Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 54058

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 29 de novembro de 2016 para facer pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción: itinerario peonil e ciclista na PO-331. Treito: Atín, p.q. 1+890-2+810, de clave PO/16/104.06.

Con data do 28 de novembro de 2016, a dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da conselleira de Infraestruturas e Vivenda (Orde do 4 de febreiro de 2013, Diario Oficial de Galicia do 20 de febreiro de 2013), visto o informe da análise das alegacións, resolveu o seguinte:

«Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 29 de xullo de 2016 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 143) o Anuncio do 18 de xullo de 2016 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción: itinerario peonil e ciclista na PO-331. Treito: Atín, p.q. 1+890-2+810, de clave PO/16/104.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

O anteproxecto que se tramitou na información pública era unha separata para información pública do proxecto construtivo, e posteriormente redactouse o dito proxecto construtivo con base na referida separata.

Segundo. Durante todo o trámite de información pública presentouse unha alegación e certificados que foron remitidos á dirección do estudo para a súa valoración.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción someteuse ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e aos efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, someteuse a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente.

Por todo o exposto, e tras os certificados presentados polos organismos oficiais competentes,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción: itinerario peonil e ciclista na PO-331. Treito: Atín, p.q. 1+890-2+810, de clave PO/16/104.06, mantendo o trazado proposto como definitivo.

1. Corrixiranse os erros detectados nos datos relativos á titularidade, límites e bens dos predios afectados pola construción da obra, tanto nos planos parcelarios, como nos listados de titulares e de bens e dereitos afectados. Na fase de levantamento de actas previas verificarase a veracidade da alegación co correspondente título de propiedade.

2. Todas as recomendacións expostas polos diferentes organismos que emitiron informe teranse en conta nas fases posteriores.

Segundo. Consonte establece o artigo 23 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os concellos de Mos e Porriño deberán adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, no que se establecerán as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo que determine este último e, en todo caso, na súa primeira modificación ou revisión.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa ou ben recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas