Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 54056

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2016, do Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado de mellora da seguridade viaria do acceso do polígono de Sequeiros no p.q. 8+250 da estrada PO-531 (concello de Barro), de clave PO/16/002.06.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2 a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 14 de abril de 2016 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado de mellora da seguridade viaria do acceso do polígono de Sequeiros no p.q. 8+250 da estrada PO-531 (concello de Barro), de clave PO/16/002.06, por Decreto 46/2016, publicado no Diario Oficial de Galicia con data do 26 de abril de 2016.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello de Barro, para que comparezan no lugar, na data e nas horas que se detallan a continuación co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Concello de Barro.

Data: 23 de decembro de 2016, das 9.30 ás 11.30 horas.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no concello de Barro e no Servizo de Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra (avda./ Fernández Ladreda, 43-1º).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, e poden facerse acompañar á súa custa, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa e do 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución e ata o momento do levantamento da acta previa correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra (avda./Fernández Ladreda, 43-1º), as alegacións que consideren pertinentes para os efectos previstos na regulación referida.

Pontevedra, 24 de novembro de 2016

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra