidades beneficiarias destas axudas terán que cumprir todas as obrigas recollidas no artigo 16 da Orde do 11 de agosto de 2016 e, especificamente, ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade de financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, número 2.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, o beneficiario deberá, durante a realización da operación:

a) Recoñecer o apoio do Feder á operación mostrando en todas as medidas de información e comunicación que realice o emblema da Unión, así como unha referencia á Unión Europea e unha referencia ao fondo que dá apoio á operación. Deberá incorporarse o lema asociado ao fondo «Unha maneira de facer Europa».

b) Informar o público do apoio obtido do Feder durante a realización da operación, facendo unha breve descrición na web, de xeito proporcionado ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión.

c) Colocar, nun lugar ben visible para o público, por exemplo á entrada das dependencias do centro ou agrupación, un cartel ou placa permanente de tamaño mínimo A3. O cartel ou a placa incorporarán o emblema da Unión e indicarán o nome e o obxectivo principal da operación. Elaboraranse de acordo coas características técnicas adoptadas pola Comisión no Regulamento de execución (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

d) No caso de persoal de nova contratación, a mención expresa no contrato ao cofinanciamento Feder no marco do eixe 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (obxectivo específico 1.2.3), ao nome da unidade de investigación e á orde de convocatoria.

Para o resto de persoal dedicado ás actividades da unidade de investigación, o beneficiario deberá comunicar por escrito ao traballador ou traballadora que parte do seu salario está sendo cofinanciado con fondos Feder no marco do eixe 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (obxectivo específico 1.2.3), e incluirá unha mención expresa ao nome da unidade de investigación, á orde de convocatoria e á porcentaxe de imputación do seu tempo ás actividades subvencionadas pola dita convocatoria.

A Secretaría Xeral de Universidades poderá ditar instrucións específicas co fin de aclarar os requisitos de publicidade.

Sexta. O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a axuda correspondente.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria