Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2016 Páx. 55036

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión do 25 de novembro de 2016, o tribunal nomeado por Orde do 11 de abril de 2016 (DOG núm. 72, do 15 de abril),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.4 da convocatoria e unha vez efectuada a corrección do terceiro exercicio, publicar as cualificacións dos/das aspirantes convocados/as:

Apelidos e nome

NIF

Cualificación 3º exercicio

Naveira Pandelo, Javier

46917532Q

Apto

Quintela Tocino, Abel

75808665K

Apto

Rodríguez Parada, Susana

32843087F

Apto

Varela Rivera, César A.

32669331Q

Apto

Segundo. De acordo co disposto na base II.2.7 da convocatoria, os/as aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas cualificacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda, nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2016

Mercedes Cardelle Espasandín
Presidenta do tribunal