Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2016 Páx. 55035

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2016, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, pola que se procede á publicación do resultado correspondente ao terceiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 29 de novembro de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de abril de 2016 (DOG núm. 72, do 15 de abril), modificada pola Orde do 27 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.4 da convocatoria, unha vez realizada a corrección do exercicio polo tribunal, determinar como nivel de coñecemento o seguinte:

NIF

Apelidos e nome

Cualificación

34 963 904 V

González Álvarez, José Ramón

Apto

77 407 163 L

Otero Hermida, Xoana

Non presentada

Segundo. Publicar o resultado obtido polos/as aspirantes presentados/as ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web (funcionpublica.xunta.gal) da Xunta de Galicia.

De acordo co disposto na base II.2.7 da convocatoria concederase un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde a publicación no DOG da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2016

María Dolores Veiga Gondelle
Presidenta do tribunal