Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2016 Páx. 55037

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2016 pola que se aproba e fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a superior de investigación, radiofísica, grupo I, desta universidade, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 30 de setembro de 2016 (DOG do 17 de outubro e BOE do 2 de novembro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a superior de investigación, radiofísica, do grupo I, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Declarar que non hai persoas aspirantes pola quenda de promoción interna.

Terceiro. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html.

Cuarto. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas, dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2016

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela